X

O Concello de Mazaricos convida a produtos lácteos no Día Mundial do Leite

O Concello de Mazaricos convida a produtos lácteos no Día Mundial do Leite

O 1 de xuño celébrase o Día Mundial do Leite. Para conmemoralo, o Concello convidará a produtos lácteos a quen se achegue polas oficinas municipais. Para tal fin, a vaca Mazarica estará nas dependencias municipais.

Ademais as e os nenos da Escola Infantil achegaranse ao Concello para degus- tar produtos lácteos e muxir á Mazarica. “Igual que noutras actividades, tratamos de achegar aos máis pequenos ao que somos, á esencia de Mazaricos e Mazaricos non sería tal sen o sector agrogandeiro”, afirmou o alcalde, Juan José Blanco Riveiro. “É o segundo ano que celebramos coa veciñanza que se achega ao Concello este día porque así lembramos a importancia económica e tamén social deste produto, e non só para o noso municipio, para toda Galicia”, concluíu Blanco.

Arquivado en:

Novas