X

Os concellos da Costa da Morte poñen en marcha as actividades estivais, aos poucos e sempre coidando as medidas de seguridade

15/07/2020

Os concellos da Costa da Morte poñen en marcha as actividades estivais, aos poucos e sempre coidando as medidas de seguridade

Coa chegada da coñecida como "nova normalidade" xusto a tempo para inaugurar o verán, foise recobrando de novo a vida nas rúas. Respetando as medidas de seguridade e protección establecidas para a COVID-19, os concellos que conforman Costa da Morte van poñendo en marcha unha vez máis o programa de actividades estivais, perfectas tanto para descubrir por primeira vez os atractivos que agocha cada un deles como para que os desfruten unha vez máis aquelas persoas que ben os coñecen.

Os visitantes poderán descubrir a beleza e exhuberancia que presenta a natureza neste rincón de Galicia da man de rutas que se están a organizar para os meses de xullo e agosto. É o caso da que xa se está a levar a cabo no litoral do concello de Malpica. No caso de Ponteceso, con Camiñar na Noite, invitan aos máis aventureiros a vivir os paseos dunha forma diferente.  

Por outra banda, o castelo de Vimianzo acolle visitas teatralizadas para que os visitantes se mergullen na  súa historia e, polo tanto, na da propia vila. Mentres, os espectáculos chegan ás rúas de A Laracha e as noites dos xoves vístense de cine en Carnota, onde se celebrará durante o verán un ciclo de cine que xa comezou a semana pasada coa famosa película galega O que arde

Pode que este sexa o verán máis excepcional, al menos desde hai ben tempo. Pero iso non impide que se poida desfrutar de Costa da Morte como se merece esta terra chea de maxia, onde as súas xentes e as súas tradicións poden enfeitizar aos viaxeiros tanto como a fermosura das súas praias, do seu patrimonio e da súa natureza salvaxe.

Arquivado en:

Novas