Esta é unha das praias mellor valoradas para o surf en Galicia. Adquiriu a súa fama pola calidade das súas ondas durante todo o ano; longas e consistentes. Ademais é unha praia apta para distintos grados de experiencia, xa que presenta picos para todos os niveis, polo que é perfecta para calquera persoa que queira aprender. Outra das súas maiores vantaxes é que funciona tanto con marea baixa coma con marea alta. Aquí establécense algunhas das escolas de surf de maior prestixio.