X

Festa da Carballeira de Baio

30/06/2024 - 30/06/2024

Baio

Festa da Carballeira de Baio

O vindeiro 30 de xuño – último domingo de mes – celebrase a Festa da Carballeira de Baio; unha festa cun gran espíritu familiar e cargada de tradición que ano tras ano reúne centos de persoas.

Unha das principais novidades desta edición é a sardiñada que se realizará antes da sesión vermú e na que se repartirán de forma gratuíta sardiñas entre todos os asistentes. O grupo de música tradicional da Asociación Cultural Adro encargarase de amenizar a sardiñada. A partir de aí a música non parará de soar durante todo o día. Diso encargaranse o Dúo D’Festa e o Dúo Veneguay, que animarán a sesión vermú e a verbena; e a Charanga Santa Compaña, que levará a súa música por todo o recinto ao longo de toda a tarde.

Co fin de preservar este espazo natural – incluído no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras – e para que todos e todas os asistentes gocen da festa, non está permitido facer lume no chan, instalar carpas pechadas, usar equipos musicais nin estacionar no recinto.

A Festa da Carballeira de Baio está organizada polo Concello de Zas, coa colaboración da Asociación Cultural Adro e da Comisión de Festas de Baio.

Volver atrás