X

Nemiña (Muxía)

Unha das praias icónicas da historia do surf en Galicia. A praia de Nemiña é o paraíso das rompentes situado nun entorno único. Dependendo das condicións, ofrece picos variables para todos os niveis, funcionando tanto con marea baixa como con marea alta. Esta praia é unha moi boa alternativa para aprender a facer surf. Ademais, a pesar de estar illada da urbanización, conta con variedade de servicios nas proximidades.