X

Eu son a Moura da Costa da Morte, a túa guía nesta experiencia pola Ría de Corme e Laxe, onde visitaremos os municipios de PontecesoLaxe e Cabana de Bergantiños.

Propóñoche descubrir zonas naturais con encanto, arquitecturas senlleiras e paisaxes mariñeiros neste territorio onde o río Anllóns se funde co Océano Atlántico. Unha das nosas paradas imprescindibles será o miradoiro de Nosa Señora do Faro (Ponteceso), que ten a mellor panorámica da ría.

Para atopar mostras da cultura do mar que impregna toda esta zona, recoméndoche o porto mariñeiro de Corme, dende onde podemos contemplar a illa da Estrela. Pero se deveces gozar da tranquilidade, podemos pasarnos pola Praia de Balarés e a máxica Praia dos Cristais, ou mesmo observar o estuario do Anllóns desde o miradoiro do Monte Branco.

A nosa experiencia pola ría de Corme e Laxe revelaranos numerosas xoias arquitectónicas como as igrexas de San Martiño e de Santiago de Traba, a capela de San Fins do Castro, a Casa do Arco, o Pazo de Leis ou o Faro de Laxe, así como os vestixios arqueolóxicos da Cibdá de Borneiro.

A natureza tamén nos sorprenderá no noso camiño, non só polas vistas dos seus miradoiros senón tamén polas súas marabillas xeolóxicas. De visita obrigada son os Penedos de Pasarela e Traba, unha paisaxe protexida onde destacan varias formacións rochosas de suxestivos nomes: A Cachucha, O Contar, A Aguia e A Tartaruga.

Convídote a vivir esta experiencia por #CostadaMorte e a coñecer estes lugares coa información que tes dispoñible nesta ligazón.