X

PR-G 148. "Camiño da ribeira" desde Ponteceso a Corme (Ponteceso)

 

  • Percorrido: Lineal
  • Punto de partida/chegada: Casa natal de Eduardo Pondal / Puerto de Corme
  • Lonxitude: 11,1 km
  • Duración aproximada (ida e volta): 6 horas.
  • Dificultade: Moderada

Esta ruta de sendeirismo parte do centro de Ponteceso xusto enfronte da casa natal do poeta Eduardo Pondal, seguindo a desembocadura do río Anllóns polo paseo fluvial e polo malecón de O Couto ata a enseada de A Insua.

Un primeiro tramo camiñando en medio do estuario, un lugar de alto valor ecolóxico declarado Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) da Rede Natura 2000.

Ao final das pasarelas do malecón podemos continuar bordeando a enseada, onde encontraremos un observatorio ornitolóxico case enfronte da illa de Os Cagallóns ou elixir una senda alternativa ata o cumio do Monte Blanco e desfrutar coas amplas vistas sobre o estuario e o océano. Se decidimos facer o percorrido de ida e volta, a subida ao monte pode ser unha boa opción para o regreso. 

Na praia de Balarés encontramos unha gran área recreativa á sombra dun frondoso piñeiral. Un lugar ideal para descansar e, si facemos o percorrido en verán, deixarse sorprender polo animado ambiente do seu chiringuito. Nesta praia atopábase antigamente unha mina de titanio e era o punto de saída do wolframio procedente do próximo monte Neme.

A ruta continúa cara a praia de A Ermida pasando antes polo monumento coñecido como Pedra da Serpe. Bordeamos as praias de Osmo e A Arnela ata chegar a Corme onde se percibe o ambiente mariñeiro e atopamos múltiples referencias ao seu produto estrela: o percebe.

Aínda que esteemos ao final da ruta e podamos iniciar o camiño de regreso cara a Pontedeume, temos a alternativa de  realizar un último esforzo bordeando o mar ata o cabo Roncudo. Un lugar emblemático na Costa da Morte para ver onde crecen os afamados percebes e comprobar a perigosidade do oficio dos percebeiros. Unha imaxe espectacular destes homes, e algunhas mulleres, de mar desafiando aos elementos.

Como complemento, e para acabar descubrindo máis lugares de Ponteceso, podemos continuar explorando a súa costa cara o norte: a enseada de A Barda, a praia de Niñóns e o monte Faro. Neste lugar, xunto a capela da virxe do mesmo nome, atopamos un monumento ao Sagrado Corazón de 39 m. de altura cunha escaleira interior de 133 escalóns. Unha vez arriba desfrutaremos dun momento cume na visita a Ponteceso cunhas vistas espectaculares dende un lugar sorprendente.

 

 Acceso ao roteiro no noso perfil de wikiloc