X

Paseo marítimo de Caión e Sendeiro Azul de Saldoiro (Laracha)

 

  • Percorrido: Lineal
  • Punto de partida/chegada: Plaza de Eduardo Vila Fano
  • Lonxitude: 2 km
  • Duración aproximada (ida e volta): 45 minutos
  • Dificultade: Doada

 

Pequena ruta litoral que parte do centro de Caión na praza de Eduardo Vila Fano bordeando a praia ata o regato de Figueirido para adentrarse en territorio do concello de Carballo.

Apenas dous kilómetros onde podemos divisar ao lonxe a vila de Málpica e observar as manobras de numerosos surfeiros que cada día están buscando as ondas en Salseiras.

Un trazado que foi distinguido como "Sendeiro Azul" e que, si continuamos camiñando, prolóngase polo oeste ata as inmediacións da praia e lagoa de Baldaio.

Unha vez en Caión debemos saber que é a única saída ao mar do municipio de A Laracha.

A orixe deste núcleo costeiro data da Idade Media, con asentamentos de persoas dedicadas á pesca. A mediados do século XVI chegaron a este enclave mariñeiros vascos para a caza da balea.

Ata principios do século XVIII, baleeiros vascos e caioneses cazaban baleas vascas (Eubalaena glacialis) nesta costa. Na actualidade,  a única referencia que se conserva a este pasado atópase no escudo do concello.

Antes ou despois do paseo podemos visitar o porto, a lonxa, o pazo dos condes de Graxal, a igrexa parroquial de Santa María do Socorro, o santuario dos Milagres e o Arquivo da Pesca.

Despois da visita a Caión podemos adentrarnos ao interior do concello da Laracha ou continuar bordeando a costa en dirección oeste para adentrarnos de cheo na Costa da Morte.

 

 Acceso ao roteiro no noso perfil de wikiloc