A CMAT presenta un paquete de actividades complementarias e promocións especiais para os participantes na “Carreira de Vimianzo”.
Durante a mesa de traballo celebrada o pasado 11 de marzo para o deseño de promocións e actividades turísticas para eventos deportivos na casa da Cultura de Vimianzo a CMAT perfilou unha proposta de incentivación do turismo deportivo na Costa da Morte.
Na mesma reuníronse todas as empresas de turismo deportivo do xeodestino para o deseño das promocións e actividades complementarias neste sector.
Unha actividade promovida pola CMAT e subvencionada pola Deputación Provincial de A Coruña dando continuidade a unha liña de traballo xa iniciada pola CMAT durante 2018 na procura de mellorar o aproveitamento turístico dos eventos deportivos celebrados en Costa da Morte e o posicionamento do territorio como destino de turismo deportivo.
A segunda parte desta liña de traballo tivo como resultado o deseño entre os asistentes, de xeito participativo, das distintas promocións e actividades complementarias para deportistas e acompañantes, ás que logo puderon adherirse as empresas que así o estimaron oportuno.
A CMAT quere presentar o resultado do “brain storming” proposto en Vimianzo en tres eventos deportivos, oprimeiro deles a “Carreira de Vimianzo”, que propon, para o sector turístico-deportivo, actividades complementarias e promociones especiales para fomentar que os deportistas e acompañantes dos eventos deportivos do territorio pernocten e disfruten das actividades durante toda a fin de semana.
As empresas de turismo deportivo adheridas a este programa son: Naturmaz (Mazaricos), Adventurézaro (Dumbría) e Nautica Golfiño (Caión – A Laracha), as que propoñen un descontó do 20% aos usuarios e acompañantes que queiran participar nas actividades de turismo- deportivo detalladas polas mesmas.
Por outra banda dez aloxamentos da Costa da Morte (A Casa da Canle (Vimianzo) As Eiras (CEE), Pensión Risco (Vimianzo), Hotel Oca Insua (Cee), A Casa de Lelo (Ponteceso), Mar de Queo (CARBALLO), Morada da Moa (Carnota), O Rincón da Baiuca (Muxía), Casa Castiñeira (Muxía) e a Casa de Trillo, tamén en Muxía) ofrecen un descontó do 10% no aluguer para todos os adscritos e acompañantes nas distintas actividades propostas dentro deste tipo de turismo deportivo.
Todos aqueles interesados en recibir máis información sobre os eventos e as promocións que levan acompañadas poden consultar a paxina web da CMAT (www.visitacostadamorte)ou ben a seguinte ligazón http://bit.ly/PromosCarreiraVimianzo.