X

Experiencia por terra

 

Ola, son a Moura, a túa guía nos camiños de terra...

A Costa da Morte #cheadevida é unha comarca perfecta para descubrir a través das nosas rutas a cabalo, en bicicleta ou a motor. Son percorridos onde podes practicar turismo deportivo ao mesmo tempo que contemplas o bravo litoral do Atlántico e os ríos que bañan estas terras.

Os senlleiros montes que dominan os vales fan da Costa da Morte un destino único para gozar da paisaxe. Así que, se che gusta a natureza máis agreste e gozas coñecendo a xente do lugar, esta é a túa aventura pola #CostadaMorte.

Ofrecémosche diferentes rutas para realizar pola túa conta. Tamén podes facelas a través das empresas especializadas, tal e como che indicamos a continuación. Con elas descubrirás a costa, o interior, espazos naturais de gran importancia e destacados recursos naturais e culturais.

Adiante! Decide que ver e como coñecer a Costa da Morte en liberdade… Elixe a túa experiencia e convértete en explorador por un día na #CostadaMorte!

Consulta máis información neste PDF