X

50 rutas para percorrer a pé a Costa da Morte para tódolos gustos

09/11/2020

 50 rutas para percorrer a pé a Costa da Morte para tódolos gustos

Como parte das actividades a desenvolver este ano, e que teñen como fin poñer en valor os recursos naturais da Costa da Morte, e con iso, o carácter Naturalmente Salvaxe do territorio, a CMAT está a traballar na recopilación de rutas de sendeirismo nos 16 concellos que conforman o xeodestino. Conta para tal traballo coa colaboración da consultora especializada en turismo Autoxiro, que está realizando as tarefas de escolma das rutas, descrición e documentación gráfica de cada unha delas.

O obxectivo é elaborar plans ao aire libre para tódolos tipos de público, diferentes graos de dificultade, tempo de realización, percorridos e outros valores engadidos como rutas urbanas ou culturais. Para tal fin, estase contando coa axuda de tódolos concellos que conforman a CMAT, suxerindo roteiros e participando na elaboración. En total recolleranse arredor de 50 rutas, nas que os 16 concellos estarán presentes, e que se poderán consultar dende a nosa web. Tamén ocuparán un lugar destacado as rutas homologadas pola Federación Galega de Montañismo e outras rutas e sendeiros importantes que transcorren pola Costa da Morte, como o Camiño dos Faros ou o Camiño de Santiago, Fisterra e Muxía. 

Esta actividade plantexada polo ente xestor do xeodestino CMAT neste ano 2020, é posible grazas ao convenio asinado con Turismo de Galicia para a promoción turística.

Arquivado en:

NOVAS DE INTERESE Novas