X

Traba (Laxe)

Desconexión, natureza en estado puro, e mar. Traba é un paraíso natural para todos os sentidos. Nos seus case 3km pódese admirar a marisma, a lagoa, as dunas, as aves e as ondas. Ofrece unha rompente longa con moitos picos, con marea media e alta. É unha boa alternativa para os días de pouco mar, xa que non precisa de moito para ter boas ondas. Tamén é ideal para aquelas persoas que se queiran iniciar neste deporte, ten espazo para todos os niveis.