X

Curso de “Monitores/as Astroturísticos/as Starlight” na Costa da Morte

Curso de “Monitores/as Astroturísticos/as Starlight” na Costa da Morte

Introdución

A CMAT, ente xestor do turismo do destino Costa da Morte, obtivo en xaneiro de 2023 o distintivo de Destino Turístico Starlight. Deste modo, Costa da Morte converteuse xa no cuarto destino certificado de Galicia e o primeiro da provincia de A Coruña, formando xa parte da rede internacional de destinos Starlight.

Este selo certifica que Costa da Morte é un destino que reúne as condicións óptimas para a observación e gozo do ceo nocturno, así coma un compromiso especial e real das autoridades e as empresas en canto á súa proteción e conservación. O astroturismo é un producto turístico en auxe en todo o mundo, e unha gran oportunidade para os destinos para crear novas experiencias de calidade que atraian novos segmentos de público e que axuden a concienciar sobre o dereito a contemplar o firmamento e as estrelas, á vez que contribúe ao crecemento socioeconómico do territorio.

Como primeira medida a implantar coma Destino Turístico Starlight, grazas á cofinanciación da Deputación dá Coruña a través da concesión á CMAT das axudas a entes de xestión turística da provincia na anualidade 2023, a CMAT traerá a Costa da Morte o que será o primeiro Curso de Monitores e Monitoras Astroturísticos Starlight de Galicia, que será impartido pola Fundación Starlight. O obxectivo principal será o de promover a creación de novas experiencias de astroturismo en Costa da Morte ao longo de 2023, da man de persoas que reciban esta formación.

Obxectivos do Curso:

Obxectivo principal:

Impulsar a concienciación sobre a conservación do ceo nocturno e a creación dunha nova oferta turística especializada e de calidade no ámbito do astroturismo, dende a base da capacitación, principalmente en Costa da Morte e outros Destinos Turísticos Starlight de Galicia e do resto do mundo.

Obxectivos específicos:

  • Consolidar un grupo de persoas que serán “vixiantes” do ceo nocturno, e que promoverán o respeto e a conservación do patrimonio que é o ceo estrelado, especialmente en Costa da Morte e outros Destinos Turísticos Starlight de Galicia.
  • Capacitar en astroturismo a un grupo de persoas con interese e intención de poñer en marcha a corto e medio prazo actividades astroturísticas, principalmente en Costa da Morte e outros Destinos Turísticos Starlight.
  • Coñecer as oportunidades profesionais que abre o turismo de estrelas, e a mellor maneira de poñer en marcha e promocionar actividades astroturísticas.
  • Dotar de coñecementos teóricos e prácticos sobre astronomía e sobre cómo transmitir nocións a grupos de visitantes de maneira amena e divulgativa.
  • Ensinar a manexar instrumentos de observación diurna e nocturna, así coma programas que axudan a interpretar o ceo nas diferentes épocas do ano.
  • Estreitar lazos entre diferentes Destinos Turísticos Starlight.
  • Crear un primeiro grupo público-privado, liderado pola CMAT, especializado en astroturismo co que traballar de maneira colaborativa a favor do astroturismo e a conservación do ceo nocturno en Costa da Morte.

Perfil do alumnado e Prazas disponibles

O Curso de Monitores e Monitoras Astroturísticos/as Starlight se plantea para un máximo de 45 persoas, das que se espera reservar para persoas de Costa da Morte unhas 35 prazas, e ofrecer 10 para persoas doutros Destinos Turísticos Starlight, preferiblemente dos de Galicia (Parque Nacional Illas Atlánticas, Concello de Muras e A Veiga).

As persoas interesadas en inscribirse no curso deberán solicitar a súa praza a través dun formulario que xestionará a Fundación Starlight. Ademais de cumplimentar o formulario, cada persoa deberá adxuntar o seu CV actualizado e outra documentación complementaria que se requira. Será a Fundación Starlight, co apoio da CMAT en caso necesario, quen selecione ás 45 persoas que formarán parte do curso, valorando os diferentes perfís e a súa idoneidade para ser Monitor/a Starlight, tentando que exista representación de todo o territorio de Costa da Morte e doutros Destinos Turísticos Starlight de Galicia e outros, etc.

A CMAT e a Fundación Starlight consideran que este curso está especialmente dirixido a persoas dos seguintes perfís:

  • Persoas que traballan habitualmente como técnicos/as habituais en municipios e outras entidades supramunicipais, que forman parte de Destinos Turísticos Starlight, preferentemente con coñecementos e experiencia en turismo, en Costa da Morte e resto de Galicia, con interese e capacidade de promover e poñer en marcha iniciativas de astroturismo no seu territorio.
  • Persoas que dirixen ou forman parte da plantilla de aloxaentos turísticos reglados e/ou empresas de turismo activo, de aventura ou de ocio náutico, axencias de viaxes e/ou outras, preferentemente en Costa da Morte e resto de Galicia, con interese e capacidade de poñer en marcha iniciativas de astroturismo dende as súas empresas.
  • Persoas certificadas como Guías de turismo ou de natureza, que traballen habitualmente na Costa da Morte, con interese e capacidade de poñer en marcha iniciativas de astroturismo como parte dos seus itinerarios/rutas polo territorio.
  • Persoas da rama científica, amateurs do astroturismo e a astrofotografía e a divulgación científica que ven no astroturismo unha vía de emprendemento ou diversificación económica, con interese e capacidade de poñer en marcha iniciativas de astroturismo.
  • Outros.

Duración do curso, datas e lugar de celebración

O curso será intensivo, terá carácter teórico – práctico e unha duración total de 60 horas.

Celebrarase do luns 24 ao sábado 29 de abril de 2023, na Casa da Cultura de Vimianzo, situada en Rúa Braña B, 15129 Vimianzo, A Coruña.

Seleccionouse este punto por formar parte de Costa da Morte Destino Starlight, pola súa situación xeográfica e as súas facilidades en canto a acesos e comunicacións, tendo en conta que se espera que a maior parte do alumnado teña o seu lugar de residencia nun dos 17 municipios que forman parte de Costa da Morte.

Custo do curso

A Fundación Starlight xestionará as inscripcións e o pago correspondente.

O curso estará cofinanciado pola CMAT e terá un custo para alumnado local (custo estimado por persoa 71€) e un custo para alumnado doutros destinos (custo estimado por persoa 177,50€). Os custos definitivos coñeceranse unha vez se dispoña da lista definitiva de alumnos/as. 

Programa do curso

A continuación, é posible descargar o programa estimado do curso, xa que poderá sufrir variacións en función da dispoñibilidade do profesorado e outras circunstancias.

Programa provisional.

INSCRÍBETE

 

Arquivado en:

Novas