X

Surf e Praias salvaxes

O lado máis salvaxe de Costa da Morte

O destino de Costa da Morte é en si mesmo un enclave do litoral galego con moitos paraxes por descubrir. Un lugar caracterizado pola braveza das súas augas que golpean con forza a terra, erosionándoa e dando lugar a incribles paisaxes. Entre os seus grandes atributos atópanse as súas praias, todas diferentes pero con un encanto único: agochadas entre a natureza, abrigadas polos cantís, abertas ao mar, refuxio de flora e fauna autóctona ou lugar de acollida de amantes do surf.