X

Baldaio (Carballo)

Baldaio é unha das praias que foi gañando recoñecemento nos últimos anos, considerándose unha das mellores alternativas para practicar surf da zona. Como é unha praia bastante exposta, ten unha ondada constante que pode funcionar en calquera época do ano. Ademais as ondas son boas en todas as fases da marea, sendo sempre unha gran opción a ter en conta, especialmente con vento de compoñente S-SE-SO. Son cada vez máis as escolas de surf que escollen esta praia como o seu lugar de traballo.