X

Novas

Ver Concello


Mellores lugares de Costa da Morte para ver as estrelas

Mellores lugares de Costa da Morte para ver as estrelas

A Costa da Morte, ademais de ser un paraíso naturalmente salvaxe no mar e na terra, tamén é un lugar privilexiado cando levantamos a cabeza cara o ceo nocturno.

A Costa da Morte é un Destino Turístico Starlight e isto implica que dentro dos nosos 17 concellos, existen moitos lugares onde a baixa contaminación lumínica permite unha observación do ceo nocturno única. Imaxinas poder ver o centro da Vía Láctea mentres as ondas baten con forza no mar?

semana santa costa da morte 2024

Plans para Semana Santa 2024 na Costa da Morte

25/03/2024

Estás buscando plans para esta Semana Santa 2024 na Costa da Morte? Aquí che deixamos unha lista para que a túa visita sexa inesquecible!

Unha opción ideal para desfrutar da nosa terra e facelo tamén preto da nosa auga. Tanto na zona da costa como nos nosos concellos do interior, son moitas as rutas e paseos ideais. Aínda que recomendamos cada recuncho dos nosos 17 concellos, imos deixar un punto ideal de cada un deles:

Entrega de diplomas SICTED Costa da Morte

Trinta e cinco entidades da Costa da Morte reciben a distinción de Calidade Turística SICTED en Baio

22/03/2024

ZAS, 22/03/2024. As 35 entidades recoñecidas coa distinción do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino Costa da Morte participaron no acto de entrega dos diplomas SICTED organizado pola CMAT e celebrado no centro sociocultural de Baio (Zas) este xoves 21 de marzo.

Cee VII Encuentro Internacional Starlight

A vila de Cee albergará o VII Encontro Internacional Starlight en outubro de 2024

19/03/2024

ZAS, 18/03/2024. A Asociación de Turismo da Costa da Morte (CMAT), despois de recibir no pasado mes de febreiro a resolución da Fundación Starlight indicando a selección da Costa da Morte como sede para o VII Encontro Internacional Starlight, abriu un período de candidatura a todos os concellos para que se postulasen como localización física do congreso.

asemblea xeral cmat 2024

A Asociación de Turismo Costa da Morte (CMAT) celebra a súa Asemblea Xeral con grandes fitos para este ano 2024

29/02/2024

Os concellos da Costa da Morte e APTCM reman xuntos cara un 2024 cheo de actividades para promocionar o turismo no territorio

A Asemblea aproba as contas do exercicio anterior e enfoca os seus esforzos cara os grandes eventos deste 2024, como o VII Encontro Internacional Starlight

VII Encontro Internacional Starlight

A Costa da Morte acollerá en outubro o próximo VII Encontro Internacional Starlight

23/02/2024

A Asociación Turística Costa da Morte (CMAT) presentou a súa candidatura en xaneiro, marcando un fito histórico ao postularse por vez primeira como anfitrioa deste prestixioso evento

O Encontro Internacional Starlight, na súa VII edición, coincidirá coa II Conferencia Internacional Starlight, que ten lugar cada 3 anos

Costa da Morte amósase en FITUR 2024

Costa da Morte amósase en FITUR 2024 como un destino atractivo para visitar en calquera época do ano

29/01/2024

O presidente da CMAT, Manuel Muíño, presentou no stand de Turismo de Galicia o vídeo ‘Costa da Morte, Destino Turístico Starlight ́, que convida a visitar e descubrir un “territorio único”

Costa da Morte Asociación Turística presentará en FITUR o próximo venres, 26 de xaneiro, o vídeo promocional ‘Costa da Morte, Destino Turístico Starlight’

Costa da Morte Asociación Turística presentará en FITUR o próximo venres, 26 de xaneiro, o vídeo promocional ‘Costa da Morte, Destino Turístico Starlight’

24/01/2024

O presidente da CMAT, Manuel Muíño, recollerá mañá xoves, 25 de xaneiro de 2024, o premio SICTED como destino certificado.

ZAS. 24/01/2024. Costa da Morte terá un ano máis unha destacada presencia en FITUR, a cita internacional do turismo que se celebra en Madrid desde hoxe, 24 xaneiro, ata o próximo domingo, 28 de xaneiro. Mañá xoves, día 25 de xaneiro, o presidente da CMAT, Manuel Muíño, será o encargado de recoller o Premio SICTED, que recoñece ao territorio da Costa da Morte como destino certificado. O próximo venres, está prevista a presentación do vídeo promocional Costa da Morte, Destino Turístico Starlight.

III Encontro de Turismo da Costa da Morte

O III Encontro de Turismo da Costa da Morte consolídase como a festa do turismo do xeodestino

29/11/2023

Máis de 140 asistentes, entre representantes dos 17 concellos, empresas asociadas a APTCM e diferentes entidades de turismo na Costa da Morte, participaron hoxe en Laxe nesta cita anual do sector.

O catedrático baiés da USC Jorge Mira recibiu o premio ‘Embaixador    da Costa da Morte 2023’, que a CMAT entrega este ano por primeira vez.

Jorge Mira recibirá o premio Embaixador da Costa da Morte

Jorge Mira recibirá o vindeiro martes 28 de novembro o premio Embaixador da Costa da Morte, no III Encontro de Turismo organizado pola Costa da Morte Asociación Turistica (CMAT)

27/11/2023

O premio Embaixador da Costa da Morte distinguirá a persoas do territorio comprometidas co desenvolvemento turístico e na divulgación dos valores culturais e naturais do destino

O baiés, catedrático do departamento de física aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, leva anos contribuíndo á divulgación do patrimonio cultural e natural da Costa da Morte, acadando importantes logros con impacto internacional.

Costa da Morte firma un Convenio de colaboración con Turismo de Galicia

A CMAT organizou unha reunión de traballo sobre o proxecto de Astroturismo nas Torres do Allo, en Zas

23/11/2023

No marco do Convenio de colaboración asinado con Turismo de Galicia o día 9 de agosto de 2023, a CMAT organizou o pasado xoves 23 de novembro, nas Torres do Allo, en Zas, unha reunión de traballo de carácter técnico sobre o proxecto de Astroturismo. Foron convocados os técnicos de turismo dos Concellos, ADL’s, técnicos de cultura, etc., así como os profesionais que realizaron o curso de monitores turísticos Starlight a principios deste ano 2023. 

Grao de Turismo da UDC visita Costa da Morte

O alumnado de último curso do Grao en Turismo da Universidade da Coruña visita a Costa da Morte, para coñecer de primeira man os recursos do destino e a súa xestión

22/11/2023

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) apoiou á UDC na coordinación da súa visita. 

Desta volta, tiveron a oportunidade de coñecer a labor que se leva a cabo desde os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, Malpica e Zas en prol do desenvolvemento turístico e, no segundo cuadrimestre, visitarán a zona sur do xeodestino

III Encontro de Turismo da Costa da Morte

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrará o martes, 28 de novembro, o III Encontro de Turismo da Costa da Morte, en Laxe

20/11/2023

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrará o martes, 28 de novembro, o III Encontro de Turismo da Costa da Morte, en Laxe

Esta cita anual pretende salientar a importancia do traballo en rede e compartir éxitos e reflexións no eido do turismo da Costa da Morte

Certificación SICTED Costa da Morte

A Mesa de Calidade da Costa da Morte reuniuse para propoñer a certificación SICTED dun total de 35 establecementos do destino

13/11/2023

A proposta das empresas e servizos que superaron o Ciclo 1 de implantación, enviarase ao Comité de Distinción en Madrid, para acadar o distintivo SICTED

Este ano certificáronse aloxamentos rurais, hoteis, apartamentos turísticos, albergues, empresas de turismo activo, oficinas de información turística, museos, centros de interpretación e un balneario, coa intención de abrir a próxima convocatoria a estes e outros subsectores 

Costa da Morte leva a súa experiencia como Destino Turístico Starlight ao VI Encontro Internacional Starlight que se celebra en Cuenca

Costa da Morte leva a súa experiencia como Destino Turístico Starlight ao VI Encontro Internacional Starlight que se celebra en Cuenca

20/10/2023

Marta Rodríguez, do equipo da Secretaría Técnica de Costa da Morte Asociación Turística, detallou o longo camiño percorrido para obter o Certificado Destino Turístico Starlight e lembrou que os concellos do territorio traballan xa na redución da contaminación luminosa e nunha rede de miradoiros estelares.

A CMAT lanza a campaña #CostaDaMorteEnFamilia para apostar pola desestacionalización turística e incentivar as visitas de familias no outono e inverno

A CMAT lanza a campaña #CostaDaMorteEnFamilia para apostar pola desestacionalización turística e incentivar as visitas de familias no outono e inverno

10/10/2023

A blogueira @uxiaviaxeiragarcia percorrerá o destino esta fin de semana, xunto á súa familia, e pronto darán a coñecer a experiencia nas súas redes sociais, cuns 17.000 seguidores.

Comeza o mes de outubro de 2023 e a Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) pon en marcha a campaña #CostaDaMorteEnFamilia, unha iniciativa que pretende desestacionalizar o turismo e incentivar e fomentar as visitas ao destino de grupos e familias nas fins de semana ou pontes festivas, durante os meses do outono e do inverno.

A CMAT participa no Principado de Asturias nunha Xornada de intercambio de Boas Prácticas no Turismo Rural, o Astroturismo e a Calidade Turística para a mellora da competitividade

A CMAT participa no Principado de Asturias nunha Xornada de intercambio de Boas Prácticas no Turismo Rural, o Astroturismo e a Calidade Turística para a mellora da competitividade

05/10/2023

Unha delegación da Costa da Morte Asociación Turística coñece sobre o terreo a experiencia das asociacións de Turismo Rural asturianas, os proxectos ao redor do astroturismo e o modelo desenvolvido por Xixón ao redor da Calidade Turística.

A Asociación de Profesionais do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) presenta en Santiago de Compostela a súa campaña gastronómica “Meses con R, aposta segura”

A Asociación de Profesionais do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) presenta en Santiago de Compostela a súa campaña gastronómica “Meses con R, aposta segura”

27/09/2023

18 establecementos da Costa da Morte ofrecerán menús e pratos baseados na gastronomía local de quilómetro cero, que se poderán degustar durante as fins de semana de outubro a decembro.

O evento de presentación oficial da campaña tivo lugar na aula de cociña do Mercado de Abastos, cun showcooking da man do chef Braulio García do Centro Superior de Hostelería de Galicia.

A CMAT anima ao sector turístico privado a presentar a súa candidatura para ser a sede do III Encontro de Turismo de Costa da Morte ata o 30 de setembro

A CMAT anima ao sector turístico privado a presentar a súa candidatura para ser a sede do III Encontro de Turismo de Costa da Morte ata o 30 de setembro

21/09/2023

O 28 de novembro de 2023, celebrarase o que será o III Encontro de Turismo de Costa da Morte no territorio, un evento organizado pola CMAT co cofinanciamento de Turismo de Galicia e co apoio da Deputación da Coruña.

Costa da Morte pon en marcha a Mesa de Calidade SICTED e a Mesa Starlight para situar o xeodestino na vangarda da excelencia turística

Costa da Morte pon en marcha a Mesa de Calidade SICTED e a Mesa Starlight para situar o xeodestino na vangarda da excelencia turística

05/09/2023

As Torres do Allo acolleron hoxe a constitución de dúas mesas que reafirman o compromiso da Costa da Morte Asociación Turística na mellora da calidade e competitividade do turismo neste territorio.

Blogtrip astroturístico da Costa da Morte

Blogtrip para mostrar e divulgar o potencial astroturístico da Costa da Morte

09/08/2023

Seis blogueiros e blogueiras profesionais de viaxes con máis de medio millón de visitas ao mes iniciaron hoxe, da man da CMAT, unha ruta de catro días para dar a coñecer un territorio que xa é referente no turismo das estrelas

A Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) e a Axencia Turismo de Galicia formalizan un acordo para impulsar o turismo no xeodestino

A Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) e a Axencia Turismo de Galicia formalizan un acordo para impulsar o turismo no xeodestino

09/08/2023

 

A Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) e a Axencia Turismo de Galicia formalizan un acordo para impulsar o turismo no xeodestino

Reunión Xunta Directiva CMAT

A nova Xunta Directiva de CMAT reúnese por primeira vez para abordar e deseñar a estratexia turística do xeodestino para os próximos meses

07/08/2023

Costa da Morte Asociación Turística, en representación do sector público e privado, creará o premio Embaixador da Costa da Morte para recoñecer o compromiso de divulgar o territorio

Acordou potenciar a presenza en feiras sectoriais e xa traballa na organización do III Encontro de Turismo Costa da Morte, que será a final de ano e onde se dará o Premio Embaixador da Costa Morte

 Manuel Muiño Espasandín, alcalde de Zas, asume a presidencia de Costa da Morte Asociación Turística

Manuel Muiño Espasandín, alcalde de Zas, asume a presidencia de Costa da Morte Asociación Turística

17/07/2023

Tamén se suman á Xunta Directiva de CMAT María Lema, concelleira de Turismo de Dumbría, como vicepresidenta; e como vogais, Áurea Domínguez, alcaldesa de Fisterra, e José Carlos García, rexedor de Coristanco.

ATLANTIC_SUNSET poñerá en valor o solpor como recurso económico alternativo ao turismo tradicional

ATLANTIC_SUNSET poñerá en valor o solpor como recurso económico alternativo ao turismo tradicional

11/07/2023

Os profesores da USC Ángel Miramontes, Jorge Mira e Rubén Lois coordinan este proxecto que busca "aproveitar non só a beleza natural asociada ás mellores e máis particulares postas de sol do Atlántico senón tamén identificar e valorizar os recursos endóxenos locais asociados ao sol".

Costa da Morte adhírese ao Sistema de Calidade Turística en Destino cun total de 46 empresas e servizos turísticos

Costa da Morte adhírese ao Sistema de Calidade Turística en Destino cun total de 46 empresas e servizos turísticos

Os servizos turísticos adheridos recibirán formación e asesoramento en xestión e calidade turística durante os próximos anos.

Vimianzo acolle a presentación e as primeiras formacións do SICTED de Costa da Morte.

 Costa da Morte Asociación Turística mantivo en Turexpo 2023 encontros cunha quincena de operadores de turismo interesados nas propostas sobre turismo do xeodestino

Costa da Morte Asociación Turística mantivo en Turexpo 2023 encontros cunha quincena de operadores de turismo interesados nas propostas sobre turismo do xeodestino

Axencias da Península Ibérica e de diferentes países de Europa mostraron interese por incorporar as iniciativas de Costa da Morte á oferta turística que trasladarán aos seus clientes ao longo de 2023.

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e servizos turísticos ao SICTED de Costa da Morte

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e servizos turísticos ao SICTED de Costa da Morte

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido popularmente como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo (SETUR), que conta cunha metodoloxía propia que contribúe a implantar un sistema de xestión da calidade nos destinos turísticos, tendo en conta aos diferentes axentes turísticos locais, tanto públicos como privados. Os destinos adheridos, e as empresas e entidades que cumpren os requisitos, obteñen o distintivo “Compromiso de Calidade Turística”, que acredita aos participantes e recoñece o seu esforzo e compromiso coa calidade e a mellora continua. 

 Costa da Morte Asociación Turística creará un Grupo de Traballo para lanzar servizos e produtos de astroturismo

Costa da Morte Asociación Turística creará un Grupo de Traballo para lanzar servizos e produtos de astroturismo

A Casa dá Cultura de Vimianzo acolleu hoxe clausúraa do Curso de Monitores Astroturísticos Starlight, que formou a 45 novos especialistas. Este curso foi cofinancido pola Deputación dá Coruña, grazas á concesión das axudas a entes de xestión turística para a anualidade 2023. 

CMAT participa en Ribeira Sacra e Trevinca nunha Xornada de intercambio de Boas Prácticas en Xestión Turística e Astroturismo entre xeodestinos para a mellora da competitividade

CMAT participa en Ribeira Sacra e Trevinca nunha Xornada de intercambio de Boas Prácticas en Xestión Turística e Astroturismo entre xeodestinos para a mellora da competitividade

Unha delegación de Costa da Morte Asociación Turística, encabezada pola súa presidenta Mónica Rodríguez, coñece sobre o terreo a experiencia do Consorcio Ribeira Sacra e o modelo desenvolvido por Trevinca en torno ao astroturismo.

Curso de “Monitores/as Astroturísticos/as Starlight” na Costa da Morte

Curso de “Monitores/as Astroturísticos/as Starlight” na Costa da Morte

A CMAT, ente xestor do turismo do destino Costa da Morte, obtivo en xaneiro de 2023 o distintivo de Destino Turístico Starlight. Deste modo, Costa da Morte converteuse xa no cuarto destino certificado de Galicia e o primeiro da provincia de A Coruña, formando xa parte da rede internacional de destinos Starlight.

A Fundación Starlight entrega en FITUR o certificado Destino Turístico Starlight ao xeodestino Costa da Morte

A Fundación Starlight entrega en FITUR o certificado Destino Turístico Starlight ao xeodestino Costa da Morte

“Xa é oficial, xa o podemos dicir con todas as da lei: Costa da Morte incorpórase hoxe á rede internacional de Destinos Starlight”, dixo hoxe Mónica Rodríguez, presidenta da CMAT, entidade que tamén recibe o Recoñecemento Especial de Turismo de Galicia polo traballo feito en 2022 para lograr esta meta.

Costa da Morte obtén o selo Destino Turístico Starlight

Costa da Morte obtén o selo Destino Turístico Starlight

O xeodestino, integrado por dezasete concellos, súmase xa no ano 2023 a esta rede internacional de astroturismo.

A Fundación Starlight entregará o distintito a Costa da Morte Asociación Turística en FITUR, que se celebrará en Madrid do 18 ao 23 de xaneiro.

CMAT pon a disposición dos visitantes un novo Mapa Turístico da Costa da Morte que sinala máis de 150 lugares de interese nos 17 concellos do territorio

CMAT pon a disposición dos visitantes un novo Mapa Turístico da Costa da Morte que sinala máis de 150 lugares de interese nos 17 concellos do territorio

Costa da Morte Asociación Turística deseña tres roteiros para poñer en valor e dar a coñecer a riqueza megalítica do xeodestino.

As campañas sobre turismo familiar, patrimomio xeolóxico, megalitismo ou astroturismo foron impulsadas a través do convenio suscrito con Turismo de Galicia.

Costa da Morte Asociación Turística organiza o próximo 29 de novembro en Caión o II Encontro de Turismo Costa da Morte

Costa da Morte Asociación Turística organiza o próximo 29 de novembro en Caión o II Encontro de Turismo Costa da Morte

A presidenta da CMAT, Mónica Rodríguez, destaca o obxectivo de que esta cita de todos os protagonistas do sector se institucionalice e se celebre cada ano nun concello diferente do territorio do xeodestino.

Stanley Whittinghan visita Costa da Morte

Stanley Whittinghan visita Costa da Morte

Stanley Whittingham, da Universidade Estatal de Nova York - Binghampton e premio Nobel de Química 2019 pola invención das actuais baterías recargables (as que están en todo tipo de dispositivos móbiles, coches, plantas de almacenamento de enerxía, etc), fixo un amplo percorrido pola Costa da Morte nestes días. Está en Galicia convidado polo Programa ConCiencia e o Colexio Oficial de Químicos de Galicia, na que é a súa primeira visita a Europa trala cerimonia do Nobel.

A CMAT aposta por unha campaña para promocionar o Astroturismo en Costa da Morte

A CMAT aposta por unha campaña para promocionar o Astroturismo en Costa da Morte

Grazas ao cofinanciamento entre CMAT e a Xunta de Galicia a través dun convenio con Turismo de Galicia, promóvese a campaña de Astroturismo en Costa da Morte.

Desde a CMAT, esta anualidade, ademais desta campaña se aposta por outras campañas temáticas como son: Turismo Familiar, Turismo de Surf e Praias Salvaxes, Turismo de Megalitismo e Turismo Xeolóxico.

Os auditores da Fundación Starligth visitan Costa da Morte

Os auditores da Fundación Starlight visitan Costa da Morte

O xeodestino, tras superar un primeiro corte, someteuse ao exame dos expertos que certificarán antes de final de 2022 se os 16 concellos que forman parte do proxecto merecen contar co selo ‘Destino Turístico Starlight’.

A CMAT aposta por unha campaña para promocionar o Turismo de Surf e Praias Salvaxes

A CMAT aposta por unha campaña para promocionar o Turismo de Surf e Praias Salvaxes

Grazas ao cofinanciamento entre CMAT e a Xunta de Galicia a través dun convenio con Turismo de Galicia, promóvese a campaña de Surf e Praias Salvaxes, baixo o claim “O lado máis salvaxe de Costa da Morte”.

A CMAT acompaña ás empresas da Costa da Morte ‘O Semáforo’ de Fisterra e ‘Albergue Et Sueia’ de Muxía na entrega do distintivo Q de Calidade Turística

A CMAT acompaña ás empresas da Costa da Morte ‘O Semáforo’ de Fisterra e ‘Albergue Et Sueia’ de Muxía na entrega do distintivo Q de Calidade Turística

Os repesentantes de Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) Mónica Rodríguez, Xosé Regueira o Pepe Formoso respaldaron coa súa presencia aos representantes dos dous establecimentos do xeodestino no acto de entrega dunha acreditación que recoñece a excelencia na xestión turística.

O xeodestino Costa da Morte, parte activa da nova marca gastronómica ‘a provincia que sabe’, presentada hoxe pola Deputación da Coruña no Galicia Forum Gastronómico

O xeodestino Costa da Morte, parte activa da nova marca gastronómica ‘a provincia que sabe’, presentada hoxe pola Deputación da Coruña no Galicia Forum Gastronómico

A marca ‘a provincia que sabe’, que comenzará a funcionar a inicios de 2023, engloba aos oito xeodestinos da provincia e representará productos e establecementos que apliquen parámetros de calidade e sustentabilidade.

 A CMAT lanza unha nova campaña de Turismo De Megalitismo para promocionar a maxia dos nosos antepasados

A CMAT lanza unha nova campaña de Turismo De Megalitismo para promocionar a maxia dos nosos antepasados

Boa parte dos monumentos megalíticos máis destacados pódense atopar en Terra de Soneira e en Bergantiños. Moitos deles xa teñen algún tipo de aproveitamento turístico e xa son visitados.

Destaca o concello de Vimianzo, que conta con sete dolmens/dólmenes, incluíndo aquí a mencionada anteriormente “Roteiro dous dolmens/dólmenes”, cunha sinalización completa e acondicionamento para a visita, ademais de contar cunha aplicación móbil con información detallada para os visitantes.

A CMAT aposta por actividades para dar a coñecer Costa da Morte como destino Familiar

A CMAT aposta por actividades para dar a coñecer Costa da Morte como destino Familiar

Grazas ao cofinanciamento entre CMAT e a Xunta de Galicia a través dun convenio con Turismo de Galicia, promóvese a campaña Costa da Morte Familiar.

O obxectivo desta campaña é dar a coñecer Costa da Morte como destino familiar e, sobre todo, motivar ás familias galegas a visitar os diferentes concellos para descubrir a súa diversidade patrimonial, natural e cultural.

Costa da Morte Asociación Turística incorpora á súa xunta directiva aos novos representantes de APTCM

Costa da Morte Asociación Turística incorpora á súa xunta directiva aos novos representantes de APTCM

A presidenta da CMAT, Mónica Rodríguez, e os demais membros da xunta directiva, deron hoxe unha “calurosa” benvida ás dúas incorporacións, Pepe Formoso e Damián Álvarez, e destacaron “a honestidade, bo facer, implicación e gran traballo” feito polos seus antecesores, Pablo Canosa e Silvia Bouzas, durante os anos que formaron parte da asociación desde a súa constitución.

A CMAT entregrará o informe para optar a ‘Destino Starlight’ na xornada que organiza o Centro de Interpretación do Dolmen de Dombate os próximos 14 e 15 de xullo sobre ‘Protección do ceo nocturno’

A CMAT entregrará o informe para optar a ‘Destino Starlight’ na xornada que organiza o Centro de Interpretación do Dolmen de Dombate os próximos 14 e 15 de xullo sobre ‘Protección do ceo nocturno’

Costa da Morte Asociación Turística colabora coas xornadas que se celebrarán a próxima semana no Concello de Cabana de Bergantiños sobre a conservación dos ceos na noite e na que participan a Fundación Starlight e os destinos galegos Starlight: A Veiga, Parque Nacional Illas Atlánticas e Concello de Muras.

Resolución definitiva das axudas da Diputación da Coruña

Resolución definitiva das axudas da Diputación da Coruña

10/06/2022

Trala publicación da resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa DP0030: subvencións dirixidas a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competitividade e actividades turísticas, da provincia da coruña, no ano 2022 no BOE provincial, xa é oficial que a CMAT ten concedida unha axuda  de 74.160€ para a anualidade 2022, sendo o importe total a executar e xustificar de 92.700€.

CMAT lanza un plan formativo para "mellorar a xestión e promoción dos servizos turísticos da Costa da Morte"

CMAT lanza un plan formativo para "mellorar a xestión e promoción dos servizos turísticos da Costa da Morte"

Costa da Morte Asociación Turística organiza no mes de febreiro un programa financiado pola Deputación da Coruña para formar desempregados en cociña, restauración e aloxamentos que atenda as necesidades de persoal do sector.

A CMAT está presente en Fitur

A CMAT está presente en Fitur

Fitur é a Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid do 19 ao 23 de Xaneiro de 2022.

Fitur é a primeira cita anual para os profesionais do turismo mundial e a feira líder para os mercados receptivos e emisores de Iberoamérica. Un foro único para promocionar as marcas, presentar novos produtos, coñecer as últimas tendencias e encher as axendas de contactos e perspectivas.

destino-starlight

Costa da Morte traballa para conseguir a certificación Starlight

O venres 19 de novembro celebrouse na Casa da Cultura de Vimianzo unha xornada técnica para explicar a posta en marcha, por parte da Asociación de Turismo dá Costa da Morte (CMAT), dun proxecto que impulsará este territorio como Destino Starlight e poñerá en valor a súa idoneidade para gozar de experiencias de astroturismo.

evento-muxía

Administracións públicas e iniciativa privada conxúranse en Muxía para converter a Costa da Morte nun destino turístico de referencia

O Parador Costa da Morte acolleu onte á tarde o Encontro de Turismo Costa da Morte, onde concellos, Deputación da Coruña, Xunta e empresas turísticas debateron sobre a potencialidade da zona como xeodestino e apostaron pola colaboración no eido turístico.

#OCamiñoContinua

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convida a cinco bloggers profesionais a vivir a experiencia do Camiño Fisterra e Muxía para dalo a coñecer nas súas redes sociais e nos seus blogs de viaxes

Bo Saldaña, Leticia Pérez, Eva Abal, Dani Keral e Alberto Ribas partirán o 13 de setembro de Compostela para percorrer a Ruta Xacobea que leva á Costa da Morte, onde pasarán o final de semana mostrando o patrimonio e a natureza do destino.

escapalandia

Escapalandia, a primeira familia da campaña #CostaDaMorteEnFamilia

Escapalandia inaugurou a campaña #CostaDaMorteEnGalicia, promovida pola CMAT con fondos da Deputación da Coruña. Esta campaña está organizada por Eva Abal e Dani Keral, dous bloggers de viaxes profesionais, e cuxo obxectivo é dar a coñecer Costa da Morte como destino familiar, sobre todo, para motivar ás familias galegas a visitar os diferentes concellos para descubrir a súa diversidade patrimonial, natural e cultural.

reunion cmat campaña de promocion costa da morte

A CMAT coordina unha campaña de promoción do Camiño Fisterra - Muxía ao seu paso por Costa da Morte

O pasado 30 de xullo tivo lugar unha reunión para coordinar unha nova campaña de promoción de Costa da Morte. Á reunión asistiron: Silvia Bouzas (membro da xunta da CMAT), Marta Rodríguez (secretaría técnica CMAT), Alberto Rivas (blogueiro Alvientooo e organizador da actividade), Raúl Lorenzo (fotógrafo e filmmaker) e ingenyus* (servizo de comunicación).

CMAT-destino-familiar

A CMAT promove unha actividade para dar a coñecer Costa da Morte coma destino familiar

Cofinanciada pola Deputación da Coruña e grazas ás axudas para entidades de xestión dos xeodestinos da provincia da Coruña, a CMAT promove a campaña Costa Da Morte Familiar.

O obxectivo desta campaña é dar a coñecer Costa da Morte coma destino familiar e, sobre todo, motivar a familias galegas a visitar os diferentes concellos para descubrir a súa diversidade patrimonial, natural e cultural.

nova-xunta-directiva-alt

A CMAT aproba a composición da nova Xunta Directiva para os próximos dous anos

25/06/2021

A Alcaldesa de Vimianzo, Dª Mónica Rodríguez, liderará o equipo directivo nos próximos dous anos, asumindo a Presidencia do ente xestor do turismo de Costa da Morte.

 

entradasalvientoo

A experiencia completa de Alvientooo en Costa da Morte, xa dispoñible no seu blog

16/11/2020

Xa podes ler no blogue de Alvientooo -e nas ligazóns que compartimos a continuación- o resumo da viaxe que realizou fai uns días por Costa da Morte como parte das actividades programadas para o ano 2020 pola CMAT como ente xestor do xeodestino Costa da Morte. Este proxecto realizouse grazas ao convenio firmado con Turismo de Galicia para promover os destinos turísticos.

rutas

50 rutas para percorrer a pé a Costa da Morte para tódolos gustos

09/11/2020

Como parte das actividades a desenvolver este ano, e que teñen como fin poñer en valor os recursos naturais da Costa da Morte, e con iso, o carácter Naturalmente Salvaxe do territorio, a CMAT está a traballar na recopilación de rutas de sendeirismo nos 16 concellos que conforman o xeodestino. Conta para tal traballo coa colaboración da consultora especializada en turismo Autoxiro, que está realizando as tarefas de escolma das rutas, descrición e documentación gráfica de cada unha delas.

profesionais

Unha nova ollada aos profesionais que dan vida á Costa da Morte grazas a Raul Lorenzo

02/11/2020

O fotógrafo e produtor audiovisual da Costa da Morte, Raul Lorenzo , está inmerso nun interesante proxecto para “poñer cara” aos hostaleiros e demais traballadores vinculados ao mundo do turismo no xeodestino Costa da Morte. Durante estas semanas, Lorenzo está a percorrer os establecementos que forman parte da asociación Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) para retratalos e entrevistalos “no seu medio”. O obxectivo que persegue a iniciativa é o de pór o foco nas persoas que conforman o tecido empresarial dos 16 concellos que conforman a CMAT. 

alvientooo

O blogueiro de viaxes Alberto Ribas comeza a súa andadura por Costa da Morte

21/10/2020

Como parte das actividades programadas polo ente xestor do xeodestino Costa da Morte CMAT no ano 2020, realizadas grazas ao convenio con Turismo de Galicia dedicado á promoción dos xeodestinos, iniciouse unha proxecto de promoción turística a través da ollada de blogueiros profesionais. Máis concretamente, contarase ca participación do blogueiro de viaxes profesional Alberto Ribas, mente detrás do proxecto Alvientooo.

bolsasTorrePujales

As bolsas da Fundación Torre – Pujales para artistas plásticos constitúen un elemento fundamental na difusión cultural da Costa da Morte

16/10/2020

A Fundación Torre – Pujales, entidade sen ánimo de lucro declarada de interese cultural tanto galego como nacional, ofrece bolsas de estudo a artistas plásticos de todo o mundo. Trátase dunha iniciativa que busca visibilizar a cultura da Costa da Morte a través dos e das artistas que chegan á vila de Corme (Ponteceso), onde está situada tanto a Fundación como o Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte (MACCMO), estreitamente ligado a ela.

conveniopaquetes

A CMAT firma un acordo grazas ao financiamento de Turismo de Galicia para promocionar experiencias en Costa da Morte a través de paquetes turísticos

02/10/2020

Grazas ao orzamento de Turismo de Galicia que foi aprobado nesta semana, a CMAT levará a cabo un plan de promoción dos establecementos da Costa da Morte a través da venda de paquetes experienciais. Experiencias culturais, gastronómicas, de turismo activo e nos mellores aloxamentos da zona coas medidas de seguridade garantidas, esa é a proposta do ente xestor do xeodestino para dinamizar. 

diaturismo

Galicia, turismo rural e seguro. Reflexións sobre o Día Mundial do Turismo ante un ano incerto

25/09/2020

Este 27 de setembro volvemos celebrar o Día Mundial do Turismo e precisamente Costa da Morte faino posicionándose como un destino seguro para todas as persoas que se atreven a visitalo, tal e como destacou esta semana o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, nunha reunión coa directiva do Clúster de Turismo de Galicia.

reporvoz

Xa podes ler aquí a reportaxe de La Voz de Galicia "Turismo activo na Costa da Morte"

05/08/2020

Hai unhas semanas, o xornal La Voz de Galicia dedicou un especial ao turismo activo na Costa da Morte, con moitas ideas para todas as idades e gustos.

Podes lelo aquí:

orballocultural

A Costa da Morte énchese de música cunha nova iniciativa, o ciclo de concertos Orballo Cultural

23/07/2020

O próximo venres, 25 de xullo, O Fórum de Carballo acolle o concerto de MClan. O grupo, coñecido por cancións tan emblemáticas como Carolina, será o encargado de inaugurar a iniciativa Orballo Cultural, coa que a Costa da Morte encherá de música o seu verán.

Actividdades de verán

Os concellos da Costa da Morte poñen en marcha as actividades estivais, aos poucos e sempre coidando as medidas de seguridade

15/07/2020

Coa chegada da coñecida como "nova normalidade" xusto a tempo para inaugurar o verán, foise recobrando de novo a vida nas rúas. Respetando as medidas de seguridade e protección establecidas para a COVID-19, os concellos que conforman Costa da Morte van poñendo en marcha unha vez máis o programa de actividades estivais, perfectas tanto para descubrir por primeira vez os atractivos que agocha cada un deles como para que os desfruten unha vez máis aquelas persoas que ben os coñecen.

manual

Éxito na presentación dos manuais para a prevención ante a COVID-19 do sector turístico da Xunta de Galicia

27/05/2020

Onte a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia presentou mediante un webinar os manuais para a prevención ante a COVID-19 do sector turístico cun grande éxito de asistencia. Máis de mil persoas seguiron onte a través de streaming e da canle de Youtube – onde se pode consultar actualmente o vídeo- á presentación, que constou da intervención dos/as expertos/as que asesoraron na elaboración dos devanditos manuais e dunha rolda de preguntas posterior na que os/as profesionais do turismo galego trasladaron as súas dúbidas.

planxuntacovid

Xunta de Galicia: Plan de reactivación do sector cultural e turístico

Aquí podes ler o plan que a Xunta de Galicia vai implementar para reactivar o turismo no territorio neste novo escenario que a crise da COVID-19 nos deixou:

reunioncovid

A Xunta Directiva do CMAT reúnese para avaliar a situación do sector turístico da Costa da Morte e reformular a estratexia 2020

05/05/2020

A Xunta Directiva da CMAT reuniuse hoxe grazas á tecnoloxía para planificar e preparar a toma de decisións sobre os cambios a implantar na xestión do xeodestino durante o 2020, onde o foco de traballo non estará tanto na promoción como nas persoas.

literaturaparte2

Percorrido literario pola Costa da Morte (Parte II)

16/04/2020

Tal e como vos prometemos no artigo anterior, hoxe imos continuar a nosa proposta de coñecer a Costa da Morte a través da literatura. Emprendemos así esta segunda viaxe polas páxinas de libros que evocan a fermosura e a maxia da nosa terra, pero tamén a personalidade das súas xentes. Xentes fortes e loitadoras, co seu carácter mariñeiro, que levan nas súas veas o influxo do mar e desta terra cargada de misticismo. 

cmatenfitur

Na primeira xornada de Fitur, Costa da Morte “viviuse intensamente”

23/01/2020

Onte, cara ás seis da tarde, o stand de Turismo de Galicia de Fitur acolleu a presentación do xeodestino Costa da Morte “Catro formas de vivir Costa da Morte intensamente”. Alí, profesionais do sector turístico, políticos, medios de comunicación e demáis asistentes arrouparon ao presidente da CMAT, Santiago Toba na súa intervención. Nesta primeira xornada para público profesional da feira internacional que se celebra cada ano en Madrid, a Costa da Morte desplegou todo o seu potencial, ca presentación no stand de Galicia como “guinda”.

presentacionfitur

“Catro formas de vivir Costa da Morte intensamente”, a aposta da CMAT no escaparate mundial de Fitur

16/01/2020

A Asociación de Turismo da Costa da Morte estará presente na próxima edición de Fitur, a importante feira internacional de turismo que terá lugar en Madrid entre o 22 e o 26 de xaneiro. Formaremos parte do stand de Turismo de Galicia, onde se presentarán outras propostas de territorios veciños.

2019

Despedimos o ano cun pequeno repaso polo que foi 2019 para nós

30/12/2019

Este 2019 foi un ano moi produtivo para a CMAT, xa que se seguiu avanzando no cumprimento do Plan de Acción para o Turismo de Costa da Morte 2019-2021 traballando de xeito intenso en algunhas das liñas estratéxicas. De cara ao ano que ven, seguiremos poñendo todos os nosos esforzos para conseguir o recoñecemento turístico que a Costa da Morte merece.

dossierdeporte

Ducias de establecementos de Costa da Morte implícanse na promoción do turismo deportivo na zona con atractivos descontos

27/12/2019

Esta semana fixemos público o dossier de promocións para eventos deportivos do programa “Costa da Morte Turismo + Deporte”. Esta iniciativa impulsada pola CMAT co apoio da Deputación da Coruña busca mellorar o atractivo turístico da zona vinculándoo ca multitude de eventos deportivos que se organizan nos diferentes concellos pertencentes ao xeodestino.

nadal

Bo Nadal de parte da CMAT!

24/12/2019

Non quixemos perder a oportunidade de desexarvos unhas felices festas a todos e todas de parte da Asociación de Turismo de Costa da Morte.

Moitas grazas polo voso apoio en 2019, no 2020 seguiremos traballando para facer da Costa da Morte un destino turístico para todos.

lar

Ducias de concursantes demostran as súas habilidades como fotógrafos para conseguir o premio de #MuraisLarCMAT: coñecer a Costa da Morte

17/12/2019

Onte, 16 de decembro, entregouse o último dos premios #MuraisLarCMAT, o noso concurso fotográfico en Instagram que busca dar a coñecer a Costa da Morte a través dos murais de baldosas do proxecto "Lar na escola". As oito esculturas, todas con temática relacionada cos deportes acuáticos, están expostas no paseo marítimo de Sanxenxo (Pontevedra) dende principios do verán. Grazas á popularidade desta zona, especialmente durante os meses de verán, a exposición converteuse nun dos principais atractivos da zona central do concello turístico.

turismo deportivo

O turismo deportivo afiánzase na Costa da Morte con eventos superando as previsións de participación

16/10/2019

A VI edición do Circuíto Correndo pola Costa da Morte pechouse este domingo cunha última proba en Fisterra, na que se bateu récord de inscritos (912). Arredor de medio millar de atletas achegáronse a participar a pesar do mal tempo. Datos como este reafirman o incremento no número de participantes que se ven producindo de maneira continuada neste programa anual de Carreiras, converténdoo nun importante activo turístico. Non en van, este circuíto ocupa o segundo lugar no ranking de eventos deportivos con potencialidade turística en Costa da Morte, só por detrás do internacional e multitudinario Gran Fondo Ézaro, e seguido doutros eventos e probas deportivas que ano a ano se consolidan como citas ineludibles do deporte na natureza en Costa da Morte, como o Circuíto Travesía Costa Abanca, o Camiño dos Faros e o Grand Trail Costa da Morte.

DÍA MUNDIAL DO TURISMO: Nava Castro, directora de Turismo de Galicia: “A Costa da Morte está a xogar un papel fundamental no noso modelo turístico para a diversificación de fluxos”

Con motivo do Día Mundial do Turismo que se celebrou o pasado venres 27, a delegación da Cadena Ser na Costa da Morte quixo dedicarlle uns minutos da súa programación á actividade turística no noso xeodestino, máis concretamente a nosa asociación e a súa labor. A continuación reproducimos a entrevista a Pablo Canosa a través da que se articulou a peza e algúns titulares desta reportaxe de Antón Lestón en Vivindo a Costa da Morte.

I Convivencia náutica Costa da Morte 2019

12/09/2019

O pasado 1 de Setembro iniciouse o “I Campamento de Vela” denominado “I Convivencia náutica Costa da Morte” e promovido por Loreto Núñez Varela e Gabriel González.

Este proxecto celebrado do 1 ao 8 de setembro nace como iniciativa conxunta de varias entidades como Club Náutico de Camariñas o Concello de Camariñas e a empresa UBUNTU para o fomento dos deportes náuticos en Costa da Morte.

actividades formativas

Actividades formativas de balde para os profesionais do sector turístico en Costa da Morte

27/08/2019

Dentro do marco das axudas da Deputación da Coruña 2019 estanse a organizar diferentes proxectos e actividades que buscan acadar unha maior competitividade do sector turístico na zona. Un ano máis, na Costa da Morte contémplase o desenvolvemento dun Programa Formativo gratuíto para profesionais, de cara á especialización do destino en tres piares fundamentais do turismo: inglés, marketing e gastronomía.

Chega una semana cargada de deporte e turismo na Costa da Morte

16/08/2019

Neste último fin de semana do mes, a Costa da Morte converterase no epicentro das actividades deportivas na zona. Corredores, nadadores, surfistas e socorristas daranse cita en probas de referencia das súas respectivas disciplinas. Estarán arroupados por miles de afeccionados que chegan ao territorio para animar e acompañar aos e as participantes, ao tempo que coñecen o destino e desfrutan das actividades complementarias que acompañan estes eventos.

O turismo en Costa da Morte estrea imaxe

09/08/2019

Despois dun traballo nos últimos meses que comprendeu o estudo das necesidades da marca turística e o seu posterior deseño, no que estiveron involucrados tódolos axentes que conforman a CMAT, xa podemos facer pública a nosa nova imaxe corporativa.

A Costa da Morte, un paso máis preto de ser declarada Reserva Mundial de Surf

15/07/2019

A Praia de Razo foi o escenario escollido o pasado venres 12 de xullo para comunicar que a proposta presentada a “Save the Waves Coallition” superou a primeira fase do proceso selectivo. De prosperar, convertería a este territorio na primeira Reserva Mundial de Surf declarada no Estado, a segunda en Europa; trala portuguesa Ericeira, e na doceava a nivel mundial. A CMAT, como ente xestor do xeodestino Costa da Morte, estivo presente na convocatoria do Grupo Promotor da candidatura como Reserva Mundial de Surf.

Xunta

A CMAT xa ten unha nova Xunta Directiva tralo período de dous anos desde a constitución da vixente.

03/07/2019

A CMAT como ente xestor do xeodestino Costa de Morte, reuniuse este martes día 2 de xullo na Casa da Cultura de Vimianzo, co obxectivo de proceder ó cambio da Xunta Directiva, designada pola Asemblea Xeral e conformada por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 7.

A CMAT na Feria Atlántica Gastronómica en Coruña

03/06/2019

Entre o 31 de maio e o 3 de xuño, a zona do Parrote na Coruña transformarase no epicentro da cociña galega. Chega Atlántica Gastronómica, un evento adicado exclusivamente a pór en valor a gastronomía da nosa terra. Todo aquel que desexe achegarse a coñecer algo máis sobre enoloxía, alimentación, turismo e comercio de Galicia atoparase con degustacións, expositores, talleres e máis. Por suposto, a CMAT estará presente para descubrir aos visitantes os mellores sabores da Costa da Morte.

A Costa da Morte, un paso máis cerca de declararse Reserva Mundial de Surf

14/05/2019

A CMAT, como ente xestor do xeodestino Costa da Morte, apoia á Deputación da Coruña na preparación da candidatura para converterse na segunda Reserva Mundial de Surf (WSR) declarada de Europa e a doceava a nivel mundial.

Costa da Morte Turismo + deporte chega ao seu meridiano co II Challenge Junior de Carballo incluíndo unha ampla oferta de servizos e beneficios para os participantes

04/04/2019

Esta iniciativa quere promover o turismo deportivo no xeodestino Costa da Morte

Participantes e acompañantes poderán beneficiarse de descontos especiais e actividades complementarias ao evento deportivo

A CMAT presenta un paquete de actividades complementarias e promocións especiais para os participantes na “Carreira de Vimianzo”.

Durante a mesa de traballo celebrada o pasado 11 de marzo para o deseño de promocións e actividades turísticas para eventos deportivos na casa da Cultura de Vimianzo a CMAT perfilou unha proposta de incentivación do turismo deportivo na Costa da Morte.

A Deputación investirá 1,1 millón de euros na creación dun itinerario peonil en Corcubión dende Quenxe ata o faro de Cee.

A comisión de Vías e Obras da Deputación da Coruña vén de aprobar por unanimidade o proxecto de ampliación, mellora de trazado e construción dunha senda peonil na DP 2801 de Corcubión a San Roque por Redonda.

Torres do Allo incrementa nun 77% o número de visitantes no mes de febreiro.

17/03/2019

O pasado mes de febreiro, as Torres do Allo recibiron a visita de 204 persoas, 89 máis que no mesmo mes do 2018, converténdose así no mellor febreiro de toda a serie histórica do pazo con moita diferenza. Cabe destacar que a procedencia das visitantes do propio concello de Zas foi escasa, cun 10% do total; o que indica que o monumento está entrando nunha fase de desestacionalización do público visitante. Un 33,8% achegouse dende todas partes de Galicia; un 44,5% residía na Costa da Morte; un 7,3% correspondeuse co público chegado do resto do Estado; e un 2,5% viñeron visitar as Torres do Allo dende outros países de Europa e do Mundo.

O VII Circuíto provincial de carreiras populares “Deputación da Coruña” chega este ano a 11 concellos da Costa da Morte.

Un total de 11 concellos da Costa da Morte acollerán, ao longo do presente ano, outras tantas carreiras incluídas dentro da VII edición do Circuíto de Carreiras Populares “Deputación da Coruña”, organizado pola área de Deportes da institución provincial coruñesa en colaboración coa Federación Galega de Atletismo.

Apúntante a Sementando no Espazo, a nova horta comunitaria de Senda Nova !

A primavera está cada vez máis preto, e en Senda Nova xa comezan a agromar novos proxectos e actividades!

Sementando no Espazo, é un novo proxecto relacionado coa horta ecolóxica, e a educación ambiental, que se basa na cesión de espazos a todas as persoas interesadas en cultivar os seus propios alimentos ecolóxicos e seguir aprendendo sobre este tipo de horta. Sementando no Espazo nace co obxectivo principal de facilitarlle as crianzas e as persoas adultas, a posibilidade de cultivar os seus propios alimentos, nun espazo común e de convivencia , no cal seguir aprendendo sobre a horta ecolóxica, alimentación saudable etc a través das propias compañeiras ou das formacións que se levarán a cabo.

A Deputación presenta en Fairway o Camiño Fisterra-Muxía como unha das rutas xacobeas que máis medra

Leira destacou “o enorme potencial turístico e económico para a provincia” das dúas rutas xacobeas que discorren integramente por territorio coruñés: o Camiño Inglés, que en 2018 rexistrou un incremento de peregrinos do 25% e o Camiño Fisterra-Muxía, que disparou o número de camiñantes nun 70% con respecto con respecto a 2017.

O showcooking do bolo do pote desbordou o aforo da aula en Xantar Ourense

A aula do mar de Xantar Ourense quedou pequena para as persoas que se achegaron a degustar o bolo do pote de Mazaricos no salón gastronómico Xantar Ourense.

O alcalde, Juan José Blanco Riveiro fixo a presentación da XXI edición da Festa do Bolo do Pote e conduciu o show no que as amas de casa prepararon o bolo e o chef José Manuel Carreira os chuletóns, para dar conta dunha das especialidades gastronómicas do Concello: a carne. As persoas asistentes tamén se mostraron entusiasmadas ante o sabor e textura do pan de diversas clases que as panaderías do Concello enviaron para a mostra. Ante a cantidade de público que se congregou ás portas da aula, foi preciso achegar unha bandexa para que tamén puidesen probar os manxares.

Os pinchos irmandiños, o bolo do pote e a empanada de Carballo protagonistas da proposta gastronómica da Deputación de A Coruña no Xantar 2019.

A área de Turismo da Deputación da Coruña participa no 20º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, cunha mostra da riqueza gastronómica dos concellos, un espazo propio na feira ou a elaboración ao vivo nos showcookings. Os pinchos irmandiños de Vimianzo, o bolo do pote de Mazaricos, o polbo á mugardesa, o pan e a empanada de Carballo ou as filloas de Zas son algúns dos produtos que fan ao territorio da Coruña "referencia de turismo gastronómico".

As Torres do Allo pecha o 2018 con 9000 visitantes

As Torres do Allo recibiron ao longo do 2018 algo máis de 9000 visitantes, unha cifra coa que continúa o seu incremento de visitas emprendido dende que o Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, decidise dar un xiro na xestión do monumento. “As Torres do Allo ocupan xa un lugar destacado na lista dos monumentos máis visitados da provincia de A Coruña grazas ao atractivo patrimonial e natural deste espazo e tamén á crecente oferta cultural que alberga”, sinala Manuel García Velo, Concelleiro de Cultura. Con respecto ao ano anterior, data na que se bateron marcas, o número de visitantes incrementouse en algo máis de 1700 persoas. O cal se traduce nun 23% máis.

A Deputación da Coruña promove a contratación de profesionais nas oficinas de turismo dos concellos

A área de Turismo destina 800.000 € euros para o programa destinado a municipios de menos de 50.000 habitantes. A profesionalización do sector é un dos obxectivos da área de Turismo da Deputación da Coruña que destina 800.000 para promover novas contratacións de persoal das oficinas de turismo de concellos de menos de 50.000 habitantes. 

O Castelo de Vimianzo consolídase como un dos referentes turísticos da Costa da Morte

Durante o ano 2018 recibiu un total de 37300 visitantes. Esta cifra supón duplicar practicamente o número de visitantes do ano 2013 e incrementar un 25% os visitantes do ano 2017. O maior número de visitas concentrouse nos meses de xullo, agosto e setembro, con case a metade das visitas e unha media de máis de 6000 visitas mensuais.

A Deputación financia con 69.200 euros a actividade do ecomuseo do Forno do Forte

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Maplica, Eduardo Parga Veiga, asinaron esta mañá na sede da institución provincial o convenio para o financiamento das actividades do ecomuseo do Forno do Forte durante o ano 2019.

Un Nadal cheo de actividades en Mazaricos

O Nadal chega a Mazaricos cheo de eventos para desfrutar. O primeiro deles esta mesma semana, coa edición de Nadal de Mazachef, o exitoso curso de cociña da aula gastronómica. O xoves, o curso de defensa persoal para mulleres o sábado pola mañá e o Festival de Nadal da Escola de Música pola tarde.

Taller de cociña e celebración do 20º aniversario de Mareas Vivas.

Hoxe venres pola tarde, ás 20.00 horas, no Museo do Mar, Noa Vázquez Rendal, impartirá un taller de cociña ecolóxica. A actividade, que inclúe demostración práctica, permitirá que o público asistente coñeza distintas recetas de cociña ecolóxica, sostibles e aptas para tódolos petos.

Fam Trip "A Ruta dos Faros" GALP Costa da Morte.

O GALP Costa da Morte convida o vindeiro luns 3 de decembro ás empresas de Mar Galaica, do seu ámbito de actuación así como a aquelas dos territorios limítrofes, a participar nunha xornada de familiarización da Ruta dos Faros de Galicia. Esta actividade encádrase nun proxecto de cooperación que involucra a tódolos GALP galegos buscando converter ao persoal dos establecementos do territorio nos principais prescriptores da Ruta dos Faros.

O concello de Dumbría asume a presidencia do Parque do Megalitismo da Costa da Morte.

O alcalde do concello de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, será o primeiro presidente do Comité de Dirección do Comité de Dirección do Parque do Megalitismo da Costa da Morte que este mércores celebrou a súa primeira reunión no Dolmen de Dombate. Na xuntanza participaron representantes dos concellos do Parque e o responsábel das áreas de Patrimonio e Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.

Esta fin de semana en Vimianzo desenrolaranse as "Xornadas de Patrimonio Cultural e Desenvolvemento Local"

Os proximos 30 de novembro e 1 de decembro terán lugar en Vimianzo na Escola de Señoráns as primeiras "Xornadas de Patrimonio Cultural e Desenvolvemento Local" organizadas pola Asociación de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia (AFIPRODEL)

Os Galp Costa da Morte, Costa Sostible e Ría de Arousa celebran tres xornadas de familiarización para a Ruta dos Faros.

Co obxectivo de familiarizar ás empresas do territorio coa Ruta dos Faros de Galicia, os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro están a organizar viaxes de familiarización aos principais recursos turísticos dos correspondentes territorios da Costa da Morte, Costa Sostible e Ría de Arousa. Nestes FamTrips visitaranse os espazos máis importantes desta ruta buscando a identificación destes recursos por parte das empresas do territorio e as dos concellos limítrofes

A Senda dos Faros busca conectar 11 faros de Ferrolterra e Costa da Morte mediante 60 novos quilómetros de sendas ciclistas

A Deputación da Coruña vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado a licitación de un ambicioso proxecto para fomentar a mobilidade sustentable na provincia. En concreto, a institución provincial  destina 60.500 € para a elaboración do proxecto da Senda dos Faros, que conectará con sendas ciclistas 11 faros de Ferrolterra e Costa da Morte.

A CMAT participa na reunión dos xeodestinos con Turismo de Galicia no Gaiás

Durante o día de onte celebrouse unha xuntanza cos representantes dos Xeodestinos da Comunidade galega na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela, convocada por Turismo de Galicia. Na mesma estiveron como representantes da CMAT o seu presidente Juan José Blanco e Pablo Canosa secretario da mesma.

Comezo da "7ª Escola Ambiental de Senda Nova"

O pasado sábado, día 10 de novembro, máis de medio cento de persoas recibimos no Espazo da Natureza de Oza, as novas participantes da Escola Ambiental Senda Nova- Concello de Carballo, que acada xa a súa 7ª edición.

A CMAT reúnese en A Laracha para a revisión do Plan de Acción de Turismo da Costa da Morte.

A Xunta directiva da CMAT, reúniuse esta mañá no concello de A Laracha, para abordar como un dos principais temas a revisión do Plan de acción para o turismo de Costa da Morte que se está levando a cabo neste último trimestre do ano.

Nove locais formaran parte nesta fin de semana da ruta "Paiosaco sabe a tapas"

A primeira edición da ruta ‘Paiosaco sabe a tapas’ que se celebrará desde mañá venres e ata o domingo foi presentada hoxe no centro sociocultural de Paiosaco, nun acto no que participaron o alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, e representantes dos locais que formarán parte desta iniciativa.

A Deputación da Coruña acolle o primeiro encontro de concellos arredor do Anllóns

Os cinco alcaldes do territorio que atravesa o Río Anllóns reuníronse co responsábel da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, coa idea de dar os primeiros pasos de cara á elaboración dun proxecto de desenvolvemento turístico arredor do río. O "Proxecto Anllóns" será unha das iniciativas do Plan de Patrimonio da Deputación da Coruña.

Camariñas prepárase para unha "Fin de Semana dos Naufraxios" con propostas gastronómicas, culturais e turísticas

O Concello de Camariñas vivirá unha fin de semana repleta de propostas gastronómicas, culturais e turísticas. Do 9 ao 11 de novembro celébrase a Fin de Semana dos Naufraxios’, un evento que pretende reivindicar a historia do municipio a través de diferentes actividades. O acto central terá lugar o sábado, 10 de novembro, cando se celebrará o acto conmemorativo polo 128 aniversario da traxedia do "HMS Serpent", o cruceiro da Royal Navy que se afundiu en 1890 no corno da Punta do Boi deixando 173 vítimas. O Cemiterio dos Ingleses acollerá, a partir das 21 horas, unha representación teatral organizada polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña e a Real Liga Naval Española.

Ábrese o prazo para presentar webseries ao 6º Carballo Interplay

A sexta edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrará os días 3, 4, 5 e 6 de abril de 2019, abre a inscrición para que todas aquelas persoas que o desexen presenten as súas webseries ou proxectos de webserie á súa sección oficial, que repartirá máis de 5.000 euros en premios. Poden facelo dende hoxe mesmo e ata o 18 de febreiro a través da web www.carballointerplay.com, de xeito gratuíto.

Este outono, ás "sete no espazo"

Semana del 22-28 de octubre.  

Película (25 fuera): "Doli doli doli ... con conservadores. Registro de trabajo ". Producido por Uqui Permui. Duración: 1h. Sobre el papel de las mujeres en los conservatorios y sus condiciones de trabajo y derechos laborales en una de las industrias más características de Galicia y nuestra área. Conversación en Luscofusco (26 Out): "Recolección y almacenamiento de semillas" con Ramón Nogueira González. Sobre las metodologías para la conservación y uso de semillas en nuestro huerto.

Presentación do programa de actividades "Laxe Outono 2018"

A Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe presenta o programa de actividades que se enmarcan dentro do proxecto reLAXEse, para o cuarto trimestre deste ano 2018.

Facemos chegar os carteis cos que anunciamos as actividades do cuarto trimestre deste ano. Nelas recollemos un programa, completo e variado, pensado para os públicos máis diversos.

Xornada gratuita en Cee: Cómo millorar a experiencia do cliente en aloxamentos turísticos

Este mércores ás 17:00h terá lugar en Cee unha xornada gratuíta sobre como mellorar a experiencia do cliente en aloxamentos turísticos. Esta xornada está orientada a empresarios do sector turístico (servizos de aloxamento, restauración, hostalería, operadores transporte, actividades de ocio, etc) e público en xeral.

O cociñeiro Fernando Agrasar defende en Gastronomika a "autenticidade" como símbolo da gastronomía galega.

O propietario de As Garzas de Malpica participou na feira de San Sebastián no programa da Deputación da Coruña. Co título "Realismo Atlántico" o cociñeiro Fernando Agrasar participou este martes no programa oficial de San Sebastián Gastronomika, feira internacional en que se dan cita os principais nomes da gastronomía do mundo. O propietario de As Garzas de Malpica participou no espazo da Deputación da Coruña que por primeira vez asistía ao evento de promoción da cociña e o turismo gastronómico. 

Modulo formativo de mellora da competitividade da hostalaría e empresas turísticas da Costa da Morte.

¿Por qué profesionales del turismo de Costa da Morte no se pueden perder el curso?

O propio título do programa formativo o di. Para mellorar a competitividade das súas empresas a nivel gastrónomico e tamén a comunicación e comercialización dos seus produtos.

Marketing e Comercialización de actividades de turismo activo e deportivo.

¿Por qué os profesionais do turismo de Costa da Morte non poden faltar ao curso?

- Porque o turismo activo e deportivo é un nicho de mercado crecente, que está xa entre as tres principais motivacións para viaxar entre os turistas extranxeiros que visitan España, e xera ingresos anuais de 12.500 millóns de euros. Tanto os eventos deportivos como as actividades deportivas máis practicadas durante os períodos vacacionais teñen un importante impacto económico nos territorios nos que se desenvolven; presentando ademáis dúas características de especial interés para todo o sector turístico: os turistas deportistas teñen unha maior estancia media que o turista convencional, e además é un turismo claramente desestacionalizador. E Costa da Morte, debido aos seus recursos naturais privilexiados, presenta grandes posibilidades de desenvolvemento neste ámbito, tal e como demostra o crecemento na cantidade e calidade das actividades e eventos organizados nos últimos anos, e na participación e repercusión que están obtendo. Coñeceremos exemplos exitosos e ferramentas prácticas que nos axuden a obter un mellor aproveitamento destas actividades e a incrementar a captación destes segmentos espacíficos de turistas, tanto a nivel empresa como destino.

Modulo formativo sobre inglés básico e avanzado

¿Por qué os profesionais do turismo de Costa da Morte non se poden perder o curso?

- Porque sen comunicación non hai venta e o inglés é hoxe a lingua universal. Ante un perfil viaxeiro más variado cada día, adquirir unhas nocións básicas de inglés adaptadas ao noso negocia é unha ferramenta tan básica e necesaria como calquera outro aspecto fundamental do servizo hostaleiro

Abrese o prazo para as inscricións nos cursos do programa de mellora da competitividade do sector turístico de Costa da Morte 2018

A partir de hoxe, está aberto o prazo para solicitar a inscrición nos diferentes cursos que conforman o Programa de Mellora da Competitividade do sector turístico de Costa da Morte 2018. Este ano, a CMAT e a Deputación da Coruña, traballaron no deseño de módulos adaptados a 4 prioridades:

Os cabalos de competición volven aos camiños de Mazaricos

O vindeiro sábado, 6 de outubro, ás nove da mañá os xinetes volverán percorrer os camiños de Mazaricos. A terceira edición do Raid Ecuestre volve ao Concello. De novo as persoas curiosas poderán achegarse ao multiusos da Picota a contemplar o uso da auga e as masaxes dispensadas aos equinos para rebaixar as súas pulsacións. A proba puntúa para a Copa Federación Hípica Galega.

O Concello de Vimianzo valora o I Simposio sobre o Castelo como un éxito rotundo

Manuel Antelo, alcalde do Concello de Vimianzo, valora o I Simposio sobre o Castelo de Vimianzo que se desenvolveu durante a pasada fin de semana como un éxito rotundo xa que participaron ao redor dun cento de persoas, os especialistas explicaron a historia do Castelo, alumeando algunhas zonas escuras e presentouselle á cidadanía o proxecto de futuro para a fortaleza.

Comeza unha nova edición do FIOT 2018

O FIOT arrincará mañá cun espectáculo infantil e despedirase cunha comedia local, que promete ser desternillante. Este FIOT terá as súas estreas en Galicia, da man da colaboración entre A_Abdución e Buxam Producións e da unión de tres compañías, belga, catalá e madrileña.

A Grande Orde Gastronómica da Costa da Morte renovou a súa directiva.

Nunha xuntanza desenvolvida en Vimianzo no día de onte a Gran Orde Gastronómica da Costa da Morte renovou a súa directiva.Como presidente foi elixido Manuel Antelo Pazos. Acompáñano na Directiva, Rosa Sánchez Martínez como Vicepresidenta, Julián Prieto Valdés, como secretario, Pepe Blanco Alborés, como tesoureiro, e Pablo Aller, Pepe Formoso e Manuel Mouzo como vogais. Como Presidente de honor foi elixido José M. Pato.

Inaugurado o programa de mellora da competitividade do sector turístico de Costa da Morte.

O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido e o director do MELGA, Ricardo Pérez, foron os encargados de dar o pistoletazo de saída a este programa de formación do sector turístico da Costa da Morte. O curso de Interpretación, Marketing e novas tecnoloxías aplicadas ao Turismo natural e Cultural foi o que abriu o programa formativo deseñado pola CMAT e ca subvenció da Deputación de A Coruña, para este último trimestre do exercicio 2018. Fontes da CMAT destacan: “ o fantástico exemplo de colaboración entre os organismos, agradecendo ao MELGA a difusión do curso e a resposta as solicitudes de inscrición de todos os interesados”. Nesta primeira xornada formativa participaron María Elvira Lezcano González, doutora en Humanidades, licenciada en Historia da arte e diplomada en turismo,   profesora da UDC no Grao e o Posgrao de Turismo, e a relatora Cristina Collazo que introduciron os aspectos da interpretación do patrimonio como ferramenta fundamental para a comunicación co público visitante dos lugares de interese patrimonial e a mellora do coñecemento do patrimonio natural e cultural do xeodestino.

O proxecto de branding Bela Fisterra Hotel representará a España na BID 18

O proxecto de branding Bela Fisterra Hotel acaba de ser seleccionado como representante de España na Bienal Iberoamericana de Deseño (BID 18) organizada pola Fundación Diseño Madrid. Os seus autores son Xosé Teiga, studio, unha recoñecida e multi premiada empresa galega experta en branding corporativo que acumula xa máis de 180 premios internacionais e nacionais sendo a empresa de Branding, Deseño e Publicidade máis premiada de Galicia e unha das mais premiadas de España: www.xoseteiga.com.

Horario invernal para as visitas guiadas a Dombate

Comeza o horario de inverno nas visitas guiadas ao Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate: faranse de venres a domingo, de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 18.30. Os venres pasarán a ser os días para os centros educativos, aínda que se os guías teñen dispoñibilidade as excursións poderán atenderse calquera xornada previa cita. Este próximo domingo, ás 18.00, chegarán varios xornalistas europeos acompañados polos trasnos de Ou Camiño dous Faros. O 26 acudirá a Dombate unha axencia de viaxes con 40 visitantes de Córdoba e, para outubro, está previsto o desprazamento de alumnos do colexio Milladoiro de Malpica e da Santa María do Mar da Coruña.

Comeza o horario de tempada baixa nas Torres do Allo.

Este pasado domingo 16 de setembro pechou a tempada alta no pazo máis antigo de Galicia. Un precioso concerto do dúo folk Caamaño-Ameixeiras serviu como colofón final a un verán histórico nas Torres do Allo. Máis de cen persoas acudiron á convocatorio da Concellería de Cultura de Zas para dar por finalizada a tempada alta no pazo do Allo. A partir desta semana, dende este luns 17 de setembro e ata o 15 de xuño do ano que vén (salvo Semana Santa), o monumento das Torres do Allo abrirá os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 da mañá a 19:00 da tarde. As visitas guiadas gratuítas seguirán sendo á 13:00 e ás 17:00; non é necesario facer reserva.

A Cmat comeza a semana ca presentación do seu Plan Formativo e a celebración dunha mesa de traballo en Cabana de Bergantiños.

Este luns, a CMAT presentou, no salón de plenos do Concello de Cabana de Bergantiños, Plan Formativo para o último trimestre do ano. A continuación celebrouse a mesa de traballo dentro do marco do proxecto de “Actualización e Mellora das experiencias de turismo activo e turismo cultural de Costa da Morte”, cofinanciado pola Axencia de Turismo de Galicia.

A CMAT convoca mesas de traballo con concellos e empresas turísticas para o deseño de experiencias turísticas que dean a coñecer a Costa da Morte.

Os días luns 17 e martes 18 de setembro, en horario de 11:00 a 13:00h, a CMAT organiza mesas de traballo público-privadas para presentar os avances dos traballos realizados no marco do proxecto de “Actualización e Mellora das experiencias de turismo activo e turismo cultural de Costa da Morte”, cofinanciado pola Axencia de Turismo de Galicia.

A Oficina de Información Turística de Caión atendeu a máis de 400 consultas durante o verán.

A Oficina Municipal de Información Turística (OMIT) do Concello da Laracha vén de elaborar o seu informe da actividade realizada desde finais do mes de xuño -no inicio da temporada de verán- e ata o remate das Festas dos Milagres, é dicir, as datas nas que finaliza a temporada alta de presenza de visitantes na vila en particular e no municipio en xeral. Dito informe reflicte o perfil das persoas que fixeron uso deste servizo municipal durante ese período.

Continúan as actividades nas Torres do Allo

O conxunto etnográfico do Allo ofrece moitas e variadas opcións de visita para esta fin de semana:

Visitas Guiadas: Todos os días ás 13h. e 17h. Onde descubrir da man de guías expertos o lugar no que o tempo parouse dende fai catrocentos e que agora conserva a nosa historia, etnografía e natureza de forma única.

A Deputación da Coruña apoia a Costa da Morte como destino turístico de calidade

A Costa da Morte é un xeodestino de especial interese para a Deputación da Coruña e iso ficou á vista na intervención do deputado de Turismo, Xosé Regueira, nas xornadas organizadas polo Grupo Desenvolvemento Rural Costa da Morte que se desenvolven en Vimianzo e Malpica de Bergantiños. 

Mazaricos acondicionou o mirador desde o que o Pai Sarmiento describiu a comarca

Durante as súas viaxes a Galicia, o sobradamente coñecido Padre Sarmiento foi tomando notas do seu percorrido. A súa incursión máis importante foi no 1975, nunha ruta na que pasou pola parroquia mazaricá de Arcos. Concretamente, desde o Enxilde, fai a seguinte descrición:

Case 400 fotografías presentadas ao II Concurso "Enfoques do Allo" dobrando a participación da primeira edición.

O pasado 20 de agosto pechábase o prazo para enviar arquivos ao II Concurso de Fotografía co Móbil "Enfoques do Allo". Un certame de fotografía que escolle a mellor instantánea realizada cun teléfono móbil no monumento das Torres do Allo e o seu contorno. Púxose en marcha por primeira vez o ano pasado cunha resposta formidable; pero nesta segunda edición recibíronse 390 imaxes de altísima calidade de 90 persoas diferentes, o que duplica practicamente a participación do 2018.

Naufragio de Laxe 2018

16/08/2018

O Naufraxio é unha homenaxe que as xentes do mar de Laxe lle fan á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros, pola súa protección e axuda durante todo o ano. A celebración realízase anualmente dende que foi instaurada no ano 1962 por Avelino Lema Santos, mariñeiro de Laxe supervivente a tres naufraxios. Acompáñanos cada 17 de Agosto para celebrar unha festa única!

A Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe presenta unha nova web de turismo.

Este martes 14 de agosto ás 12.00 horas presentarase a nova web de turismo de Laxe. Será nun acto público no Museo do Mar. Trátase dunha web actual, moderna e dinámica, especialmente pensada para cubrir as necesidades e expectativas das persoas que nos visitan. A imaxe, e o vídeo son as bases documentais principais, a través das cales coñecer os principais aspectos e recursos turísticos deste Municipio.Cabe destacar tamén unha nova opción, que permitirá que as persoas usuarias descargen directamente os folletos turísticos, desde un apartado abilitado ó efecto. A URL súmase ó dominio .gal e será compatible con distintos dispositivos móviles. Desde mañán día 14 estará dispoñible na dirección www.turismolaxe.gal.

A CMAT lamenta profundamente o pasamento do xornalista Jesús Trillo

A Xunta directiva da CMAT lamenta profundamente o pasamento de Xesús Trillo, xornalista e empresario turístico, durante anos delegado do Correo Galego en Costa da Morte. Impulsor da asociación Muxía Turismo Rural, destacar o seu compromiso con Costa da Morte, a súa gran profesionalidade e a súa contribución ao desenvolvemento socioeconómico do geodestino a traves do turismo.

Torres do Allo bate de novo récord de visitantes en xullo cun 50% más.

Mentres a tendencia de afluencia turística deste 2018 parece máis discreta que no ano anterior, o monumento do Concello de Zas vén de superar por moito as cifras de visitantes do pasado 2017. Son xa máis de 4.000 persoas as que se achegaron a coñecer o pazo e a súa contorna dende o 1 de xaneiro ata o 31 de xullo e realizaron algunha das súas actividades. Un dato que supera os visitantes de todo o ano 2015 ou 2016.

A Deputación da Coruña apoia con 80.000 euros a XXXV Mostra da Olería de Buño

O deputado de promoción económica e emprego, José Luis García, e o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga Veiga, asinaron hoxe un convenio de colaboración mediante o cal a institución provincial achega o 80% do orzamento do total do evento. A achega da Deputación destínase aos gastos en publicidade, material gráfico, alugueiro das carpas, dos espazos expositivos e das actividades que se levan a cabo

O Concello de Carballo investirá case 100.000 euros ao ano para formar a 15 profesionais da cociña

Onte finalizou o prazo de inscrición para a Escola de Hostalaría do Concello de Carballo, e hai 52 candidatos/as a formar parte da primeira promoción de profesionais da cociña formados cun programa propio e específico, adaptado ás necesidades laborais do sector e financiado exclusivamente con fondos municipais. Entre os/as aspirantes figuran unha parte das 36 persoas que aprobaron o primeiro e único exame celebrado no proceso anterior (algunhas renunciaron), e que agora só terán que realizar a entrevista e a proba práctica. As datas dos exames comunicaranse nas vindeiras semanas.

A Laracha de Tapas volverá en agosto

A Laracha de tapas volverá na fin de semana do venres 10 ao domingo 12 de agosto coa cuarta edición deste certame que o Concello organiza na véspera das Festas Patronais da Laracha co obxectivo esencial de dinamizar o tecido comercial e hostaleiro do municipio, ademais de poñer e valor os produtos locais e o sector da restauración. O Concello da Laracha realizou unha campaña para informar individualmente a todos os establecementos hostaleiros da capital municipal sobre a posibilidade de apuntarse e participar no evento. Unha vez finalizado o prazo, son doce os establecementos que formarán parte desta iniciativa.

A Semana Cultural inclúe dúas rutas para coñecer o patrimonio arqueolóxico de Zas

Durante os próximos días haberá citas para todos os públicos en Zas como teatro, monólogos, exposicións, obradoiros… e dous roteiros a través dos cales coñecer a riqueza arqueolóxica do noso municipio. A primeria destas rutas será este martes, 31 de xullo. Acompañados dun guía, os participantes farán un percorrido por varios puntos do municipio de Zas que agochan distintos xacementos arqueolóxicos. A primeira parada será Pedra Vixía, onde se atopan os restos do dolmen da Pedra da Moura. Logo un autobús desprazará aos participantes ata a parroquia de Muíño, onde se atopa a Arca da Piosa; un dos monumentos megalíticos de maior recoñecemento de toda Galicia e que inspirou a Eduardo Pondal quen viu nesta anta a tumba de Brandomil, un dos seus míticos guerreiros celtas da antiga Galicia. Unha vez visitado o monumento megalítico e despois de coñecer parte da súa historia, os visitantes desprazaranse novamente en bus ata Brandomil para coñecer máis polo miúdo a ponte, o castro e os restos romanos que se atopan nesta vila. A saída será ás 15:30 horas dende o Centro Sociocultural de Zas e aconséllase levar calzado axeitado xa que se realizarán pequenas camiñatas.

O Camiño de Santiago Fisterra- Muxía con Correos

Correos promociona o Camiño a Fisterra e Muxía cun mapa ilustrado e editado en varios idiomas. Esta ruta do Camiño de Santiago ten á capital de Galicia non como destino, se non como punto de partida cara ao cabo Fisterra e o Santuario dá Virxe dá Barca de Muxía. O Códice Calixtino sinala que discípulos do Apóstolo viaxaron a Dugium, actual Fisterra, en procura da autorización romana para poder enterralo en Compostela. Xa no século IX, cando se descubriu o sepulcro, moitos peregrinos continuaban a súa camiñada ata a Costa da Morte.

Mercado Medieval de Corcubión

Cumpre 18 anos o Mercado Medieval Costa da Morte. cumpre 18 anos nesta edición. Moitas novidades non Mercado,non que vos s puntos fortes desenvolveranse na praia de Quenxe , ou venres co Desembarco, e ou sábado co Torneo Medieval, que aínda se podería repetir ou domingo. Todo parece ensamblarse para que esta sexa, senón a mellor, si una das mellores edicións do Mercado Medieval de Corcubión. Este ano é o da maioría de idade -van 18 edicións- e, ademais, importante, recupérase a recreación do Desembarco, peza crave que distingue a esta cita. Chegou o día. Esta tarde empeza todo. Arrinca ás 18.00 horas. Este non é un mercado facilmente substituíble, sen nutrientes, senón baseado nun feito histórico certeiro: o desembarco das tropas do arcebispo Rodrigo de Lúa na localidade a mediados do século XV, no ano 1457.

XXVII Carreira das Areas do Concello de Carnota

Xa está aberto o prazo de inscrición da XXVII Carreira das Areas do Concello de Carnota, a 8º proba incluída no V Circuíto Correndo pola Costa da Morte. A data elixida este ano é o día 26 de agosto. A meta estará colocada na Praza de Galicia, de onde sairán todas aquelas persoas que desexen participar nesta peculiar proba. Na competición poden participar tanto nenos (dende os 3 anos) como adultos. As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com ata o mércores 22 de agosto ás 23:59 h. A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna, segundo o modelo establecido pola organización. O dito modelo poderase descargar na páxina web www.championchipnorte.com e tamén estará á vosa disposición no Departamento de Deportes do Concello de Carnota.

Superados os 200 inscritos para a III Carreira Popular do Apostolo de Vilaño - A Laracha.

Avanzan a moi bo ritmo as inscripcións para participar na segunda edición da Carreira Popular do Apóstolo, que a Asociación Adro de Vilaño organiza no concello larachés, xunto con unha Andaina Saudable e Solidaria en beneficio de Cáritas. O evento será o sábado 21 de xullo en horario de tarde e as inscripcións permaneceran abertas ata o 18 de xullo. Os interesados poden facer efectivas as inscripcións na web www.carreirasgalegas.com ou ben de forma presencial nas oficinas do Concello da Laracha (2º andar) ou na Piscina Municipal. A cuota é de 5 euros para as categorías absolutas e gratis para os menores de idade, incluindo para todos eles unha camiseta conmemorativa do evento.

Charla Informativa sobre as subvencións da Deputación da Coruña na Casa da Cultura de Cee

A casa da Cultura de Cee acolle pasado mañán xoves,  ás 20:00 horas unha charla informativa sobre as subvencións da Deputación organizada pola agrupación provincial do PSdeG-PSOE. Nesta charla intervirán a voceira socialista en Cee, Margot Lamela Louzán, e Jessica Lago, técnica da Deputación da Coruña.

Mazachef e o III Campus de Fútbol, propostas para as nenas e nenos en Mazaricos

O Concello organiza dúas actividades, a maiores do campamento que xa se está a desenvolver para que as nenas e nenos de Mazaricos teñan un verán divertido e as súas familias poidan conciliar. Por unha parte, chega o III Campus de Fútbol. Os técnicos de deporte do Concello agardan que o éxito das dúas anteriores convocatorias se repita este ano. As inscricións faranse no 981 86 71 04 en horario de 08.00h. a 14.00h. A actividade será do 23 ao 31 de xullo. Poden anotarse nenas e nenos de Mazaricos e tamén doutros concellos.

A Deputación da Coruña inviste 200.000 euros na adquisición de furgonetas para sete clubs de remo e piragüismo, entre eles o de Dumbría.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, e os deputados/as provinciais Ánxela Franco, José Manuel Pequeño e Ángel García Seoane, participaron o pasado venres na Coruña no acto de entrega de vehículos a sete clubes de remo e piragüismo da provincia. A deputación da Coruña investiu 200.000 euros na adquisición de furgonetas para sete clubs de remo e piragüismo da provincia,  entre eles o Club Deportivo Municipal de Piragüismo de Dumbría. 

Verán activo en Laxe

A Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe presenta o programa de actividades que se enmarcan dentro do proxecto reLAXEse, para o terceiro trimestre deste ano 2018. Esta Concellería considera que o deporte é en si mesmo un valor diferenciador que permite ofrecer un programa de ocio atractivo para o visitante. Con esa intención presentamos un completo programa de actividades deportivas para este verán 2018. Todas elas enmarcadas no título “Verán activo”. As actividades están dirixidas a persoas maiores de 18 anos, pois para os menores existe xa un programa específico na Concellería de Deportes. Todas as actividades son de balde para os participantes.

Volve o concurso de fotografía co móbil "Enfoques do Allo"

Tralo éxito de participación acadado o ano pasado con esta actividade, con máis de trescentas instantáneas recibidas, o Concello de Zas reedita o certame tamén neste 2018. O II Concurso de Fotografía co Móbil "Enfoques do Allo" abriu este pasado domingo 1 de xullo o prazo de recepción de fotografías que concluirá o 20 de agosto.

Verán en Cabana de Bergantiños

Chega o verán a Cabana de Bergantiños, durante todo o mes de xullo os nenos e nenas de 4 a 12 anos poden participar no programa meniñeiro-conciliación que se realiza entre as 10:00 e as 14:00 horas. Tamén será estes días, do 6 ao 9 de xullo, a viaxe de irmanamento a Traize-Sptiers, en Francia. A praza de Neaño acolle este domingo, día 8, un festival de baile tradicional no que participara o grupo Inllar.

"Veran Cultural" en Carballo

O Verán Cultural enche os meses de xullo e agosto dunha ampla oferta de espectáculos que teñen lugar cunha periodicidade case diaria. Está organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Carballo en colaboración con diversas entidades.Inclúe proxeccións de cinema ao aire libre coas "Noites de cine", teatro, espectáculos infantís e, sobre todo, concertos de importantes artistas e grupos da maior repercusión e proxección nos escenarios galegos, música tradicional galega, danza, música internacional, pop, rock, fusión, jazz, gospel, etc. Os concertos son sempre de balde e teñen lugar na Praza do Concello todos os venres.O Verán Cultural inclúe o Festival Sereas e Piratas, de pop-rock, organizado pola Asociación Cultural Rebeldía e que ten lugar na praia de Razo no mes de xullo. Despois dunha década, tense convertido nunha cita tradicional para a música alternativa feita en Galicia.

Este fin de semana comeza o Gran Fondo Ézaro 2018

O Gran Fondo Ézaro é unha proba ciclista popular que ten lugar dentro do incomparable marco da Costa da Morte, unha zona de Galicia que constitúe un atractivo internacional tanto polos seus valores paisaxísticos e culturais como pola súa capacidade de atracción de visitantes e peregrinos. O percorrido da edición 2018 ampliou os seus horizontes e transcorrerá ao longo dos concellos de Dumbría, Muxía, Muros, Cee, Carnota e Mazaricos, unha ruta que suma 141 quilómetros con 3.000 metros de desnivel acumulado. Máis de 1.200 ciclistas (a mellor marca dende a creación dá proba) protagonizarán este domingo 8 de xullo unha dás citas deportivas máis importantes do verán. Entre eles atoparemos grandes nomes como Mariano Lejarreta, Carlos Xastre, Javi Gómez Noya ou Iván Raña. Chega o Gran Fondo Ézaro 2018, a única proba en España na lista dá UCI Gran Fondo World Series.

O "Asalto ao Castelo" celebra os 550 anos do histórico ataque

Achégase o verán e con el, o calor do lume dos fachos da revolta do Asalto ao Castelo de Vimianzo. A súa vixésimoterceira edición celebrarase o sábado 7 de xullo, cunha semana de actividades previas nas que non falta a música, o teatro, a gastronomía e mesmo o deporte.

As grandes máquinas de labranza volven a Mazaricos

A maquinaria agrícola volve ao Concello. Desta volta será o 14 e o 15 de xullo no multiusos da Picota. Así esta segunda edición da Xuntanza de Maquinaria Agrícola de Mazaricos (Xumagra) afonda na tradición agrogandeira do Concello. Para o alcalde, Juan José Blanco Riveiro “esta convocatoria xa é unha parada indispensable cara o evento do ano no noso Concello, a Semana Gandeira”.

As Torres do Allo reciben aos Premios Fouciño coa proxección do filme “Historia dun Satélite”

O día grande dos Premios Fouciño xa está á volta da esquina! Este sábado, Baio será un punto de referencia para o sector audiovisual galego e para a música alternativa. Pero antes temos que abrirlle as portas a esta terceira edición deste festival de cinema organizado polo Concello de Zas. Iso será mañá, venres, nas Torres do Allo a partir das 21:00 horas nun acto aberto a todo o público.

Arrinca o "Veran ao Natural" de Senda Nova.

Un ano máis, Senda Nova pon todo o seu o esforzo cara a adaptación ao medio e á climatoloxía que  ofrece a posibilidade de achegarnos ao medio con visións diferentes e dende perspectivas que cambian de paisaxes e levan a coñecer outros ecosistemas. O obxectivo é achegarse dun xeito máis profundo á realidade natural. Fanno dende accións abertas a todos e todas pero limitadas en participacións para adaptarse aos obxectivos da propia acción e á sensibilidade do medio. Neste ano 2018 farán un repaso por unha  xeira de diferentes propostas nun total de seis actividades organizadas por Senda Nova e unha máis pola Plataforma en defensa de Monte Neme. Deste modo o VERÁN AO NATURAL 18 convértese no verán con máis actividade de todos cantos levan feito, unha clara mostra do compromiso e traballo dos voluntari@s da asociación e da mellora en canto a material e instalacións, o que permite aumentar tamén o catálogo de actividades.

A CMAT forma parte dunha mesa de traballo para definir o Plan de Turismo Enogastronómico de Galicia.

A CMAT participou nunha mesa de traballo, celebrada onte, na Cofraría de pescadores de Fisterra e que tivo como esencia o debate sobre  o Plan de Turismo Enogastrico de Galicia que impulsa a Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia. A nosa Comunidade Autónoma conta cun enorme potencial neste eido: máis de 300 festas gastronómicas, 11 restaurantes Estrela Michelin, 37 Soles Repsol en 25 restaurantes e máis de 50 restaurantes que foron certificados no ano pasado coa “Q de Calidade Turística”, o que supón que un 18% dos establecementos de restauración de España, con este recoñecemento, son galegos.

A CMAT estará presente na II Feira Nautica de Camariñas con catro stands e unha mesa redonda sobre turismo sostible.

Este próximo fin de semana de 22, 23 e 24 de xuño, o mundo naútico terá o seu punto de encontro en Camariñas.A II Feira Náutica de Camariñas que se se inaugurará este próximo venres, 22 de xuño, ás 11,15 h. A CMAT colabora que organización do evento apostando por unha maior promoción deste tipo de actividades na Costa da Morte. Durante o mesmo a CMAT disporá de catro casetas con información e material turístico do xeodestino Costa da Morte, contando que indispensable colaboura dos concellos de Costa da Morte e outras entidades locais.

"REFLEXOS DE DUMBRÍA", Presentación da Exposición Fotográfica de Santi Garrido.

O vindeiro xoves, 21 de xuño ás 20:00 h., terá lugar nas instalacións municipais do Conco a presentación da exposición fotográfica Reflexos de Dumbría. Trátase dunha pequena recopilación das moitas imaxes que Santiago Garrido, xornalista de La Voz de Galicia, ten feito do noso concello. A través destas fotografías, Santiago, ben seguro, vainos sorprender e descubrir recunchos da nosa terra descoñecidos para moitos. Vainos sorprender con reflexos da Dumbría máis coñecida e tamén nos descubrirá unha gran descoñecida, amosándonola tal e como é, sen adornos nin filigranas, natural.

Comezou a tempada de baño en Caión

A temporada de baño na praia de Caión comezou co izado da bandeira azul que ondeará no areal durante todo o verán. Participaron no acto o alcalde, José Manuel López Varela, o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, a presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, Nuria Rodríguez, e membros do equipo de salvamento e socorrismo da praia de Caión.

As Torres do Allo abrirán tódolos días a partir deste venres 15 de xuño

Comeza a tempada alta no primeiro pazo de Galicia. A partir deste venres 15 de xuño e ata o 15 de setembro, o monumento do Concello de Zas abrirá tódolos días. Deluns a venres o horario será de 11:00 da mañá a 20:00 da tarde; e o sábado e domingo permanecerá aberto ata as 21:00 horas. Haberávisitas guiadas gratuítas tódolos días á 13:00 e ás 17:00 que terán unha duración aproximada de 50 minutos e nas que se poderá coñecer a historia completa do pazo dende o século XV ata a actualidade, e visitar a contorna chea de encantos como a carballeira centenaria de Vítor López-Seoane, a capela de San Pedro do Allo, a fonte milagreira de San Ramón, as Casas do Curro e o pombal, os hórreos, ect...

A Laracha galardoada con tres bandeiras azuis

Onte celebrouse na cidade da Coruña o acto de entrega das Bandeiras Azuis 2018. O alcalde, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, asistiron en representación do Concello da Laracha e recolleron os tres galardóns concedidos por ADEAC:

O "Naufraxio" de Laxe estivo presente en FESTUR

O Concello de Laxe participou coa celebración do “Naufraxio” na 5ª edición da Feira de Festas de Interese Turístico “Festur” que se celebrou do 7 ó 10 de xuño no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda. Festur, é un escaparate da oferta de festas distinguidas polo seu interese turístico, polo que a Concellería de Turismo de Laxe apostou por dinamizar o atractivo da celebración do Naufraxio de Laxe, cun stand propio. O Alcalde e o Concelleiro de Laxe asistiron ó auto inaugural que tivo lugar o xoves 7 de xuño ás 16.30 horas no recinto feiral.

A 35º edición da Carballeira de Zas chega máis folk que nunca

Hoxe presentouse oficialmente o cartel e as novidades da 35ª Edición da Carballeira de Zas, cita obrigada para todos os amantes do folk celebrado na primeira fin de semana de agosto (venres 3 e sábado 4). A presentación fíxose da man da Vicepresidenta e Responsable da área de Cultura da Deputación de A Coruña, Goretti Sanmartín, o alcalde de Zas, Manuel Muíño, o Director do Festival, Fidel Otero e o responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia Víctor Mantiñán. Sanmartín resaltou “a importancia deste festival de referencia con gran presenza de música galega que se funde co entorno natural”, así como “a superación e esforzo por ter un cartel mellor cada ano”. A súa vez, o director do festival, Fidel Otero, confirmou que este ano o festival volve máis folk que nunca.

Torres do Allo supera os 2.000 visitantes dende comezos de ano

As Torres do Allo continúa batendo récords de público mes a mes. En maio foron máis de 700 as persoas que visitaron o monumento e realizaron algunha das súas actividades especiais. Isto supón un incremento de máis do 70% con respecto do mes de maio do ano anterior. En total son 2.126 as persoas visitantes dende comezos de ano ata este 1 de xuño. Un incremento certamente espectacular respecto do 2017 no que se rexistrou un acumulado de 1.637 persoas; e aínda máis con respecto do 2016, no que o acumulado era de 765 persoas. Polo tanto falamos dun incremento acumulado do 30% e do 177% respectivamente.

Aberto o prazo de inscripción para as actividades de veran en Dumbría

Durante os meses de xullo e agosto desenvolverase o programa de actividades estivais adicadas a nenos e nenas a partir dos 5 anos. Polas mañás, entre as 11 e as  13 h, realizaranse actividades deportivas e culturais nas instalacións do Conco. Para participar débese entregar unhasolicitude  firmada pola nai, o pai, ou os titores, nas casas culturais ou nas oficinas municipais antes do 21 de xuño.

III Carreira Popular do Apostolo no Concello A Laracha

A Asociación Adro de Vilaño, vai a polo terceiro ano de vida con máis forzas que nunca e con un obxectivo claro, que é superar as cifras de participación da edición anterior. Cabe recordar que foron 700 os participantes neste evento deportivo na edición do 2017, polo que esperan acercarce un pouco máis aos 1000 para seguir consolidando esta proba como un referente deportivo no propio concello e na Costa da Morte.

A ruta de tapas "Caión a bocados" abre a tempada de veran.

A primeira edición da ruta de tapas ‘Caión a bocados’ presentouse hoxe no Arquivo da Pesca desa localidade costeira coa presenza de membros do goberno local do Concello da Laracha –organizador - e de representantes dos seis locais participantes nesta novidosa iniciativa coa que se abrirá a temporada de verán para os sectores turístico e hostaleiro.

Vimianzo e laxe xuntos por primeira vez nunha Mesa redonda sobre os Penedos de Pasarela e Traba

O venres 1 de xuño ás 20.00 horas no Museo do Mar de Laxe, mesa redonda titulada “Un impulso ó plan de conservación dos Penedos de Pasarela e Traba”. O proxecto turístico relaxese 2018 adica este segundo trimestre do ano a potenciar a cultura e a ciencia a través dunha serie de actividades vencelladas con esas temáticas. Unha das actividades programadas busca a posta en valor do macizo dos Penedos de Pasarela e Traba, xa oficialmente Declarados Paisaxe Protexida no ano 2009 pola Xunta de Galicia. Con este motivo, o venres 1 de xuño ás 20.00 horas, haberá unha mesa redonda no Museo do Mar de Laxe.

Ponteceso acollerá esta fin de semana a 17ª edición da "Volta Ciclista á Provincia da Coruña"

Os concellos de Ponteceso, Curtis e Cariño serán este ano as sedes centrais da 17ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña, que se disputará entre os días 1 e  3 de xuño e contará coa participación de máis dun centenar de ciclistas das categorías Élite e Sub-23, nas que se forxan as novas promesas desta disciplina deportiva antes de chegar ao ámbito profesional.  

O Concello de Mazaricos convida a produtos lácteos no Día Mundial do Leite

O 1 de xuño celébrase o Día Mundial do Leite. Para conmemoralo, o Concello convidará a produtos lácteos a quen se achegue polas oficinas municipais. Para tal fin, a vaca Mazarica estará nas dependencias municipais.

Actividades de verán Dumbría 2018

O Concello de Dumbría presenta e comeza coas actividades de Verán 2018, que este ano terán unha duración de 6 meses consecutivos. Aquí tes un verán de 6 meses, pensado para ti e para todos, 6 meses de verán sen pausa, 6 meses de actividades e eventos!! Para que desfrutes de todo o que che apeteza facer, probar, descubrir e compartir; imos realizar unha grande variedade de actividades: ciclismo, campionatos, eventos culturais e deportivos, actividades de verán no Conco, piscina, kaiak, torneos, viaxes, maxia, teatro, andainas, festas... e moitas sorpresas. Toda unha gran variedade para todos os públicos, para os veciños de Dumbría, e para que a xente de fóra tamén poida participar dos eventos e así descubran e vivan a Costa da Morte.

A cuarta edición do Rexenera Fest terá lugar do 23 de maio ao 3 de xuño.

A cuarta edición do Rexenera Fest terá lugar do 23 de maio ao 3 de xuño de 2018: Cinco muralistas deixarán candansúa obra para este crecente museo ao aire libre, ademais de seminarios, masterclass, microconferencias, música en directo e un roteiro guiado. Nesta edición os artistas e as artistas convidadas son Lula Goce (Galiza), Bosoletti (Arxentina), Daniel Muñóz “SAN” (Cáceres), Milu Correch (Arxentina) e Doa (Galiza).

Terra de Soneira asalta o castelo parroquia por parroquia

A organización do Asalto ao Castelo de Vimianzo fai un chamamento á veciñanza da Terra de Soneira para que participe na festa no desfile das Irmandades Parroquiais. Este terá lugar o sábado 7 de xullo á tarde, e para a súa realización son poucas as esixencias: compromiso, ir vestidos de irmandiños e ter ganas de pasalo ben. 

Visita da delegación do concello francés de La Turballe a Camariñas

Do 23 ao 28 de maio estará en Camariñas unha delegación do Concello francés de La Turballe. Preside esta delegación o alcalde de La Turballe Jean Pierre Blancherau e a presidenta Dominique Floc´h da asociación de irmandamento La Turballe Cap Camariñas. Dentro desta delegación tamén nos visitará unha embarcación que realiza o recorrido por mar ata o porto deportivo do Club Naútico do noso concello por primeira vez. 

A CMAT apoia a sinerxia empresarial do sector turístico da Costa da Morte.

Buceo Malpica propón unha visita de balde as Sisargas, o próximo domingo, para as empresas do sector turístico do xeodestino. A Cmat apoia as iniciativas que favorecen a cooperación entre empresas do sector turístico da Costa da Morte, a todas aquelas actividades que favorezan un mayor coñecemento e divulgación do patrimonio natural y cultural do  xeodestino. A concordancia entre as empresas do sector de cara a divulgar os recursos turísticos do destino, as actividades complementarias e as experiencias que se pueden disfrutar en todo o territorio é clave para ofrecer ósviaxeiros alternativas atractivas e de calidade.

A CMAT celebra a segunda mesa de traballo na Casa da Cultura de Cee.

Durante a mañá de onte desenvolveuse na Casa da Cultura de Cee a segunda das tres mesas de traballo que se teñen programado para este mes de maio por parte da CMAT (Costa da Morte Asociación de Turismo)para obter una resposta fidedigna por parte dos axentes implicados na redacción dun Plan de Turismo para a Costa da Morte. A mesa sectorial de Cee, contou cun aumento na sua participación sendo 10, os representates de entidades públicas e 17 de entes privados pertencentes a os concellos de Dumbría, Cee, Corcubión Fisterra, Carnota e Mazaricos. Tamén quixeron estar presentes coma entes supramunicipais o GALP “Costa Sostible”.

A 17ª edición da "Volta Ciclista" á Provincia da Coruña comeza en Ponteceso

Os concellos de Ponteceso, Curtis e Cariño serán este ano as sedes centrais da 17ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña, que se disputará entre os días 1 e  3 de xuño e contará coa participación de máis dun centenar de ciclistas das categorías Élite e Sub-23, nas que se forxan as novas promesas desta disciplina deportiva antes de chegar ao ámbito profesional.  

Comeza o Festiletras 2018

Chega unha nova edición, a 36ª, da máis gran festa das Letras Galegas de todo a Costa da Morte. A pequena aldea do Couto convertirase no epicentro cultural de Galicia entre os días 16 e 20 de maio. 5 días cheos de personalidades e de actividades para todos os públicos. Un deles adicado á internet, outro á ciencia e  outro ás Aldeas singulares, con ese encontro que fai da aldea pontecesá o foco de recuperación da vida no rural. Tanxugueiras, Sés, e Terbutalina son os nomes musicais que máis soan, pero ademais estarán xentes como o científico baiés Jorge Mira.

As Torres do Allo abrirán o xoves 17 de maio Día das Letras Galegas

Esta semana, o monumento máis visitado do Concello de Zas, recibirá a visita dos clubs de lectura do I.E.S. Fin do Camiño de Fisterra, o I.E.S. Agra de Raíces de Cee, e do I.E.S. Maximino Romero de Lema de Baio. Este último tamén visitará as Torres o vindeiro mércores cun grupo de 1º e 2º da ESO. Como parte do programa didáctico das Torres do Allo, que deu comezo a principios de mes, estudantes de toda a comarca achéganse ao pazo para coñecer a súa historia a través das visitas didácticas e gozar dun contorno bucólico participando nas actividades especiais deseñadas para eles.

A Deputación da Coruña confía a xestión do Dolmen de Dombate no Concello de Cabana de Bergantiños

A Deputación da Coruña e o Concello de Cabana de Bergantiños asinaron o convenio para a xestión de visitas do Dolmen de Dombate que inclúe un programa de actividades arredor do monumento. A área de Patrimonio, dirixida polo deputado Xesús Soto, continúa así co modelo que pon a xestión do patrimonio en mans dos concellos,

Carnota e Laxe acollerán este verán os cursos da campaña de vela da Deputación da Coruña

Os concellos Carnota e Laxe, acollerán este ano, os cursos da campaña de vela 2018 da Deputación da Coruña. Neles poderán participar rapaces e rapazas entre os 9 e os 18 anos, ambas idades incluídas, pertencentes ao ámbito comarcal de cada un dos concellos que serán sede da actividade.                      

A CMAT inaugura as súas mesas de traballo na Casa da Cultura de Vimianzo.

Durante a mañá de hoxe desenvolveuse a primeira das tres mesas de traballo que se teñen programado para este mes de maio por parte da CMAT (Costa da Morte Asociación de Turismo) para obter una resposta fidedigna por parte dos axentes implicados na redacción dun Plande Turismo para a Costa da Morte.

Novas actividades completan a oferta didáctica do Castelo de Vimianzo

Co obxectivo de completar e consolidar a oferta para público escolar con un amplo abano de propostas, o Castelo de Vimianzo – xestionado directamente dende o Goberno Municipal- presentaba o pasado venres, “Unha Visita Ilustrada”, ante a mirada curiosa de máis de 100 nenos e nenas, chegados das distintas escolas unitarias de Carballo.

A Deputación da Coruña confirma a mellora de xestión das Torres do Allo coa cesión ao Concello de Zas

O novo modelo de xestión do patrimonio que desde hai dous anos desenvolve a Deputación da Coruña confirma, segundo o responsábel, Xesús Soto, a mellora na difusión e promoción dos bens por parte dos concellos. Neste sentido, Deputación e Concello de Zas volveron a asinar o convenio de colaboración que continúa co labor de promocionar un monumento de referencia na Costa da Morte.

Turismo de Galicia acorda a firma do convenio plurianual ca CMAT cunha dotación de 150.000 euros.

O Consello da Xunta de Galicia autorizou a pasada semana unha subvención de 150.000 euros para a CMAT. Turismo de Galicia asina un convenio plurianual de colaboración coa CMAT para que esta entidade realice actividades de valoración dos recursos do xeodestino Costa da Morte.

A CMAT realiza unha enquisa para desenvolver o "Plan de Acción Turística".

A CMAT, coa asistencia técnica de C&S Consulting Services, estamos a realizar o Plan de Acción de Turismo da Costa da Morte para os próximos anos e necesitamos coñecer o seu punto de vista para que entre todos impulsemos a Costa da Morte como destino turístico.

Ultra Trail "Costa da Morte" 2018

A Ultra Trail Costa da Morte é unha proba de trail running de longa distancia dividida en 7 etapas. Ultras hai moitas e queremos facer algo totalmente diferente. Desde hai un tempo existen as probas por etapas. Hai anos naceron as míticas Marathon deas Sabres, Transalpine Run e outras. Os seus custos e loxística desaniman, en moito casos, á participación.

A CMAT celebrou unha reunión co sector de mergullo e de ocio naútico para a participación conxunta no proxecto WAOH! Route.

A CMAT celebrou onte unha reunión no salón de plenos do Concello de Fisterra con distintas empresas de mergullo e turismo naútico. A mesma tamén acudiron distintos representantes da Administración, os alcaldes de Laxe e Fisterra e a tenente alcalde de Corcubión e distintas asociacións da Costa da Morte.

O 9º Autocross Concello de Carballo abre o calendario autonómico coa inscrición máis alta dos últimos anos

Co  9° Autocross Concello de Carballo comeza este sábado no Circuíto Municipal de Bértoa, organizado pola escudería local Máis Motor, o campionato galego da especialidade. Será a primeira das dúas citas do calendario autonómico que se disputen na nosa vila; pola seguinte teremos que agardar ata o 29 e 30 de setembro. 64 pilotos, entre eles os mellores condutores da comarca, loitarán polo triunfo nas catro categorías en competición: 14 na categoría de -1.600 c.c., 15 na de +1.600, 31 en carcross e 4 na de 4x4.

O Concello de Vimianzo participa na feira BTravel

 

O Concello de Vimianzo participou no día de hoxe na feira Btravel que se desenvolve en Barcelona convidado poa Deputación da Coruña. A dita feira é a máis importante a nivel internacional no que a turismo de experiencias se refire.

O VI Circuíto provincial de carreiras populares “Deputación da Coruña” chega a 10 concellos da Costa da Morte

Vimianzo acolle unha das primeiras carreiras este domingo 22 de abril. Un total de 30 concellos da provincia da Coruña acollerán, ao longo do presente ano, outras tantas carreiras incluídas dentro da VI edición do Circuíto de carreiras populares “Deputación da Coruña”, organizado pola área de Deportes da institución provincial en colaboración coa Federación Galega de Atletismo.

A CMAT convoca una mesa de traballo sectorial co obxectivo de incluir Costa da Morte na WAOH! Route.

 

A reunión realizarase con data Venres  27 de Abril de 11:00 A 13:00H no Salón de Plenos do Concello de Fisterra. O pasado martes 3 de abril, a CMAT participou na xornada de traballo do proxecto europeo “Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route” (WAOH! Route), no que Turismo de Galicia é socio xunto a outras entidades europeas. O obxecto do proxecto é crear unha marca atlántica de turismo de mergullo sostible.  Aínda que a actividade principal é o mergullo, tamén incluirán outras actividades náuticas e/ou realizadas no litoral (rutas en barco, surf, avistamento de cetáceos...).

A Deputación mellora as estradas provinciais de Malpica e Ponteceso

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar o anuncio de aprobación do Plan de Conservación de Vías Provinciais 2018, que afectan neste caso aos concellos de Malpica e Ponteceso. A institución provincial inviste 369.090,27 euros para financiar as actuacións que se levarán a cabo na DP 4307. En concreto, procederase á limpeza das beirarrúas e beiravías por ambas marxes nos tramos considerados.

Vimianzo celebra esta semana o Día dos Monumentos e Sitios

O día 18 de abril celébrase o Día Internacional dos Monumentos e Sitios, designado pola UNESCO. Unha xornada para concienciar sobre a diversidade do patrimonio en todo o mundo e os esforzos necesarios para protexelo e conservalo, e destacar a súa vulnerabilidade.

O Concello de Zas pon en marcha nas Torres do Allo un programa didáctico dirixido a centros educativos

O vindeiro mes de maio arrincan as actividades escolares propias das Torres do Allo con visitas didácticas e obradoiros para cada ciclo. Tódolos venres o Pazo do Allo estará aberto para que os centros escolares poidan visitalo con reserva previa.

Senda Nova pon en marcha unha nova edición dos seus "Xoves de Filme"

Seguindo co obxectivo de resaltar os valores ecolóxicos e culturais da bisbarra a través de documentais, a Asociación Senda Nova pon en marcha unha nova xeira do xa coñecido programa XOVES DE FILME.

Onte inaugurouse a nova oficina do Camiño de Santiago-Fisterra-Muxía

Este novo punto de información é froito da colaboración e o apoio dos concellos de Fisterra e Muxía xunto coa Asociación Muxía Turismo Rural e a devandita compañía. Os peregrinos atoparán alí ampla información sobre a ruta xacobea que se extende ata os devanditos concellos, e tamén poderán contemplar un vídeo promocional sobre os recursos e atractivos turísticos dos mesmos. Asemade, o Concello de Muxía editou un directorio que recolle toda a oferta de establecementos que ofertan aloxamento e gastronomía na zona. A publicación tamén estará dipoñible na oficina compostelá.

Comeza o primeiro "Camiño dos Faros" Infantil

O sábado 21 de Abril en Camelle comeza o I Camiño dos Faros Infantil, no que un pequeno grupo de nenos de 6 a 12 anos acompañados de seus pais e nais farán con nós un anaco do Camiño dos Faros cheo de maxia e aventuras. Este proxecto é unha evolución do de Traski en Primaria que estase aplicando en varios colexios con moi bos resultados.  

Camino Clean limpiará de residuos a "Costa da Morte"

O 14 de abril Camino Clean celebra a súa segunda edición que consistirá nunha camiñada de 8 km, a distancia que separa Praia do Rostro e Lires, seguindo o Camiño dos Faros e o Camiño de Fisterra a Muxía. Recolleranse residuos, como plástico e lixo, que se atopen ao longo desta ruta, manténdoa limpa e evitando posibles danos provocados por estes como, por exemplo, os incendios.

Xornadas especiais para conmemorar a artesanía da comarca dende o Castelo de Vimianzo

Neste ano 2018 que Europa reivindica a importancia do Patrimonio Cultural non podían deixar de celebrarse os chamados “Días Europeos da Artesanía” destinados a achegar as artes manufactureiras a poboación. Obradoiros, exposicións e xornadas de portas abertas en xeral, que en Vimianzo non collen de sorpresa ao comprender o seu Castelo un dos Centros de Artesanía en vivo máis importantes de todo o territorio nacional, lugar onde os visitantes poden coñecer en calquera época do ano as distintas artesanías e oficios tradicionais.

O V Día do Pequebasket en Carballo abre a inscrición de equipos

O Mércores día 11 de Abril, ábrese o prazo de inscrición para a quinta edición do DIA DO PEQUEBASKET. A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 600 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión. Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de participación, o equipo organizador do DIA DO PEQUEBASKET avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

Presentación do programa de actividades "Primavera Científica y Cultural" dentro del proyecto turístico "RELAXESE 2018"

A Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe presenta o programa de actividades que se enmarcan dentro do proxecto de desestacionalización do turismo reLÁXEse, para o segundo trimestre deste ano 2018.

A Deputación destina 169.000 euros á mellora das rúas nos núcleos de Ponteceso

A través do Plan Único, a institución provincial achega o 100% do custo para a realización da obra en diferente viais. A Deputación da Coruña financia con 169.590,59 euros a mellora das rúas nos núcleos de Ponteceso, Couto e Corme. A institución provincial achega o 100% do orzamento desta obra encadrada no Plan Único Adicional (POS+ 2017).

O Carballo Interplay reúne o sector dos contidos dixitais no seu Día Pro

A xornada profesional do Interplay reúne mañá xoves en Carballo produtoras, plataformas e medios de comunicación como Flooxer, PlayZ ou CRTVG con creadores e creadoras de contidos dixitais. Ademais dunha zona de encontro, haberá dous debates nos que se abordarán a conexión entre a televisión e os contidos nativos de Internet mais a produción audiovisual para novos mediosO programa do xoves pecharase co pitching das propostas finalistas do Premio a proxecto de webserie en galego e coa estrea de Hai vida en Bran?, gañadora do Premio na pasada edición do Interplay.

A Deputación presenta o proxecto do Parque do Megalitismo da Costa da Morte a dez concellos

O responsable da área de Turismo e Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, mantivo esta mañá unha reunión con representantes municipais dos dez concellos que pasarán a integrar o proxecto de impulso do Parque do Megalistismo da Costa da Morte. No encontro, presentáronse as principais características dun convenio colaboración supramunicipal co que dende a institución provincial se pretende impulsar a posta en valor dos elementos megalíticos que posúe no seu territorio.  

Unha delegación de La Turballe visitará Camariñas en Maio.

As actividades de intercambio entre o concello francés de La Turballe e Camariñas continúan neste ano 2018. Do 23 ao 29 de maio, un grupo de máis de 20 persoas, presididas polo alcalde de La Turballe, coñecerán Camariñas e a Costa da Morte. O grupo vendrá por terra e tamén en embarcacións que amarraran durante eses días no porto deportivo xestionado polo Club Naútico de Camariñas.

“Con X de Laxe, con X de Peixe ” unha campaña para promocionar o peixe como atractivo gastronómico no Concello de Laxe

A Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe lanza unha campaña chamada “Con X de Laxe, con X de Peixe” para promocionar os peixes que teñen X, e facer destes un atractivo gastronómico a nivel municipal. Con este motivo creouse unha imaxe corporativa, coa que se pretende difundir o slogan e o mesmo tempo vincular peixes que levan a letra X no seu nome -como a xarda, a xuliana, o xurelo, o abadexo, o curuxo, ou a xouba- coa gastronomía local.

Ponteceso reinventa a súa Semana Santa cunha proposta que pon en valor as tradicións, a música e a gastronomía.

A música e a gastronomía van estar moi presentes esta Semana Santa, porque o Concello de Ponteceso organiza a primeira edición da Festa Marisqueira, un evento que nace para reforzar o atractivo turístico do noso concello e para poñer en valor os produtos da nosa ría. “Cremos que había un nicho por encher. A Festa do Percebe é insubstituíble, ademais de ser a máis importante da comarca, pero tamén queremos que os produtos da ría teñan a promoción que merecen”, sinalou o alcalde.Deste xeito, desde o xoves 29 pola tarde ata o sábado 31 pola noite, poñeranse á venda racións de ameixas á mariñeira, navallas á prancha, berberechos ao vapor e en empanada, polbo e ourizos. Os prezos non están fixados porque dependerán do mercado, pero intentarase que sexan prezos populares. As degustacións, que se realizarán ao mediodía e pola tarde-noite, inclúen tamén a promoción dos viños do país e da música galega. Pero a cousa non remata aí, porque o sábado a partir das 14.00 horas tamén teremos unha paella xigante, con 1.000 racións en total que se venderán a 5 euros.A animación está garantida desde o minuto 1, porque no acto inaugural, o xoves ás 20 horas, contaremos coa Charanga Mekánica. O venres estará en Ponteceso “O cego na feira”, un espectáculo de música e teatro do que asistiremos a varios pases ao longo da xornada, e pola noite teremos aos incomparables Festicultores en Concerto. E o sábado seguirá a música, coa orquestra Essencia tanto na sesión vermú coma na verbena. E para o público familiar teremos ao Mago Álex a partir das 17 horas.

O Concello de Vimianzo promove unha nova escavación arqueolóxica no Castro das Barreiras

Dentro do seu plan de recuperación do Patrimonio Cultural, dirixido á súa posta en valor como recurso cultural e turístico, o Concello de Vimianzo acometerá nos próximos días a escavación do Castro das Barreiras. 

O Sábado, comeza o II Basket Surf Camp en Razo organizado pola Escola Basket Xiria

Este Sábado 24 de Marzo, en Razo, dará comezo a segunda edición do Basket Surf Camp.

 

Vimianzo presenta un intenso programa de actividades para gozar do patrimonio durante a Semana Santa

Vimianzo continúa a apostar polo Patrimonio como marca de identidade e revulsivo turístico. 

O municipio que conta cun castelo medieval en excepcional estado de conservación, como emblema e icona, presume ademais de moitos outros tesouros patrimoniais que cada tempada reivindica a través de diversas actividades para difundir a súa historia e valor.

Amparanoia e Ialma asaltarán o Castelo de Vimianzo

Con voz de muller comeza a soar o XXIII Asalto ao Castelo de Vimianzo. A música fusión de Amparanoia e a tradición galega de Ialma son as primeiras notas para compoñer o cartaz da festa dos irmandiños da Costa da Morte. O sábado 7 de xullo será o día grande dunha celebración cunha chea de actividades que se irán desvelando pouco a pouco.

As Torres do Allo amplían a súa programación durante a Semana Santa

Esta Semana Santa ven cargada de novidades e eventos nas Torres do Allo, no Concello de Zas. A primeira delas é a ampliación dos días e horarios de apertura do monumento, que abrirá tódolos días do 24 de marzo ao 1 de abril de 11:00 a 20:00 horas; manténdose as visitas guiadas gratuítas á 13:00 e ás 17:00.

A Deputación inviste un millón de euros na construción de sendas peonís no Camiño de Fisterra, ao seu paso por Negreira

 

A Deputación destina 1.012.495 euros a este proxecto, dos cales 893.378 corresponden ao orzamento das obras e outros 119.116 euros á expropiación dos predios necesarios para executar os traballos.  Este investimento realízase dentro do Plan de Sendas Peonís, que pretende mellorar a seguridade viaria dos peóns en todas as vías de titularidade provincial. Así mesmo, a Deputación realiza este tipo de actuacións especialmente naqueles tramos polos que discorren as sendas xacobeas, co obxectivo de mellorar as dotacións para os peregrinos e evitar que teñan que transitar pola calzada ou as beiravías, co consecuente perigo. 

42 webseries de todo o mundo compiten na sección oficial do V Festival Carballo Interplay

42 webseries de todo o mundo competirán na sección oficial da quinta edición do Festival de contidos dixitais Carballo Interplay, que se celebrará os días 4, 5, 6 e 7 de abril na vila coruñesa e que repartirá máis de 5.000 euros en premios. Tal e como anunciaron esta mañá a través dun vídeo en directo Sonia Méndez e Sandra Lesta, o V Carballo Interplay elixiu, entre máis de 250 propostas chegadas de todo o mundo, un total de 3 propostas galegas e en galego, 12 do resto do estado e 27 do resto do mundo. 

Medio cento de coches deportivos enchen o Campo da Feira da Picota

Nin sequera o mal tempo venceu as ganas dos donos de coches deportivos de ensinalos en Mazaricos. Os primeiros en chegar foron os lucenses, contra as 10.30h e, ás 11.00h foron chegando todos os demais.  Así, esta segunda edición da Concentración de Coches Deportivos de Mazaricos contou con 50 vehículos. Tras a chegada degustaron uns pinchos e, posteriormente fixeron unha ruta que saíu da Picota, baixou a Carnota e subiu a Serra de Outes ante a atónita mirada de varios viandantes dos concellos  veciños. Na concentración estaban presentes o campión galego de rallys 2006 e 2007 José M. Barmarti e o 5 veces campión galego de rallys e 2 veces campión galego de montaña, Manuel Senra Caamaño.

Comeza unha nova edición do #CamiñoSenLímites

Nova edición da versión inclusiva do Camiño dos Faros xa está a piques de comezar.  Aberto o prazo de inscrición para a primeira etapa (sábado 17 de marzo,  Caión – Baldaio) do Camiño SenLímites 2018. A iniciativa da Federación de Anpas da Costa da Morte-Coruña dá ata o  14 de marzo como prazo límite para inscribirse nesta serie de roteiros polo famoso Camiño dos Faros, dun xeito inclusivo e sen barreiras.

O Interplay desvela o programa da súa xornada profesional

Globomedia, 2btube, Hitsbook e Infomix súmanse a Flooxer (Atresmedia), Mtmad (Mediaset), Playz (RTVE Digital), CRTVG e Playground na primeira xornada profesional do Carballo Interplay, que se celebrará o día 4 de abril como un aperitivo do Festival de Contidos Dixitais, cuxa quinta edición se estenderá a longo de toda esa primeira semana de abril.

Mazaricos reparte 2.000 racións de bolo do pote na XX edición da festa

Nunha ida e vida constante de cociñar, cortar, colocar e dispensar se viron inmersas as persoas da Asociación Monte Picoto e a Asociación de Amas de Casa de Mazaricos. “Este ano foi o que máis xente houbo de todos os últimos”, declarou Angelita, unha das cociñeiras. A carpa quedou pequena e o frío non disuadiu a ninguén, polo que algunhas das persoas tiveron que facer uso dos bancos do campo da feira para degustar o manxar.  O presidente da Asociación de Hostaleiros, Jorge Jurjo tamén sinalou o “éxito” da convocatoria para os locais hostaleiros da vila.

Ampliase o prazo para o concurso de Cartaces do "Rosario da Boa Morte"

Ampliación do prazo de presentación de traballos. Por mor da difusión, por erro involuntario, dunha data de presentación de traballos distinta á que figura nas bases, e coa exclusiva finalidade de evitar calquera tipo de confusión, amplíase o prazo de presentación de traballos ata o vindeiro mércores 7 de marzo de 2018 ás 15.00 horas.

A CMAT mantivo durante esta semana senllas reunións co GDR e o GALP Costa da Morte para a valoración de posibles colaboracións para este ano.

Ao longo deste martes iniciáronse unha serie de reunións da Asociación de Turismo de Costa da Morte (CMAT) co GALP Costa da Morte e o GDR na sede deste último en Vimianzo. Ásmesmasacudiron os xerentes Guillermo González (GALP) e José Antonio Vila (GDR) e os respectivos presidentes de ambas as entidades Evaristo Lareo (GALP) e Manuel MuiñoEspasandín (GDR), que se entrevistaron durante a mañá con representantes da Xunta Directiva da CMAT.

The Telegraph inclúe Camiño dos Faros nas súas mellores vacacións de aventura.

O diario británico The Telegraph incluíu ao Camiño dos Faros entre os seus 50 mellores propostas de vacacións de aventura no mundo, segundo destacaron hoxe os impulsores desta ruta. Na súa lista, o rotativo suma outro cinco propostas do continente europeo. Así, aparecen percorridos en Bielorrusia, Irlanda, as illas Azores, Andorra e Turquía, que permiten o contacto con especies animais, deportes como o kaiak ou contornas submarinas.

O Camiño a Fisterra-Muxía sumará máis sendas peonís e unha oficina de información ao peregrino na Porta do Camiño.

O Camiño a Fisterra e Muxía sumará máis sendas peonís, ata completar case sete quilómetros. A deputación  provincial aprobou un proxecto para a construción de 5.180 metros de sendas peonís, "que contribuirán a mellorar a seguridade dous peregrinos na prolongación Fisterra-Muxía", segundo explica o ente provincial, dentro das actuacións que leva a cabo cun orzamento de 893.000 euros.

A terceira edición do concurso "A Laracha de tapas" celebrarase do 9 ao 11 de marzo.

A Laracha de tapas volverá na fin de semana do venres 9 ao domingo 11 de marzo coa terceira edición deste certame que o Concello da Laracha organiza co obxectivo esencial de dinamizar o tecido comercial e hostaleiro do municipio, ademais de poñer e valor os produtos locais e o sector da restauración.  O Concello da Laracha realizou unha campaña para informar individualmente a todos os establecementos hostaleiros da capital municipal sobre a posibilidade de apuntarse e participar no evento. O prazo de inscrición rematará o mércores da semana que vén, día 28 de febreiro. Tal e como estipulan as bases do certame, cada establecemento participante presentará unha única tapa orixinal, deseñada especificamente para o concurso, que deberá ter a disposición do público ao prezo de 1 euro (consumición aparte) nos seguintes horarios: 

VI Carreira Viquinga de Carnota

Xa chega a Semana Santa carnotá e con ela a VI CARREIRA VIQUINGA, o trail que xa leva seis anos celebrándose e que este ano é o domingo 1 de abril. A saída será diante da casa do concello e vai dirixida a todos/as os/as corredores/as dende os 4 anos, xa que haberá tres categorías. A partir dos 16 anos, os corredores que lle guste o deporte e a montaña poderán percorrer 19 kms nunha paraxe natural incomparable polos montes de Carnota, de pasos por cortafogos ou por fervenzas.

O Concello de Carnota organiza a VII RUTA BTT

“O día 29 de Marzo, dentro da programación do Vindemo Ver, o Concello de Carnota organiza a VII RUTA BTT. A proba, cunha dificultade media-alta, conta cunha lonxitude de 37 kilómetros aprox. A recollida de dorsais farase a partires das 8:30 na casa da Concello e a proba dará comezo ás 10:00 da mañán con saída e chegada no mesmo punto que a recollida de dorsais. A proba contará con servizo de gardaroupa, un avituallamento intermedio e outro ó final. O pavillón, ubicado a excasos metros da chegada, estará a disposición dos corredores tanto para ducharse como para o lavado de bicicletas. Así mesmo entregaráse un agasallo conmemorativo para tódolos participantes.  

Showcooking en Laxe con Iván Domínguez

Este sábado 3 de febreiro ás 11.00 horas, o Museo do Mar de Laxe acolle un taller de cociña titulado "COCIÑA E INNOVACIÓN" co que se pretende promover a innovación na cociña e ofrecer novas experiencias culinarias. A expectación é máxima porque a demostración en vivo estará dirixida polo prestixioso cociñeiro Iván Domínguez, chef do restaurante Alborada (A Coruña), con especial conexión ó noso Concello de Laxe. A actividade é de balde para o público, e está dirixida tanto ó sector hostaleiro, coma a tódalas persoas interesadas en coñecer as últimas técnicas e innovacións de cociña. Este taller forma parte do proxecto de desestacionalización do turismo reLAXEse 2018, organizado pola Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña.

O Concello de Vimanzo programa actividades destinadas aos máis cativos da casa

O Concello de Vimianzo, dentro do programa Apego de normalización lingüística vai organizar durante os meses de febreiro e marzo distintas actividades destinadas ás e aos máis cativos da casa. A programación comezará o domingo 4 de febreiro coa obra de teatro de Producións dispersas O souto dos prodixios. Despois das festas do Entroido a cita será o domingo 25 co espectáculo circense de Peter Punk Chungo!. Xa no mes de marzo o sábado 3 o contador Caxoto traeranos Un libro baixo a almofada.

Camariñas recibe o Premio Nacional á Moda e á Excelencia Empresarial polo seu labor na conservación do "encaixe".

O Concello de Camariñas foi recoñecido co Premio Nacional da Moda e á Excelencia Empresarial PRENAMO 2018, na modalidade de conservación dos usos e costumes a través do Encaixe. A Asociación de Novos e Novos Deseñadores Españois, valora a «dilatada traxectoria e o bo facer profesional» da Concellería de Cultura e defínea como unha «marca de referencia obrigada para os novos emprendedores. Apuntan que este premio implica non só un recoñecemento aos profesionais do sector, senón tamén o reforzo da imaxe de marca como líder no seu sector.

O Concello de Zas reparte 2.500 euros na III Mostra de Teatro "Labarta Posse"

Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Zas organiza a III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” coa que pretende, por unha parte, fomentar a cultura especialmente no eido das artes escénicas e, por outra, favorecer o teatro feito en Galicia e en galego. Nesta edición, incorporouse o nome de Labarta Pose para conmemorar a figura do escritor baiés.  No certame poderán participar todos os grupos ou compañías de teatro da comunidade e, como novidade, este ano está aberto tamén a persoas naturais ou xurídicas tanto públicas como privadas.

Ver Concello


literaturaparte1

#QuedanaCasa: Percorrido literario pola Costa da Morte

24/03/2020

A Costa da Morte pode coñecerse a través de moitos dos seus atractivos: a gastronomía, as súas festas e romarías, as lendas que a rodean… e tamén a través da literatura. De cantigas á poesía actual, moitos son os/as escritores/as que pasaron pola nosa terra para inspirarse, para contar historias e deixar a súa pegada na cultura colectiva da Costa da Morte.

covid

Información importante: Desprazamentos durante a alerta polo Coronavirus

13/03/2020

Ante a situación creada polo COVID-19, as autoridades sanitarias europeas e españolas, así como as diferentes administracións, recomendan restrinxir os desprazamentos e viaxes que non sexan imprescindibles.

faroscmat

A CMAT e os alcaldes da Costa da Morte apoian a Asociación Camiño dos Faros na súa consolidación como ruta de gran percorrido

02/07/2019

A CMAT como ente xestor do xeodestino Costa de Morte, estivo presente o pasado venres 28 de xuño en Vimianzo nunha xuntanza da Asociación Camiño dos Faros que reuniu a todos os alcaldes dos concellos da Costa da Morte.

A Costa da Morte protagoniza a presenza da Deputación da Coruña en MIMOC

16/02/2019

A Deputación da Coruña colabora e participa na II Feira Internacional do mundo do Ocio-Mimoc 2019 cun espazo propio e a colaboración cos concellos da Costa da Morte que protagonizan un amplo programa de actividades que se desenvolverá ao longo da feira que se prolonga até o domingo 17 de febreiro.

O GALP Costa da Morte celebrou unha xornada de familirización para a Ruta dos Faros

04/12/2018

O pasado luns 03 de decembro, celebrouse unha xornada dedicada a salientar os recursos turísticos vencellados á Ruta dos Faros de Galicia que se atopan nos concellos que comprende este organismo.

Esta actividade, á que estaban convidadas todas as empresas asociadas a Mar Galaica, gozou coa representación de case unha vintena de entidades turísticas do territorio, quen deron a coñecer as potencialidades dos seus negocios e do entorno que os rodea ao resto de participantes mediante unha xornada de networking celebrada no Faro de Cabo Vilán. A creación da rede de contactos continuou durante a comida namentres se degustaba unha selección de pratos do mar no O Rincón da Baiuca.

Fisterra conta cunha nova oficina de turismo e atención ao peregrino.

13/07/2018

Onte xoves 12 de xullo, abriu as súas portas a Oficina de Turismo e Atención ao Peregrino do Concello de Fisterra. O horario de atención ao público será de luns a domingo de 10.30h a 14.00h e de 16.00 a 20.00h. con este servicio o concello de Fisterra, pretende dar resposta ao incremento da peregrinaxe da #CostadaMorte, sendo este un dos puntos mais importantes de finalización do camiño.

O Concello oferta tres espectáculos na Primavera Teatral de Paiosaco

03/04/2018

O Concello da Laracha presenta o programa da oitava edición do ciclo de teatro de Paiosaco. A Primavera Teatral, afianzada como un dos grandes referentes da programación cultural municipal, desenvolverase ao longo do mes de abril no auditorio do centro sociocultural desa localidade e constará de tres espectáculos. O Concello da Laracha volve apostar por achegar as artes escénicas á veciñanza en xeral, con propostas especialmente dirixidas ao público adolescente e adulto na que o humor será o principal protagonista.