X

Experiencias Patrimonio Cultural

Eu son... a Moura da Costa da Morte...

Estas experiencias de patrimonio cultural farán que te integres en cada lugar, sentindo a esencia de cada sitio coma un verdadeiro viaxeiro. Notarás a calor e a acollida das súas xentes e, sobre todo, gozarás desta parte de Galicia como ti decidas: descansando e desconectando do día a día mentres camiñas polas sendas, lugares sagrados, parques e miradoiros; coñecendo a cultura e a historia a través dos museos locais e de mil formas máis.  

Eu son... a Moura. E só me verás e atoparás integrándote en cada lugar, entre as súas xentes… na súa esencia, coa mirada da alma. Entón, cando te guíe por estas terras… pode que eu acuda á túa chamada e que ti obteñas as respostas… Porque a #CostadaMorte está #Cheadevida.