X

O Trece (Camariñas)

Os cantos rodados característicos desta costa dividen esta singular praia virxe en pequenas calas de area. A praia do Trece presenta unha configuración única. Ademais da súa forma orixinal, nela pódese observar a duna máis elevada de toda a península, a duna de Monte Branco. Neste enclave podemos atopar un dos elementos de maior identidade deste municipio, a caramiña, unha especie de arbusto do que procede o nome da vila.