X

Xornada: Os múltiples riscos da contaminación luminosa

01/06/2023 - 01/06/2023

Santiago de Compostela

Xornada: Os múltiples riscos da contaminación luminosa

Durante a meirande parte da súa existencia, a especie humana fixo a súa vida baixo unha iluminación que seguía o ritmo natural día-noite propio da súa latitude, un ritmo que tivo unha primeira variación co descubrimento do lume. Porén, foron a chegada da luz eléctrica e a extensión masiva da iluminación artificial, con grande intensidade e variedades cromáticas, as que racharon ese equilibrio hai tan só unhas poucas décadas e converteron a noite nun contexto moi distinto ao do ritmo natural. Trátase dun fenómeno novo, e os seus impactos sobre a saúde das persoas e o medio ambiente están empezando a descubrirse, ata o punto de que a luz artificial xa é considerada un axente contaminante.

Esta xornada incidirá nalgunhas das cuestións relacionadas con esta nova contaminación: os impactos que causa sobre o equilibrio medioambiental e a saúde humana, o gasto enerxético asociado e a deterioración da capacidade de observación do ceo nocturno. Para tal fin, contará con destacadas figuras que falarán destes impactos e que abordarán a necesidade de regulamentación e boas prácticas no uso da luz artificial, sobre todo nos espazos públicos. Así mesmo,tamén se salientarán as vantaxes que o control da contaminación luminosa pode traer para a posta en marcha de actividades científicas e iniciativas patrimoniais vinculadas á calidade daobservación astronómica.

Programa

Sesión da mañá

10:00 horas Presentación

10:15 horas Contaminación luminosa: que é ecomo xestionala?

Salvador Bará Viñas, profesorxubilado da Área de Óptica da USC

11:15 horas Tecnoloxía da iluminacióncompatible coa protección do ceo emedio nocturno. Unha realidadepalpable e visible

Susana Malón Giménez, CEO edirectora de Lumínica Ambiental emembro da Xunta de Goberno do Comité Español de Iluminación

12:15 horas Pausa

12:45 horas Unha proposta Starlight: o ceo comorecurso dinamizador e transformadordo territorio

Antonia M. Varela Pérez, directoraxerente da Fundación Starlight eenxeñeira sénior do Instituto de Astrofísica de Canarias

 

Sesión da tarde

17:00 horas Medio natural e turistas iluminados.O ecoturismo é outra cousa

Xosé Antonio Fernández Bouzas,director-conservador do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e decano do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

18:00 horas Mesa redonda Control da contaminación luminosa: posibilidades e oportunidades

Modera: Jorge Mira Pérez, coordinador da xornada

Participan: Salvador Bará Viñas, Susana Malón Giménez, Antonia M.Varela Pérez, Xosé Antonio Fernández Bouzas e Marta Rodríguez Casas, secretaria técnica de Costa da Morte Asociación Turística.

Volver atrás