X

O Ézaro (Dumbría)

A praia do Ézaro é outro dos puntos por descubrir nesta costa. Esta dispón dun amplo areal diferenciado en dúas zonas: unha máis urbana pegada á vila e outra máis afastada, abrigada polas montañas da contorna e polo río Xallas, que continúa o seu transcurso ata o mar. Un lugar tranquilo no que valorar a combinación paisaxística entre a montaña e o mar, equipada ademais con todo tipo de servizos.