A Costa da Morte acollerá en outubro o próximo VII Encontro Internacional Starlight

VII Encuentro Internacional Starlight

A Asociación Turística Costa da Morte (CMAT) presentou a súa candidatura en xaneiro, marcando un fito histórico ao postularse por vez primeira como anfitrioa deste prestixioso evento

O Encontro Internacional Starlight, na súa VII edición, coincidirá coa II Conferencia Internacional Starlight, que ten lugar cada 3 anos

ZAS. 22/02/2024. A CMAT ven de recibir a resolución da Fundación Starlight indicando a súa selección como sede para o VII Encontro Internacional Starlight. A Fundación tomou esta decisión tras unha revisión de 9 candidaturas de diferentes Destinos Turísticos Starlight do mundo.

Para dar esta importante noticia, a CMAT ofreceu unha rolda de prensa este xoves nas Torres do Allo de Zas na que participaron varios membros da súa Xunta Directiva: Manuel Muíño, o seu presidente; María Lema, a vicepresidenta; Pepe Formoso, secretario e Damián Álvarez, vogal.

Durante esta rolda de prensa, Manuel Muíño, presidente da CMAT e alcalde de Zas, destacou que un dos aspectos polos cales a Fundación Starlight escolleu esta candidatura foi o feito de ser un destino novo e ilusionado: “É algo importantísimo para nós, unha gran sorpresa. Espéranos un gran traballo por diante, pero cunha gran ilusión polo que vai representar para a Costa da Morte e Galicia un congreso deste estilo”.

Mesa Starlight

Para afrontar este fito, será crucial o papel da Mesa Starlight no proceso de toma de decisións e na coordinación dos diferentes axentes implicados na organización do congreso. Esta Mesa está formada por parte dos membros da Xunta Directiva da CMAT e a súa secretaría técnica, ademais de membros honoríficos como Turismo de Galicia, Deputación da Coruña, Jorge Mira da USC, Mavi Lezcano da UDC e Antonia Varela, da propia Fundación Starlight.

Esta edición de 2024 prevese especialmente relevante, xa que coincidirán, nunha mesma data, a celebración do VII Encontro Starlight de Astroturismo e o V de Guías e Monitores Starlight coa II Conferencia Internacional Starlight de Astroturismo, que ten lugar cada 3 anos. Terá lugar entre o 1 e o 5 de outubro deste ano.

O Encontro Internacional Starlight reúne anualmente a profesionais, empresas, entidades públicas e privadas, medios de comunicación, monitores e guías Starlight, centrando o seu enfoque nos eixes transversais da Fundación Starlight: astroturismo, desenvolvemento sostible local, patrimonio natural e cultural vinculado á luz das estrelas, protección do ceo e difusión da astronomía.

Nas súas anteriores edicións, este evento celebrouse en lugares tan diversos como Gredos (Castela e León), Menorca (Baleares), Mosteiro de El Olivar (Aragón), Évora (Portugal) ou Fuencaliente de La Palma (Canarias). O pasado encontro de 2023, no que a Costa da Morte foi o único Destino Starlight de Galicia que participou como relator, tivo lugar en Cuenca, atraeu a máis de 200 participantes e, ano tras ano, demostra ser un evento de gran impacto económico e social no territorio.

A CMAT destacaba na súa candidatura as posibilidades do xeodestino Costa da Morte, ofrecendo sedes e servizos para o evento, presentando o territorio, a implicación dos diferentes axentes, o sector turístico local (en especial, os monitores Starlight), a súa conectividade, instalacións, e un amplo abano de actividades atractivas para aos asistentes, entre as que se mesturan as máis científicas coas puramente lúdicas: desde obradoiros de astrofotografía a visitas guiadas, showcookings con produtos locais de temporada, observación das estrelas xunto un dolmen ou rutas en kaiak, entre outras.

Unha oportunidade para a Costa da Morte e Galicia

Pepe Formoso, presidente de APTCM, membro da Xunta Directiva da CMAT, resaltou a importancia da cohesión entre as administracións, o sector privado e os medios de comunicación: “Nós non traballamos independentemente. Somos un todo. Tanto os 17 concellos como os empresarios e tamén os medios de comunicación, que ao final son quen contan as historias. É unha gran oportunidade”.

Neste sentido, Formoso tamén destacou a potencialidade deste congreso a nivel turístico para a zona: “Os participantes van ser xente proactiva e van ser futuros clientes dos nosos establecementos cando pase este congreso”.

Segundo a directora da Fundación Starlight, Antonia Varela, “a Costa da Morte é un dos Destinos Turísticos máis novos da Rede Starlight, pero levou a cabo un camiño ascendente e cunha sólida estratexia astroturística, á que se suma o gran compromiso das administracións públicas e empresas responsables do territorio, afíns aos principios da Rede Starlight”. A Fundación Starlight tamén salienta que celebrar este encontro na Costa da Morte é tamén estratéxico para toda Galicia, que xa conta con sete Destinos Turísticos Starlight, sendo a terceira comunidade autónoma con máis certificacións deste tipo, despois de Castela A Mancha e Canarias, empatada con Castela e León e seguida moi de preto por Andalucía, Cataluña ou Aragón.

Polo tanto, a celebración deste congreso na Costa da Morte é histórica e suporá unha oportunidade única de posicionamento internacional como destino turístico, establecendo un precedente para futuros eventos e xerando oportunidades económicas a curto e medio prazo.

+ info: Costa da Morte Asociación Turística: Gabinete de Prensa da CMAT. 623297799

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, novo pr...

Este martes celebrouse a Asemblea Xeral anual da CMAT no Auditorio do Centro Sociocultural de Baio (Zas), na que se apro...

Ábrese o prazo para solicitar a adhesión de empresas e ...

O Sistema de Calidade Turística en Destino, máis coñecido como SICTED, é un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ...

O mapa interactivo da Costa da Morte medra cada semana ...

Na web oficial da Costa da Morte (CMAT) continúa o desenvolvemento e mellora constante dun dos seus recursos dixitais má...

Comeza a nova distribución do mapa turístico da Costa d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) ve...

A CMAT e APTCM presentan a nova web turística de “Costa...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e a Asociación Profesional do sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), a...

Resultados do intercambio de boas prácticas da CMAT na ...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) ven de realizar unha viaxe de intercambio de  boas prácticas que respo...

A CMAT afonda nas boas prácticas de xestión turística d...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) continúa o seu intercambio de boas prácticas na comarca de Uribe, da man da...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.