X

San Pedro (Cabana de Bergantiños)

A praia de San Pedro está agochada entre dúas pequenas formacións montañosas; un recollido areal que vale a pena buscar. Accederás a este a través dunha estreita escalinata que remata neste paraíso paisaxístico. Nos seus poucos metros de extensión podes gozar da tranquilidade que ofrece este apartado lugar rodeado de vexetación e aberto ao mar.