X

O "Naufraxio" de Laxe estivo presente en FESTUR

O "Naufraxio" de Laxe estivo presente en FESTUR

O Concello de Laxe participou coa celebración do “Naufraxio” na 5ª edición da Feira de Festas de Interese Turístico “Festur” que se celebrou do 7 ó 10 de xuño no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda. Festur, é un escaparate da oferta de festas distinguidas polo seu interese turístico, polo que a Concellería de Turismo de Laxe apostou por dinamizar o atractivo da celebración do Naufraxio de Laxe, cun stand propio. O Alcalde e o Concelleiro de Laxe asistiron ó auto inaugural que tivo lugar o xoves 7 de xuño ás 16.30 horas no recinto feiral.

Ademáis, FESTUR 2018, foi o escaparate no que se presentou oficialmente o spot publicitario do Naufraxio co que se fará a promoción da festa este ano 2018. Este Concello agradece á Cruz Vermella de Laxe, á Confraría de Pescadores de Laxe, e á familia Rei de Nande, a súa colaboración e axuda no préstamo de material para decorar o stand.

A Concellería de Turismo de Laxe solicitou unha subvención de 3.000 euros ante a Axencia Turismo de Galicia, con fins de promoción e difusión turística para a celebración da 56ª edición do Naufraxio que se conmemora este ano 2018. Tamén se firmou un protocolo de colaboración de 1.500 euros con ABANCA Corporación Bancaria. Este orzamento, xa confirmado, permitira a colaboración por segundo ano consecutivo coa Confraría de Pescadores de Laxe na organización da Festa. A subvención irá destinada a contratar unha banda de gaitas para a procesión do 17 de agosto, e a cubrir os gastos de cartelería e promoción en prensa escrita, redes sociais e radio. A inversión completarase co deseño e instalación de bandeiras publicitarias que se colocarán a finais de xullo ó longo do paseo marítimo.

Arquivado en:

Novas