X

Dolmen das Embarradas (Coristanco)

Un tesouro oculto na foresta

O dolmen do Chan das Embarradas é un dos tesouros megalíticos do concello de Coristanco. Escondido na espesura do bosque, atópase esta anta monumental xusto no linde entre dúas parcelas particulares, coincidindo cun muro antigo de pedra. Esta función delimitadora de parroquias ou propiedades dos monumentos megalíticos é foi frecuente en Galicia desde polo menos a Idade Media. Os Campesiños aproveitaron sistematicamente estes vellos monumentos prehistóricos para trazar lindes precisamente por seren marcas moi visibles na paisaxe.

Con todo, o elemento de maior interese do dolmen é que presenta tres deseños abstractos gravados no interior dun dos esteos verticais, equiparables aos atopados en Dombate (Cabana de Bergantiños) e a Pedra da Arca (Vimianzo).

Neste caso, o dolmen presenta a clásica estrutura con cámara e corredor orientado ao leste. Curiosamente o corredor foi aproveitado para construír o muro de pedra, xa en época histórica, co que está perfectamente aliñado.

Conserva polo menos sete esteos verticais e unha laxe fragmentada na cámara que puido funcionar orixinalmente como tampa de cuberta do dolmen. Todas as lousas son de xisto, pero unha das verticais destácase sobre o resto ao posuír unha cor moito máis escura.


haz click en las fotos para abrir el carrusel de imágenes