X

Outono Rebuldeiro en Vimianzo

20/10/2017 - 05/11/2017

Vimianzo

Outono Rebuldeiro en Vimianzo

O pasado día 8, arrancou na casa da Cultura de Vimianzo o programa cultural no que os protagonistas serán os máis pequenos da casa: “Outono Rebuldeiro”. As catro sesións que compoñen esta programación serán de balde e todas á mesma hora, ás 18:30 horas.

Este domingo 22 de outubro, unha nova versión do conto “Tres porquiños e o lobo feroz” que correrá a cargo do Teatro del Andamio. A función do 5 de novembro tamén pertence a esta mesma compañía: “O sal do mar”. A programación pecharase o 19 de novembro coa obra “Animais de compañía” de Teatro do Noroeste.

Volver atrás