X

Rasas cuaternarias cabo San Adrián (Malpica de Bergantiños)

A ermida de Santo Adrián álzase sobre o cabo homónimo, no Monte de Beo, lugar cunhas espectaculares vistas as Illas Sisargas, declarada como Zona de Especial Protección para as Aves formando, así mesmo, parte da Rede Natura 2000. Dende esta localización excepcional pódense apreciar as rasas do Cabo de San Adrián, especialmente importantes para o estudo da evolución do Cuaternario. As rasas, visibles en marea baixa, son plataformas costeiras formadas por diante dun cantil rochoso, orixinadas pola erosión do mar.