X

Corcubión al faro de Cee

  • Percorrido: Lineal
  • Punto de partida/chegada: Vila de Corcubión.
  • Lonxitude: 3,83 km (ida)
  • Duración aproximada (ida e volta): 2,00 horas
  • Dificultade: Doada

 

Ruta sinxela que combina un paseo pola vila de Corcubión descubrindo a súa historia e arquitectura cun tramo de paseo costeiro contemplando o mar e a paisaxe da Costa da Morte.

Localizamos o inicio da ruta no centro de Corcubión para bordear o porto e continuar ata a praia de Quenxe. Desde esta praia enlazamos un tramo da CP-2801 camiñando en paralelo á liña de costa e divisamos o castelo do Cardeal. Continuamos o trazado ata un cruce onde saímos pola esquerda en dirección ao campo de fútbol "Nuevo Cubeleiro" e ao faro de Cabo Cee. Dende o faro divisamos o mítico Cabo de Fisterra.

Ruta de carácter paisaxístico que complementa a visita a Corcubión onde recomendamos percorrer o paseo marítimo fotografiando os seus vistosos bancos así como observar a actividade do porto pesqueiro.

Dende a oficina de turismo poden indicarnos os lugares máis destacados que descubriremos explorando o rueiro da vila. O pazo dos Altamira, a igrexa de San Marcos, a Casa Miñones, a Casa dos Teixeira ou a capela de San Antonio son visitas obrigadas. Para xantar, cear ou para un momento de descanso podemos elixir algúns dos establecementos de restauración da vila.

Corcubión é lugar de paso do Camiño de Santiago de Fisterra de modo que é posible que nos encontremos con peregrinos que, en grupo ou en solitario, enriquecen a paisaxe coas súas mochilas e bicicletas.

 

  Acceso ao roteiro no noso perfil de wikiloc