X

Sistema dunar de Ponteceso

Estamos ante unha das dunas rampantes máis altas de Europa. Este conxunto de dunas, que ocupa case 2 quilómetros de lonxitude, é visible dende o miradoiro de Monte Branco, onde obteremos unhaimpresionante panorámica da praia da Barra e de todo o litoral. É nestas dunas onde, ademais, crece unha flora clave para fixar a area, destacando a presenza da Omphalodes littoralis subsp. gallaecica, que está en perigo de extinción.