X

Sabadelle (Vimianzo)

A forza das augas da Costa da Morte dan lugar a numerosas formacións de cantos rodados. En Vimianzo podemos atopar a praia de Sabadelle ou coído de Sabadelle, denominada así pola súa morfoloxía e polo rego que remata neste lugar e que podes escoitar baixo as rochas. Unha praia diferente que se atopa envolta nas historias da cultura medieval e que tamén ofrece unha panorámica perfecta da paisaxe da contorna.