As grandes máquinas de labranza volven a Mazaricos

Las grandes maquinas de labranza vuelven a mazaricos

A maquinaria agrícola volve ao Concello. Desta volta será o 14 e o 15 de xullo no multiusos da Picota. Así esta segunda edición da Xuntanza de Maquinaria Agrícola de Mazaricos (Xumagra) afonda na tradición agrogandeira do Concello. Para o alcalde, Juan José Blanco Riveiro “esta convocatoria xa é unha parada indispensable cara o evento do ano no noso Concello, a Semana Gandeira”.

O coordinador da organización do evento, Benito Martínez afirma que “esta segunda edición é o sinal da consolidación de Xumagra. Mazaricos é un concello gandeiro, polo que este tipo de convocatorias son moi importantes para as persoas que se dedican a este negocio”. Martínez subliñou que “virá unha boa cantidade de empresas profesionais da zona e tamén algunha doutras zonas tanto no caso da maquinaria como dos coches”. E é que as persoas visitantes tamén poderán atopar un novo utilitario grazas á sección de coches de ocasión que inclúe Xumagra.

Así, no exterior do multiusos poderanse contemplar os últimos modelos de máquinas das principais marcas. Tractores e apeiros de grandes dimensións en xeral estarán dispostas para quen desexe mercalas para facilitar traballos como recoller o millo ou a herba. Ademais haberá pulpeira e churrasco para quen queira rematar a xornada cun pequeno banquete.

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.