O VII Circuíto provincial de carreiras populares “Deputación da Coruña” chega este ano a 11 concellos da Costa da Morte.

El vii circuito provincial de carreras populares deputacion da coruna llega este ano a 11 ayuntamientos de la costa da morte

Un total de 11 concellos da Costa da Morte acollerán, ao longo do presente ano, outras tantas carreiras incluídas dentro da VII edición do Circuíto de Carreiras Populares “Deputación da Coruña”, organizado pola área de Deportes da institución provincial coruñesa en colaboración coa Federación Galega de Atletismo.

A axenda das competicións, que se estende entre os meses de abril e decembro, contará este ano con 30 carreiras noutros tantos municipios, nas que a organización espera contar coa presenza de máis de 18.000 participantes nas diferentes categorías (benxamin, alevín, cadete, xuvenil, absoluta e veteranos), superando aos máis de 15.000 do ano pasado.
Mazaricos, Dumbría, Zas, Carballo, Cee, Tordoia, Muxía, A Laracha, Carnota, Corcubión e Cabana de Bergantiños, serán, por esta orde, os municipios da Costa da Morte que acollerán as carreiras en 2019.

O deputado responsable da área de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, destacou que a Deputación da Coruña “foi pioneira” na posta en marcha dun circuíto provincial de carreiras, unha actividade deportiva que hoxe tamén se organiza noutras provincias, e agradeceu a “extraordinaria labor de organización e coordinación das probas” que leva a cabo a Federación Galega de Atletismo.

Asimesmo, Leira sostivo que o circuíto coruñés de carreiras populares “está hoxe consolidado como un dos eventos anuais da ampla axenda deportiva da provincia, como demostra o feito de que cada ano reúne a máis participantes. “Agardamos batir o noso récord de participación este ano”, puntualizou o deputado.

 

Costa da Morte Asociación Turística ao día

Últimas noticias

“A Costa da Morte. Naturalmente única”: o libro que con...

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebra a presentación de “A Costa da Morte. Naturalmente única”, unha publ...

A CMAT participa en Viana do Castelo na inauguración du...

A representación da CMAT estivo composta polo seu presidente e alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, por Sandr...

A CMAT celebra o impulso do destino e recoñece o labor ...

O Pazo de Villar de Francos acolleu este martes 11 de novembro a quinta edición dun encontro que reuniu a máis de 150 pr...

CMAT e a Asociación de Astroturismo impulsan unha folla...

Na xuntanza abordáronse prioridades compartidas: sensibilizar á poboación arredor do valor do noso patrimonio nocturno, ...

Marta Lado, III Embaixadora da Costa da Morte 2025

A Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) anunciou que Marta Lado, recoñecida profesional do sector audiovisual e fir...

A Costa da Morte reforza o seu liderado en astroturismo...

A delegación estivo formada pola presidenta Yolanda Díaz, a vicepresidenta Nieves Lema e o equipo de Monitores Starlight...

A CMAT celebrará o V Encontro de Turismo da  Costa da M...

Esta cita, xa consolidada como un referente para o sector turístico da comarca, busca favorecer  o intercambio de e...

A Costa da Morte celebrou o Interreg Cooperation Day 20...

A Costa da Morte converteuse hoxe no epicentro da cooperación territorial europea coa celebración do Interreg Cooperatio...

A CMAT abre o prazo para presentar candidaturas para al...

O Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte reafírmase como o principal foro de reunión dos axentes públicos e privado...

A nova Xunta Directiva da CMAT celebra a súa primeira r...

A nova Xunta Directiva da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) celebrou onte a súa primeira reunión na localidade ...
Mantente ao día

Newsletter Costa da Morte

Subscríbete á nosa newsletter e recibe as mellores recomendacións sobre a Costa da Morte. Mantente ao día con eventos, rutas, gastronomía e experiencias únicas para a túa próxima visita. ¡Non te perdas nada desta terra máxica!

1606727203-secc-302-3.jpg
Logo Cmat Color Fondo Transparente
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerte a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerte cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.