X

Roteiro Laxe a Traba

Roteiro Laxe a Traba

Esta belísima excursión pola costa de Laxe, Soesto e Traba, discorre sempre por camiños e carreiros xunto ao mar e está sinalizada como PR- G 114 (Carreiro de Pequeno Percorrido-Galicia 114). Parte de Laxe, compartindo os primeiros 500 metros co PR- G 70 a Punta Insua, pero sepárase del na Rúa do Campo cara á Capela de Santa Rosa, desde onde salta cara a Soesto por Cal do Castro. As praias de Soesto e Traba son lugares de impoñente beleza e de gran interese ornitolóxico, polo que se recomenda levar prismáticos e cámara fotográfica.

  Descargar PDF.

 

Powered by Wikiloc

Arquivado en:

Rutas