X

Creación da Marca de Mergullo na Costa Atlántica

08/04/2019

Creación da Marca de Mergullo na Costa Atlántica

O  luns 8 de abril, a CMAT participou na xornada de traballo do proxecto europeo “Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route” (WAOH! Route), no que Turismo de Galicia é socio xunto a outras entidades europeas. O obxecto do proxecto é crear unha marca atlántica de turismo de mergullo sostible.

A actividade principal do proxecto é o mergullo, aínda que tamén se inclúen outras actividades náuticas e realizadas no litoral, como rutas en barco, surf ou avistamento de cetáceos.

Na reunión do 8 de abril celebrada no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, tratáronse temas como a aportación da WAOH! Route aos destinos turísticos da Costa Atlántica Europea, os compromisos da ruta coa sustentabilidade, os retos dos destinos turísticos en Galicia e as estratexias a seguir para impulsar a sustentabilidade turística.

Arquivado en:

NOVAS DE INTERESE