X

Exposición: Castelao Grafista

30/05/2024 - 29/06/2024

Casa da Cultura de Cee

Exposición: Castelao Grafista

Do 30 de maio ao 29 de xuño de 2024, na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Cee, "Castelao Grafista", unha exposición dedicada a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, historiador, etnógrafo, teórico, político. Castelao constitúe o foco desta mostra que inclúe unha ampla selección das múltiples facetas desenvolvidas por el. A intención deste proxecto é divulgativa, mostrando a obra e o pensamento dun dos creadores galegos máis singulares en países dos cinco continentes.

Esta exposición, producida en colaboración coa Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia, sae á luz no marco das celebracións do Centenario da Xeración Nós (1920).

Volver atrás