X

Marco da Anta (A Laracha)

A pedra que divide as parroquias

O Marco da Anta é unha das escasísimas pedrafitas, tamén denominadas menhires, documentadas na Costa da Morte. Con todo,  é mencionada xa desde antigo por investigadores tan destacados Carré Aldao ou Luis Monteagudo, que o visitou cara a 1950.

A pedra, duns dous metros de altura, chama a atención pola súa peculiar forma fálica debido a un suco horizontal próximo ao extremo superior. Esta circunstancia seguramente explica que o menhir reciba tamén a curiosa denominación de Pedra do Carallo.

A función do Marco na prehistoria é descoñecida aínda que barállanse varias hipóteses entre os investigadores, como monumento vinculado a usos funerarios, ritos de fecundidade, indicador da presenza dunha necrópole megalítica ou como fito delimitador do espazo. En época histórica semella que puido funcionar como elemento que marcaría o linde entre as parroquias de Erboedo (A Laracha) e Loureda (Arteixo).

fai click nas fotos para abrir o carrusel de imaxes