X

A Cova (Corcubión)

Baixo un agochado camiño podes acceder á praia da Cova, na parroquia de Redonda. Aínda que o seu acceso non é doado de encontrar, o que descubrirás nela merecerá a pena. Entre as marabillas ocultas deste litoral está esta pequena praia de cantos rodados. Este singular recuncho recibe o seu nome pola cova que se pode localizar aquí. Ademais, entre as rochas que rodean esta praia, brota unha pequena fervenza que dota maior encanto a esta paisaxe.