X

Museo do Mar de Laxe


O Museo do Mar de Laxe está situado no inmoble que albergou a antiga casa cuartel da Garda Civil da localidade, e forma parte do casco histórico da Vila de Laxe: Rúa Pracer, núm. 5 – 15117 Laxe (A Coruña).

O 16/12/2008 unha parte dos herdeiros da familia dos fotógrafos Plácido Vidal (1867-1956) e do seu fillo José María Vidal (1900-1988) cede a súa obra para formar parte da colección permanente do “Museo do Mar de Laxe”.

O seu contido xira arredor de dous eixos básicos, que son a historia da vila de Laxe e das comarcas de Bergantiños e Soneira desde finais do século XIX ata os anos 70 do século pasado; cunha especial atención á divulgación da cultura marítima e á preservación da memoria socio cultural da zona. Polo tanto, este patrimonio antropolóxico, histórico e visual constitúe o soporte fundamental da colección que alberga.

O Museo do Mar de Laxe foi aberto o público na semana santa de 2011. As principais liñas de traballo que se realizan no museo son:

  • Salvagarda da memoria das xentes e do territorio da Costa da Morte, recuperando e poñendo en valor as fotografías, películas, ou audios de época da nosa comarca. Un museo eminentemente etnográfico relacionado coa historia local.
  • Adquirir todas aquelas coleccións mobles de carácter cultural que estean en mans privadas relacionadas co Concello de Laxe e coa Costa da Morte, para evitar o seu deterioro, abandono ou deslocalización.
  • Difundir o traballo desenvolvido polos fotógrafos locais de Laxe.
  • Divulgar entre a veciñanza e os que nos visitan as características do patrimonio histórico relacionado co noso concello e comarca.

A COLECCIÓN PERMANENTE DO MUSEO DO MAR DE LAXE:

  • O seu discurso museístico céntrase no patrimonio antropolóxico, histórico e visual do concello de Laxe e das comarcas de Bergantiños e Soneira (Costa da Morte) desde finais do século XIX ata os anos 70 do século XX.
  • Alberga unhas 67.000 fotografías procedentes do Arquivo dos fotógrafos Plácido Vidal e do seu fillo José Vidal García.
  • Alberga tamén unhas 70.000 fotografías procedentes do Fondo Fotográfico de José María Vidal Eiroa, o último da saga dos fotógrafos Vidal de Laxe.

O Museo contempla catro plantas [planta baixa, planta 1ª e planta 2ª, e Baixo cuberta] e está adaptado para persoas con discapacidade. Ten ascensor, baños, sala polivalente para conferencias,...

Non obstante, a peza fundamental do Museo son o conxunto de fotografías procedentes do arquivo fotográfico de Plácido Vidal (1867-1956) e do seu fillo José Vidal García (1900-1988), que forman parte da colección permanente do centro.

Este arquivo está composto por 67.000 imaxes que reflicten a historia do concello de Laxe e gran parte da Costa da Morte (comarcas de Bergantiños e Soneira ao longo de máis dun século). Todo este patrimonio gráfico está dixitalizado e pode ser consultado no museo, ademais temos diversos cadros e paneis colgados nas paredes do museo realizados con estas fotografías.  Ademais disto, dispoñemos de dúas pantallas táctiles para que os visitantes poidan moverse polos arquivos libremente.

A través destas fotografías realizadas por estes grandes reporteiros de Galicia Plácido Vidal e o seu fillo José Vidal García o visitante pode contemplar e comprender os cambios que se produciron no territorio, na sociedade, nos ritos relixiosos, nos oficios, na familia…

A parte desde arquivo histórico, o Museo do Mar de Laxe dispón do fondo fotográfico de José María Vidal Eiroa, que na actualidade contempla unhas 75.000 fotografías dixitalizadas. O ámbito cronolóxico abarca as catro últimas décadas do século XX (anos 60, 70, 80 e 90 do século XX), e o seu ámbito territorial abarca o conxunto da Costa da Morte, aínda que as comarcas de Bergantiños e Soneira son as que amplamente aparecen representadas. Tamén hai fotografías das cidades da Coruña e Santiago de Compostela.

Dispoñemos tamén en varias vitrinas diferentes pezas relacionadas coa carpintería de ribeira, coa vida e profesión do ilustre xeólogo Isidro Parga Pondal, elementos procedentes do laboratorio fotográfico dos Vidal de Laxe, documentos persoais dos fotógrafos locais, sonares e radios de embarcacións, e documentación variada relacionada coa historia local (Estatutos da Sociedade de Emigrantes de Laxe na Arxentina; Estatutos do primeiro Sindicato Agrario de Laxe (Anos20); diploma de patrón de cabotaxe de 1861…).

Horario

Temporada alta

Semana Santa, xullo, agosto y setembro:
De martes a domingo de 17:00 a 20:00 h
De mércores a domingo de 11.00 a 14.00 h
Festivos de 11:00 a 14:00 h

Temporada baixa

Resto do ano:
Venres de 17:00 a 20:00 h
Sábado de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h


Investigadores/as e grupos organizados:
Tódolos días de la semana previa solicitude

 

Tarifas

Entrada xeral: 1,5 €
Entrada reducida: 1 € (menores de 14 años, titulares de carné xove, maiores de 65 años e grupos escolares de centros que non pertenezcan ao Concello de Laxe en visita previamente concertada)
Entrada gratuita: estudiantes, persoas con discapacidade, visitas patrocinadas polo Concello de Laxe previa resolución que así o declare e guías turísticos/as no desenrolo das súas tarefas e presentando o seu carné
Entrada gratuita para todo o público en xeral: 18 de maio, Día dos Museos, y outros que autorice a alcaldía. 

Distincións

O Museo do Mar de Laxe forma parte da Rede Galega de Museos como colección visitable, por aprobación do Consello da Xunta de Galicia de data 08/06/2017
O Museo do Mar de Laxe Forma parte da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA).
O Arquivo Fotográfico Vidal está declarado Ben de Interese Cultural por Decreto 108/2019, de 18 de xullo (DOG núm. 177, de 18/09/2019). 

Servizos

Adaptado para persoas con movilidade reducida. 
Aseos públicos, sala polivalente, conexión WIFI, taquilla
Información turística
Folletos informativos
Visitas guiadas
Xestión de reservas


Museo do Mar de Laxe