Ruta ornitolóxica de Costa da Morte

Ruta Ornitologica De Costa Da Morte 1505666955

Espazo mariño que ocupa gran parte da plataforma continental fronte á Costa da Morte, no noroeste de Galicia. O interese do espazo radica na súa importancia como embude migratorio debido á súa privilexiada situación xeográfica e aos fortes ventos predominantes de compoñente N e NW. Estímase que máis dun millón de aves mariñas pasan por esta zona durante o verán-outono (migración postnupcial). A maior parte das aves en migración proveñen do norte de Europa e Siberia occidental, pero tamén hai especies mediterráneas (pardela balear, Puffinus mauretanicus), neárticas (gaivota de Sabine, Larus sabini) e do hemisferio Sur (pardela sombría, Puffinus griseus).

A elevada produtividade da zona convértea tamén nunha importante área de alimentación, tanto para as especies en migración como para as locais (reprodutoras e invernantes). Entre as reprodutoras locais destacan a gaivota tridáctila (Rissa tridactyla) e o arao común ibérico (Uria aalge ibericus), que concentran as súas únicas colonias españolas nas costas enfrontadas ao espazo protexido. A zona conta tamén con colonias de paíño europeo (Hydrobates pelagicus) e corvo mariño moñudo (Phalacrocorax aristotelis aristotelis). Existe, así mesmo, unha pequena colonia de pardela cincenta (Calonectris diomedea borealis) situada nas illas Sisargas, moi afectada pola depredación por gatos.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.