X

Fornela dos Mouros (Laxe)

Unha pequena morada para os mouros

A Fornela dos Mouros é un dos dolmens máis singulares de toda a Costa da Morte. Non posúe mámoa, nin corredor e a súa cámara ten unha peculiar forma de caseta moi simple formada por  tres lousas de pedra verticais e unha de cubrición. Estas características son moi semellantes a outra das antas importantes deste territorio, a Casota de Freáns (Vimianzo).

Resulta tamén pouco habitual o seu tamaño “reducido”, polo menos en relación con outros megálitos, con só 1,35 metros de alto e 2,70 metros de ancho. Esta circunstancia, xunto ao feito de atoparse nun terreo moi pedregoso, pouco apto para os enterramentos, fixo pensar a algúns investigadores que quizais non se tratase dun dolmen.

En todo caso, a súa forma sinxela fai lembrar ás cistas megalíticas, máis tardías que os clásicos dolmens de cámara e corredor, datadas polo xeral no  segundo milenio a. C, a inicios da Idade do Bronce. Estes monumentos funcionarían xa como como enterramentos individuais e normalmente carecían da monumentalidade das grandes antas de corredor.


haz click en las fotos para abrir el carrusel de imágenes