X

Paseo polo río Anllóns dende Ponte de Garda ao muíño de Saímia (Ponteceso)

 

  • Percorrido: Lineal
  • Punto de partida/chegada: Área recreativa de Garda
  • Lonxitude: 0,8 km
  • Duración aproximada (ida e volta): 20 min.
  • Dificultade: Doada

 

Ruta que remonta o río Anllóns, de apenas un quilómetro, entre a ponte e área recreativa de Garda ata o muíño de Saímia.

Un agradable paseo entre vexetación de ribeira onde atopamos varias construcións vinculadas á auga como presas, canles e muiños. Sabremos que a ruta rematou cando atopemos un salto de auga á altura de Saímia onde está ubicado un panel interpretativo con información do lugar.

A área recreativa está ben equipada con bancos, mesas e parrillas e durante o percorrido podemos observar varios elementos de "land art" que dotan de colorido ao paseo.

 

Acceso ao roteiro no noso perfil de wikiloc