X

X Festival de Humor da Laracha

31/05/2024 - 31/05/2024

Casa da Cultura A Laracha

X Festival de Humor da Laracha

No mes de maio regresa á Laracha o Festival de Humor na súa décima edición.

Programación:

As Izquierdo Sisters abrirán o cartel o venres 10 de maio. O trío formado por Lucía Veiga (recentemente galardoada co premio Mestre Mateo á mellor comunicadora), Marita Martínez e Patricia Castrillón chegarán á Laracha con Quen contaba?, un show de comedia improvisada creado no momento e a propósito.

O xoves 16, na véspera do Día das Letras Galegas, o público larachés terá unha oportunidade única para ver por última vez o espectáculo dun dos cómicos máis importantes do panorama nacional dos últimos cincuenta anos. Moncho Borrajo despídese tras máis de medio século facendo rir con ¡Se acabó!, espectáculo moi especial que estará cheo de humor, diversión e tenrura.

Luis Álvaro, un dos clásicos do stand up comedy nacional, será a proposta para o venres 24. Co seu peculiar estilo, marcado pola profundidade naif do seu material e unha explosiva posta en escena, afástase de calquera outro cómico do planeta.

Para pechar o programa o 31 de maio volverá un dos habituais do Festival de Humor da Laracha como Oswaldo Digón, e faino acompañado do guitarrista Luis Tinaquero para ofrecer Ansia viva. 

Todas as funcións da 10ª edición do Festival de Humor serán na Casa da Cultura da Laracha a partir das 22:00 horas e ao prezo de 8 euros. As entradas estarán á venda desde el lunes 22 de abril e poden adquirirse na Casa do Concello.

Volver atrás