X

Noite Mundial Starlight

20/04/2024 - 20/04/2024

Costa da Morte

Noite Mundial Starlight

Noite Mundial en Defensa da Luz das estrelas, tamén chamada Noite Mundial Starlight, xa que é a Fundación Starlight a promotora da mesma. A Noite Mundial Starlight coincide coa firma en 2007, durante a Primeira Conferencia Internacional Starlight, da “Declaración da Palma en Defensa do Ceo Nocturno e o dereito para observar as Estrelas”, cuxo fin é o de considerar o ceo unha herdanza universal a valorar como un recurso cultural, científico e paisaxístico, e establecer os criterios para iso

Durante esta noite, é habitual:

- Organizar eventos e cerimonias para a adopción da Declaración.

- Propoñer lugares visitables para a observación do ceo, así como parques e destinos baixo as estrelas.

- Promover desde os estamentos públicos a implantación de lexislación que limite a contaminación lumínica e fomente o aforro enerxético.

- Apagado de luces innecesarias durante a noite para recuperar a visión das estrelas e ao mesmo tempo aforrar enerxía e frear o cambio climático.

- Organizar eventos artísticos e concursos sobre temas relacionados coa visión do ceo estrelado.

- Ofertar observacións do ceo usando telescopios.

- Proporcionar os medios de comunicación e charlas públicas por científicos, expertos e defensores da necesidade duns ceos de calidade.

- Promover a identificación local de zonas escuras que requiren protección.

- Avogar polas ordenanzas locais - Organización de eventos dirixidos aos estudantes e á poboación civil en xeral. 

Volver atrás