X

Fin de semana adicado á minería do caolín

13/06/2018 - 16/06/2018

Museo do Mar

Fin de semana adicado á minería do caolín

Este venres día 15 de xuño ás 18.00 horas no Museo do Mar de Laxe, haberá unha mesa redonda titulada “A mina de caolín de Laxe, un recurso turístico”. Participarán como representantes do Concello de Laxe o Alcalde, José Manuel Mouzo, e o Concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Pose.Xunto a eles a mesa estará composta por:

  • Jorge Fernández Suárez, do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España
  • Juan Ramón Vidal Romaní, Director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal
  • Juan José López, Director de Caolines de Vimianzo.

Nunha pausa entre intervencións, está previsto proxectar un documental sobre a mina de caolín de Laxe, gravado polo IGME fai uns anos. A actividade está aberta a tódolos públicos e a entrada é de balde. O sábado ás 10.00 horas está prevista unha excursión en autobús ós vestixios da mina de caolín de Laxe e ó proceso produtivo de Caolines de Vimianzo. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse ata este venres ás 12.00 na web www.concellodelaxe.com ou no teléfono 981 706 903. A actividade é gratuita.    

Volver atrás