XXX CARREIRA DAS AREAS
13/06/2023 - 13/06/2023
Carnota
A XXX CARREIRA DAS AREAS estará acompañada de concertos e paella
O vindeiro 18 de xuño de 2023 terá lugar a XXX Carreira das Areas do Concello de Carnota. Será a sexta proba do VIII Circuíto Correndo pola Costa da Morte e está incluída no calendario oficial das competicións da FGA.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (nados no 2020 e anteriores).
As INSCRICIÓNS xa están abertas https://correndopolacostadamorte.com/ ata as 23:59h do 13 de xuño de 2023. Non serán aceptadas inscricións fóra de prazo.
A ENTREGA DE DORSAIS realizarase o día da competición a partir das 8:30 na contorna do Hórreo de Carnota.
A META e a SAÍDA efectuarase na contorna do Hórreo de Carnota.
Haberá servizo de ASEOS, DUCHAS E GARDARROUPA
- Gardarroupa: na contorna do Hórreo de Carnota.
- Duchas: Pavillón polideportivo de Carnota.
- Aseos: Casa da Xesteira
HORARIOS:
08:30 | Recollida de dorsais
10:00 | Proba Sub10
10:15 | Proba Sub12
10:30 | Entrega de premios sub10 e sub12
10:45 | Proba 3K Contra o Cancro
10:47 | Proba 3K Sub14, Sub16 e Sub18
11:30 | Proba 10K
12:45 | Proba Pitufos
13:00 | Entrega de premios das probas sub10, sub16, sub18, 3K Contra o Cancro e 10K.
Os PERCORRIDOS das distintas probas pódense consultar no Racemapp, na app ou na web https://correndopolacostadamorte.com/
Na VIII edición do circuíto seguiremos colaborando coa Asociación Provincial Contra o Cancro. A recadación obtida para tal fin será entregada á dita asociación cando remate o circuíto, na gala de entrega de trofeos.
Así mesmo, todas as persoas que desexen colaborar coa Asociación Provincial Contra o Cancro, sen participar en ningunha competición, poderán facelo inscribíndose no apartado Fila 0 que aparecerá na web www.correndopolacostadamorte.com, dentro de cada unha das probas que compoñen o circuíto.
E máis ou menos ao remate da entrega de trofeos, comeza unha sesión de música con CONCERTOS. Primeiro actuará o grupo galego “LEITE CON JALLETAS”, que amenizará o ambiente con versións do pop rock español de todos os tempos. Mentres, un paelleiro local, preparará tapas de paella gratuítas para todos/as os/as asistentes. E ao remate do concerto do grupo, chegará o turno para o DJ RUBÉN PB, que seguirá amenizando o día con música de todos os tempos e para todos os públicos.
Esperámosvos o víndeiro 18 de xuño na contorna do hórreo!!