X

Formas Graníticas no Macizo do Monte Pindo (Carnota, Dumbría e Mazaricos)

O granito do Monte Pindo formouse no interior da Terra, a uns 20 km de profundidade, fai uns 305 millóns de anos, quedando exposto na superficie aproximadamente fai 200 millóns de anos, cando Galicia formaba parte do mega continente de Panxea.

Na cima existen numerosas pías e formas antropomorfas, como o Xigante da Mina, en Chan de Lourenzo, onde antigamente existiu unha explotación de volframio. A existencia destas numerosas figuras, formadas pola erosión, fixo que moitos comezaran a bautizar esta zona como o “Olimpo dos celtas” . O propio Instituto Geológico y Minero de España, tras declarar esta zona como Lugar de Interese Xeolóxico, defíneo como un auténtico museo ao aire libre, dada a gran variedade de formas que agocha.