X

Día 14: Dumbría

Hoxe coñeceremos Dumbría, municipio da excepcional Fervenza do Ézaro, o Monte Pindo ou a pequena aldea de Olveiroa, pola que pasa o Camiño de Santiago.

En primeiro lugar recoméndoche visitar o santuario da Virxe das Neves de Buxantes coa súa fonte santa. Unha vez máis, un lugar de lendas na Costa da Morte… (enlace a lendas)

Despois podes achegarte ata o conxunto artístico de Olveiroa, unha pintoresca aldea con hórreos, casas e rúas que aínda conservan o seu trazado orixinal, e por onde transcorre o Camiño de Santiago (tamén conta con albergue de peregrinos). Pero ten coidado cando esteas por aquí, pois segundo a lenda de Vakner existía un monstro que devoraba a quen facía o camiño… (enlace a apartado lendas)

Outra alternativa para realizar durante o día, ou incluso ver o solpor, é subir a Chan das Lagoas (Berdeogas), lugar no que se sitúa a estación de control marítimo e que conta cunhas excelentes vistas: desde Malpica ata a Serra do Barbanza, desde o Val de Soneira ata a comarca do Xallas.

Para rematar a tarde e pechar un día perfecto, recoméndoche un paseo pola praia do Ézaro e despois visitar o Centro de Interpretación de rutas Monte Pindo e Fervenza do Ézaro. En todo momento permaneceremos baixo o dominio visual do Monte Pindo.

E para ir al encontro do solpor subiremos ao Miradoiro do Ézaro, a onde nos dirixiremos despois de pasar pola inigualable Fervenza do Ézaro: aquí o río Xallas precipítase sobre o Océano Atlántico desde corenta metros de altura, sendo o único río de Europa que desemboca deste xeito no mar. Nos meses de tempada alta a cachoeira ilumínase pola noite, ofrecendo un auténtico espectáculo de cores proxectadas sobre a natureza.

Para comer e durmir, podes contactar coa oficina de turismo local (turismodumbria@gmail.com ou ben no teléfono 662 346 927) e pedir información sobre os restaurantes e aloxamentos en Dumbría. Tamén podes durmir no seguinte punto do percorrido, Mazaricos.

LUCES & SOMBRAS en Dumbría

Para sentir la experiencia que te propongo debes dirigirte a la Fervenza del Ézaro.

Dumbría es una tierra de contrastes en la que historia y naturaleza se fusionan con las leyendas... Dice la tradición que en la Fervenza do Ézaro las manos del agua tallaron en la roca un pozo oscuro llamado Cadoiro. En el fondo del pozo se oculta un gran tesoro custodiado por tres meigas cuyas siluetas pueden descubrirse en las rocas de las paredes circundantes. 

También se dice que existe una puerta mágica oculta tras sus aguas... Igualmente custodiada por las meigas. El chico que se atreva a cruzarla romperá el hechizo con su valentía y será conducido al fondo del río por esas temibles guardianas. En las profundidades encontrará una bella princesa encantada con la que podrá casarse y poseer una enorme fortuna.

¿Te atreves a encontrar a estas guardianas? Porque dicen que habelas, hailas...

También te recomiendo visitar el Cementerio de Dumbría: un camposanto de estilo neoplasticista que, paradójicamente, está lleno de vida. Aquí, el color y la luminosidad son los protagonistas.

Se aínda che queda tempo, podes vivir outras experiencias de turismo deportivo,  turismo activo e de patrimonio cultural na zona. Tes a información seguindo as ligazóns

Propóñoche tamén a Ruta Literaria pola Costa da Morte