X

Mina de Recesindes (Vimianzo)

Unha cámara moi especial

Quen se achegue á Mina de Recesindes ten a sorpresa garantida e non só polo tamaño da  mámoa (túmulo de terra) de 25 metros de diámetro, senón pola cámara agochada. A súa forma, poligonal, case circular e con corredor non é moi habitual na Costa da Morte, pero é a colocación das seis pedras verticais da anta a que a fan excepcional, por estaren magnificamente traballadas para encaixar unhas con outras, con precisión milimétrica, sen deixar ningún oco entre elas. Mesmo se aprecia como na parte superior están regularizadas para poder colocar perfectamente a tampa de cubrición, da que non quedan vestixios na actualidade.

Este monumento forma parte dunha necrópole megalítica da que se conservan outras dúas mámoas cara ao suroeste, e outras dúas foron destruídas coa construción da estrada que pasa xusto ao carón da Mina.

Hai noticias da realización de escavacións por buscadores de tesouros durante a Guerra Civil, no ano 1936, nas que, segundo un veciño, atopáronse dous machados de pedra e unha ola.


haz click en las fotos para abrir el carrusel de imágenes