X

Seaia (Malpica)

A praia de Seaia é a combinación ideal de cantís, vexetación, mar e tranquilidade. A súa ondada é bastante constante, especialmente na tempada de inverno. Pode ser unha moi boa alternativa nos días de moito mar nos que outras praias da zona poden chegar a ser perigosas. As condicións ideais para o surf danse con ventos SE e ondada dende o NE. Nas súas proximidades conta cun cámping para autocaravanas, polo que é fantástica para pasar uns días de desconexión e surf.