X

Ruta Muxía - Monte Facho (Muxía)

 

  • Percorrido: Lineal
  • Punto de partida/chegada: Porto de Muxía/ Miradoiro Monte Facho
  • Lonxitude: 11,4 km (ida e volta)
  • Duración aproximada: 3 horas
  • Dificultade: Moderada

 

Os miradoiros situados nas zonas máis altas son uns das paraxes preferidas de calquera ruta. En Muxía debemos ascender até o monte Facho para contemplar unha das panorámicas máis icónicas da Costa da Morte.

As vistas da vila de Muxía co cabo e faro Vilán ao fondo son das que permanecerán longo tempo na nosa retina unha vez terminemos esta viaxe.

Partindo do centro de Muxía bordeamos a costa polo Coido das Margaridas e a praia de Lourido. Neste punto podemos observar a silueta da orixinal e nova icona da Costa da Morte: o parador de Muxía.

Penetrámonos na aldea de Lourido e comezamos un pronunciado ascenso até a cima do Monte. Aos pés das sempre presentes antenas de telecomunicacións atopamos o miradoiro cunha serie de bancos onde debemos sentarnos a recuperar o alento. As vistas son espectaculares e merece a pena gozar do momento con calma antes de iniciar o descenso e volver ao centro de Muxía.

Esta ruta pode completarse cun paseo polas rúas e porto de Muxía gozando da gastronomía local e visitar outros puntos de interese. Por suposto que un deles é o santuario da Virxe da Barca. Monumento reconstruído despois de ser pasto das chamas en 2013 e lugar onde se situaba a mítica Pedra de Abalar.

Durante o traxecto até o santuario podemos deternos nos secadoiros de congro, que son os únicos en funcionamento de toda España, no Coido, zona cero do desastre do Prestige ou na casa natal de Ramón Caamaño, fotógrafo de Muxía, que inmortalizou coa súa cámara a vida da Costa da Morte.

Unha visita a unha vila que combina xoias patrimoniais, ambiente mariñeiro, Camiño de Santiago e novas iconas de arte e arquitectura contemporánea como o citado Parador, os murais e o tamén icónico monólito de “A Ferida”.

 

 

 Acceso ao roteiro no noso perfil de wikiloc