X

Torres do Allo celebra o fin de semana mais esperado do outono cun magosto con foliada.

13/11/2017 - 19/11/2017

Torres do Allo

Torres do Allo celebra o fin de semana mais esperado do outono cun magosto con foliada.

Dentro da intensa labor que o Concello de Zas realiza en Torres do Allo, este fin de semana celebrarase unha das festas mais enraizadas e esperadas do outono. O próximo sábado 18 de novembro dende ás 18h. en Torres do Allo terá lugar un magosto, que estará dedicado ó baile e a música. Para iso, contará coas actuacións de O Ghusto do Boi, os bailes da Asociación Cultural Adro e a Asociación de Baile Tradicional Churía, que estarán precedidas dunha degustación gratuita de castañas en colaboración coa IXP Castaña de Galicia. 

Será o primeiro ano que as Torres do Allo celebren a chegada do outono cun magosto, e para esta ocasión tan especial contarán cun programa que xira arredor da danza e música galega. O obxectivo e lograr un espazo para a diversión, e interacción social de forma lúdica, distendida e informal para tódolos públicos. Pero tamén a oportunidade para gozar da nosa etnografía, a través da música e baile, conectando o público con algo tan tradicional como as foliadas. Para conseguilo, a partir das 18:00 horas, tódolos veciños e visitantes que se acheguen a Torres do Allo gozarán de música e danza tradicional para lograr o único obxectivo: bailar e gozar mentres se da boa conta dunhas cantas castañas. 

A maiores e como é habitual o longo do fin de semana quen se acerque a Torres do Allo poderá desfrutar de: 

Tódolos días en horario de apertura: Visitas libres, onde poder visitar o pazo e o seu entorno de maneira autónoma. Tamén tódolos días en horario de apertura: O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres”. Un divertido xogo no as familias que se acheguen o pazo do Allo coñeceran algúns dos habitantes misteriosos que nel habitan como un xigante, un oso que non para de sacar a lingua e incluso un dragón da terra, pero o máis importante é que terán a oportunidade de facerse cun tesouro moi especial de valor incalculable e que nunca ninguén será quen de poder quitarllo. En horario de apertura ás 13h e 17h: Visitas Guiadas, que permitirán coñecer o pazo máis antigo de Galicia, e o exemplo máis sobranceiro do tránsito da Idade Media a Época Moderna. Torres do Allo é un lugar diferente e as veces máxico, visitar o pazo do Allo permitiravos coñecer a historia viva do patrimonio da Costa da Morte e a maiores con motivo da celebración do magosto poderedes participar dunha das festas máis emotivas da etnografía galega. Agardámosvos! 

Tanto a entrada como todas as actividades son de balde. Máis información: Lito Velo, Concelleiro de Cultura. Concello de Zas. Tlf.670 52 12 12.

Volver atrás